21 de out. de 2010

SEMANA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES





O sábado 23 celébramos unha data moi importante para as Bibliotecas, data que nós convertimos en SEMANA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES .Para celebrala, por 2º ano temos organizadas unha chea de actividades :

1)      Aparecerá nas aulas o CONTRATO, documento de compromiso dos nosos lectores e lectoras coa Biblioteca e os libros, que, como en anos anteriores, leremos co alumnado, firmarase e pincharase no corcho para que non nos esquezamos…
2)    O XOVES 27 comenzarán a rular as MOCHILAS VIAXEIRAS ás casas das nosas familias, que xa esperan por elas con ilusión…
3)    Daremos un MARCAPÁXINAS deseñado pola profe MAITE ( que é toda unha artista) para que se decore na hora de Plástica e se plastifique se se quere.
4)    Proxectaremos o CONTO VIAXEIRO que fixemos entre tod@s o curso pasado e que a profe LUCÍA pasou a D.V.D o MÉRCORES 27 na HORA DE LER polo que tod@s, alumnado e profesorado, entraremos directamente ó salón de actos ó rematar o recreo.
5)    SESIÓNS DE CONTACONTOS: O alumnado pequeno, baixará á Biblio na hora indicada e….¡SORPRESA! os seus compas máis maiores vannos sorprender con algo que estiveron preparando con moita ilusión……
__________________3 anos XOVES 28-2ª HORA
6ºA_________________1º A MÉRCORES 27-ÚLTIMA HORA
6ºB_________________4 ANOS  XOVES 28-1ª HORA
5ºA_________________1º B MARTES 26 –ÚLTIMA HORA
5º B_________________ XOVES 28- 4ª HORA
__________________5 ANOS XOVES 28-4ª HORA

Ningún comentario:

Publicar un comentario