Este foi o nome que lle quixemos dar ó proxecto impulsado pola Biblioteca, un PROXECTO COLECTIVO no que participou a maioría do alumnado e profesorado. A través deste blog fomos seguindo os distintos traballos, que unha vez rematados fomos expondo a compañeiros doutros cursos. Así, vimos maquetas de CASAS INDIANAS e explicáronos onde estaban, por que se fixeran..., tamén soubemos do duro traballo das REDEIRAS , xogamos a moitos xogos de antes: AROS, CACHIZA, ZANCOS..., soubemos como se SECA O PEIXE, visitamos a PRAZA DE ABASTOS e estudamos alimentos que alí se venden, investigamos as IGREXAS, CAPELAS e ERMIDAS do pobo e visitamos algúns LAVADOIROS nos que antigamente se lavaba a roupa.
O noso proxecto, mereceu unha reseña na PÁXINA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA tal como veredes se pinchades no enlace.
Damos as grazas ás familias pola colaboración prestada, aportando material ou axudando nos traballos e felicitamos a tod@s, ALUMNADO e PROFESORADO porque estamos convencidos de que o verdadeiro éxito está na unión de tod@s. O vindeiro curso iniciaremos outro proxecto colectivo que nos ilusione a tod@s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario