Como en anos anteriores, un escritor ou escritora galega, agasalla ás Bibliotecas Escolares cun pequeno marcapáxinas en forma de díptico, Este ano, é a escritora MARÍA SOLAR a que nos deixa este fermoso texto, evocando aventuras e viaxes.
O 23 de Abril, celébrase o día mundial do libro porque foi nesa data cando morreron tres grandes escritores da literatura: Miguel de Cervantes Saavedra,William Shakespeare e Garcilaso de la Vega.
Unha das obras máis coñecidas de Miguel de Cervantes é "O QUIXOTE". A mestra ANA MARTINEZ REY recopilou moitas cousas: xogos, cancións, vídeos... desta obra neste marabilloso GLOGSTER (CLICA SEN MEDO)
Tamén esta profe nos deixa estes comics con aventuras do libro!!!
MILES DE GRAZAS ANA POR FACER ESTAS MARABILLAS E COMPARTILAS!!!
E falando de libros, encantaravos este: "DONA CARME"
Con música da man do dúo MIGALLAS: "Imaxínate"
Que mellor forma de celebrar este día que recordando esta fantástica historia sobre o amor ós libros e á lectura e que, gañou un Óscar á mellor curta animada!!
Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, celebrase o Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Vouvos dicir títulos de libros para que vexades que tod@s coñecemos a este autor porque medramos escoitando os seus contiños marabillosos:" O soldadiño de chumbo", "O reiseñor", "O abeto", "A princesa e o chícharo", "O traxe novo do emperador", "O parruliño feo"... Queredes coñecelo? Pois, TOMÁS BASES fixo esta estupenda animación....
O 23 de marzo celébrase o DÍA DA POESÍA e no cole, por 4º ano xa! imos celebrar a nosa SEMANA DA POESÍA. Reunirémonos no salón de actos para oirnos uns ós outros recitar esas poesías que preparamos baixo a dirección d@s profes que son incansables e sempre buscan sorprender!!!
Xa sabedes que na zona de exposicións haberá expostos unha morea de libros con moitas poesías!!!!
Mentres non chega o día aquí deixamos unha morea de poesías para que as disfrutedes. Antes de "poetizarnos"..... dende o CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU, déixannos:
5 MOTIVOS PARA LER POESÍA
E, despois de lelos....cales son os teus motivos?????
Agora, como non podía ser doutro xeito, imos ler e ver poesías de distintos autores, fermosamente ilustradas.
«Un niño no xardín« de Xoán Neira, ilustrado por Ánxeles Ferrer
«O merlo poeta« de X.M. Álvarez Blazquez
"Uniojo, el piojo" del libro"Rimas, mostrencos, bichos y zopencos" de Raquel Ibáñez e ilustraciones de Victoria González.
"El lobito bueno"de Agustín Goytisolo, musicado por Paco Ibañez.
Erase una vez un lobito bueno, al que maltrataban todos los corderos. (bis)
Y habia también un principe malo una bruja hermosa y un pirata honrado. (bis)
Todas estas cosas habia una vez cuando yo soñaba un mundo al revés. (bis)
«Polo correo do vento» de Aquilino Iglesia Alvariño.
"El lápiz pez"del libro Poemas de alta mar, escrito por Canela e ilustrado por Cecilia Afonso. "EL LAGARTO ESTÁ LLORANDO" DE FEDERICO GARCIA LORCA
"O río" Manuel Maria / Suso Vaamonde. Os Soños na Gaiola.