11 de maio de 2014

LETRAS GALEGAS 2014:MÁIS POEMAS DE DÍAZ CASTRO

A Consellería de Cultura e mais Televisión de Galicia presentan  a súa aposta audiovisual conxunta con ocasión do día das letras galegas.
 Nimbos e Esmeralda son os dous poemas que dan pé a cadansúa peza audiovisual animada. Mentres Esmeralda está representado con figuras animadas, en Nimbos apóstase por sombras e papeis recortados para representar os versos.
ESMERALDA

Herba pequerrechiña
que con medo sorrís 
ó sol que vai nacendo
e morrendo sen ti
por que de ser pequena
te me avergoñas ti?

O universo sería
máis pequeno sen ti!.



Dende o CEIP VILAVERDE déixannos algúns poemiñas do autor para que poidamos traballar con eles. 




Dende o CEIP PLURILINGUE SAN XOAN DE FILGUEIRA fixeron esta animación en Stop Motion do poema "Esmeralda". Noraboa e grazas por compartir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario