9 de dec. de 2015

E SEGUIMOS DESTAPANDO NO CALENDARIO

 El rey Reinaldo quiere un caldo


O libro é un colorido álbum ilustrado para nenos de pequerrechos.
Este libro é un pouco especial porque a súa lectura e participativa e activa.



Nas súas páxinas nárranse as aventuras que o Rei Reinaldo ten que pasar cando se lle antolla tomar un bo caldo de tomate. Coma non ten tomates na súa despensa ten que saír a buscalos.  Atópase cun león e un oso que lle pechan o paso, sucédense caídas, golpes, sustos... na procura dos ansiados tomates.
Ao final, consegue os tomates e faise o caldo, e xustiño cando o ía tomar... un esbirro!

Se queres saber como segue, terás que pasar páxinas ata chegar a última na que atoparás a sorpresa final


Regálame un beso



Es quen de agasallar un bico? 
Doce, salgado, agarimoso, de caramelo, de papel...?
Bicos envoltos en papel de agasallo, escondidos en botellas perdidas, esquecidas na dobreces  dun vestido...

Neste libro descubrirás novos bicos!
Agasállame cun bico para esta noite por se me custa durmir. Que sexa doce, por se vai frío e non estás comigo.
Que sexa valente, por se acaso.


Envólvemo como queiras: con palabras ou aloumiños, cunha mirada...

 
Agasállame cun bico que non se gaste, que poida gardar no peto e tocalo cos dedos mentres paseo unha tarde de inverno.
Un bico que sexa de conto de princesas con final aberto, que me rescate de desertos e naufraxios, que me leve lonxe e me chegue ao corazón, que me de as boas noites e me esperte sen que se rompa o que soño.

Atrévete  con este libro e aprende a bicar!



7 de dec. de 2015

HOXE DESTAPAMOS...



As recomendacións de hoxe  van por partida triple!


EMOCIONARIO



Aínda que pode ser un libro para que lean 

os nenos soliños e lles serva   para por 

nome as súas emocións e aos seus 

sentimentos, resulta un moi boi libro 

para compartir  cos adultos, dialogar, 

explicar algunhas afirmacións. En fin, un 

libro informativo que nos vai deleitar 

mentres  ensinamos e aprendemos.


        Un libro para todos! Botádelle unha ollada!




EL TESORO DE BARRACUDA

Este libro vai de..


Un grumete de once anos, Chispas. 

Cóntanos as aventuras que vive a bordo do 

Cruz do Sur, o navío do capitán Barracuda, 

buscando o tesouro do lexendario  Phineas 

Johnson. Este pirata deixou enterrado un 

libro coas pistas para atopar as súas 

riquezas.

                   Darán co tesouro?  


     

 Para descubrilo, só tes que lelo!!!

             Recomendado para  4º, 5º e 6º

    28 HISTORIAS PARA RIR

Neste libro atoparedes unhas sinxelas historias baseadas no " Nonsense" que vos farán rir un pouquiño!


XOGAMOS NO NADAL?

Axuda a Papa Noel a recoller regalos



Memory



Música con renos



Fai o teu boneco de neve


Decora a árbore de Nadal




Que ben canto sabes!


Fai bailar a PapaNoel



crebacabezas


XOGA COS NÚMEROS


LIM



4 de dec. de 2015

DOUS PARES DE LIBROS RECOMENDADOS

No noso calendario imos destapando días e recomendando libros para este Nadal.

Hoxe recondendamos... ONDE VIVEN AS FADAS?






Vai dirixido aos lectores máis pequenos. 

O autor proponvos xogar. Teredes que atopar as fadas e para elo deberedes alumear o álbum para dar con elas.


Seguro que  ides pasar uns momentos cheos de maxia e misterio.

A po el !!!



3 de dec. de 2015

VAI A TERCEIRA RECOMENDACIÓN!


Xa temos o descuberto o nº 3 do calendario!

Un libro cun título diferente, contradictorio: FELIZ FEROZ.




    De que irá?

    Para que idade é recomendable?

    Invitámosvos a que fagades unha lectura rápida e opinedes vos mesmos.

· 3 DE DECEMBRO DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

Hoxe celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Esta celebración  ten como obxectivo fomentar a igualdade das persoas con discapacidade e concienciar dos beneficios que nos aportan a integración destas persoas nas nosas vidas.

DEixámosvos estes vídeos para que meditedes un pouquiño!



El viaje de María es un cortometraje de animación realizado por el dibujante Miguel Gallardo, padre de una hija con autismo. Es una pequeña excursión al mundo interior de una adolescente "especial". Un viaje lleno de color, amor, creatividad y originalidad. Se inicia con el recorrido de unos padres que ven cómo su hija se comporta de una manera especial hasta que se confirma el diagnóstico: autismo.

2 de dec. de 2015

DESCUBRIMOS O NÚMERO 2 DO CALENDARIO


Hoxe  descubrimos  o número  2 do noso calendario,  con outra recomendación literaria. 

 Trátase dun libro  da colección       " Las aventuras de Afred & Agatha" titulado EL ROBO DE LA GIOCONDA.


Estas son as súas personaxes!!!





Este libro é ideal para os alumnos de 5º e 6º de primaria!


Deixámosvos o primeiro capítulo  para que empecedes a lelo !