Presentámosvos un documental titulado:
TESOUROS VIVOS DO MAR DA GUARDA.
É un pedaciño da nosa historia, unha chea de persoas que consideramos uns tesouros porque nos contan a historia da súa vida, unha vida relacionada cos oficios do mar: argaceiras, redeiras, cordoeiros, carpinteiros de ribeira....oficios desaparecidos uns e a piques de facelo outros.
Coñeceredes modos duros de vivir que nos deixan a súa pegada. Algúns poden ser familiares vosos ou persoas que coñecedes, por iso,vos invitámos a velo en familia que, seguro que o ides disfrutar.
(en grande no cadrado)
Clicade tamén nesta páxina PATRIMONIO DA GUARDA e veredes, sobretodo as familias, moitas cousas de interese, entre elas, unha morea de fotos antigas nas que seguro ides recoñecer a alguén.
Apetécevos mergullarvos na vosa historia e coñecela??
Ningún comentario:
Publicar un comentario