31 de xan. de 2026

DÍA DA PAZ

 Onte, día 30 de xaneiro, conmemoramos o Día da Paz e a non violencia. Fixémolo todos/as xuntos/as e tivemos como como ingrediente principal a presentación do Guernica de Picasso.

Esta obra de arte foi elaborada polo alumnado de Cuarto de Primaria, os cales nos explicaron os motivos das súas liñas e esas cores tan escuras e tenebrosas.


Recibimos unha gran sorpresa a coñecer como sería o cadro de Picasso se no caso de ser unha reflexión sobre a Guerra fose unha reflexión sobre a paz e ledicia.


Parabéns polo voso traballo rapazas e rapaces, sodes uns grandes artistas!


Podedes ver o fin de festa  e a presentación das PAZTRULLAS clicando aquí para acceder á web do noso centro.

22 de dec. de 2025

OBRADOIRO nadalARTE

 Esta semana temos en BiblioPepiño obradoiros de arte, nos que estamos creando adornos para a nosa árbore inspiradas en diversos artistas: Mondrian, Frida Kalho, Van Gogh... 




Qué artistas identificades na nosa árbore?


15 de dec. de 2025

Xogos en familia

 Un ano máis a Xornada de Xogos en Familia, foi todo un éxito!

Deixámosvos unha pequena mostra de todo o que disfrutamos esta tarde, compartindo coas nosas familias xogos, risas e unha merendola rica.



MOITÍSIMAS GRAZAS POR CONTAR CON NOS PARA PASAR A TARDE DO VOSO SÁBADO!


10 de dec. de 2025

XOGOS EN FAMILIA

Este sábado, achégate á Bibliopepiño e pasa unha tarde diferente gozando de xogos para todas as idades.

Un plan perfecto para compartir tempo de calidade, coñecer novos xogos e vivir a biblioteca dun xeito distinto. 

Teremos xogos de mesa, risas, cooperación e moitos bos momentos

AGARDÁMOSVOS!

3 de dec. de 2025

SAÍDA MOCHILAS VIAXEIRAS

 ATENCIÓN!!!!

Véñense novas!!!!

Este venres sairán cara as vosas casas as mochilas viaxeiras de BiblioPepiño.

Como xa é habitual poderán estar convosco durante unha semana, tempo no que rotarán por todo o alumnado que decidiu participar nesta actividade.

Dentro das mochilas atoparedes:

- Unha película en DVD.

- Un xogo para desfrutar en familia.

- Libros de diferentes tipos de textos: banda deseñada, poesía, narrativa, información documental...

- Un libriño relacionado coa arte, proxecto anual do noso centro.

- Caderno de arte, buscando a vosa colaboración para poder abrir a nosa galería de arte.

- Caderno de valoracións, anónimo, xa que para nos é moi importante poder mellorar e coñecer as vosas impresións e suxestións para seguir adaptándonos aos vosos intereses.

AGARDAMOS QUE AS GOCEDES!

23 de nov. de 2025

FALARTE

A nosa radio, Pepiño nas ondas, continúa coas súas gravacións semanais. 
Esta vez tocoulle ao noso programa de arte: FALARTE

Deixamos dous capítulos:

O primeiro sobre Keith Haring, onde Martina e Alan de sexto de educación primaria entrevistan a Cloe, Mía e Hugo, grandes expertos de Keith Haring de 6º de Educación Infantil.
Dádelle a play!

A segunda entrada de Falarte vai da man de Javier, Zulema, Lúa, Martina e Uxía, eles darannos a coñecer a arte grotesca. a que se refiere? Non perdas o tempo, dalle a play e comeza a ampliar o teu coñecemento artístico.
MOI PRONTO NOVOS PODCAST. 
NON VOS IMPACIENTEDES!

APADRIÑAMENTOS LECTORES

 O xoves conmemoramos o Días dos dereitos dos nenos, recollidos na Convención sobre os Dereitos da infancia, garanten que todas as nenas e nenos poidan medrar nun entorno seguro, respectuoso e cheo de oportunidades. 

Entre estes dereitos, o dereito á educación ocupa un lugar fundamental, pois permite que cada menor desenvolva plenamente as súas capacidades, acceda ao coñecemento e participe de forma activa na sociedade.

Cos apadriñamentos lectores axudamos a favorecer o crecemento persoal e colectivo, asegurando que cada neno e nena se sinta valorado, acompañado e con dereito a aprender.

PASÁMOLO XENIAL!