6 de feb. de 2011

VISITOUNOS O ALCALDE DA GUARDA

O alumnado de 5º curso, está este ano de noraboa. Están recibindo moitas visitas de xente coñecida do pobo, que se achega ó cole a lerlles algún libro porque dende principio de curso están inmersos nun proxecto de lectura que desenvolven con moito entusiasmo.

A semana pasada, recibiron a visita do alcalde do pobo XOSÉ MANUEL DOMINGUEZ FREITAS








 que se achegou traendo debaixo do brazo o libro de Ánxel Fole "A lus do Candil" e compartiu cos nen@s algúns dos seus relatos.





FÍXOSE  A FOTO DE GRUPO CON TOD@S

FIRMOU NO LIBRO DE VISITAS DA BIBLIOTECA
(CLICAR NAS FOTOS PARA VELAS GRANDES)

GRAZAS ALCALDE POR ADICARNOS UNHA PARTE DO TEU TEMPO!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario