O 23 de marzo celébrase o DÍA DA POESÍA e no cole, por 4º ano xa! imos celebrar a nosa SEMANA DA POESÍA. Reunirémonos no salón de actos para oirnos uns ós outros recitar esas poesías que preparamos baixo a dirección d@s profes que son incansables e sempre buscan sorprender!!!
Xa sabedes que na zona de exposicións haberá expostos unha morea de libros con moitas poesías!!!!
Mentres non chega o día aquí deixamos unha morea de poesías para que as disfrutedes. Antes de "poetizarnos"..... dende o CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU, déixannos:
5 MOTIVOS PARA LER POESÍA
E, despois de lelos....cales son os teus motivos?????
Agora, como non podía ser doutro xeito, imos ler e ver poesías de distintos autores, fermosamente ilustradas.
«Un niño no xardín« de Xoán Neira, ilustrado por Ánxeles Ferrer
«O merlo poeta« de X.M. Álvarez Blazquez
"Uniojo, el piojo" del libro"Rimas, mostrencos, bichos y zopencos" de Raquel Ibáñez e ilustraciones de Victoria González.
"El lobito bueno"de Agustín Goytisolo, musicado por Paco Ibañez.
Erase una vez un lobito bueno, al que maltrataban todos los corderos. (bis)
Y habia también un principe malo una bruja hermosa y un pirata honrado. (bis)
Todas estas cosas habia una vez cuando yo soñaba un mundo al revés. (bis)
«Polo correo do vento» de Aquilino Iglesia Alvariño.
"El lápiz pez"del libro Poemas de alta mar, escrito por Canela e ilustrado por Cecilia Afonso. "EL LAGARTO ESTÁ LLORANDO" DE FEDERICO GARCIA LORCA
"O río" Manuel Maria / Suso Vaamonde. Os Soños na Gaiola.
Agora quixera que escoitarades este recoñecemento ás mulleres galegas na fermosísima voz de GUADI GALEGO: "Matriarcas". Moita atención, merece a pena!!!!
Chegou o tempo dos contos: SUPERLOLA: unha valente nena que quere ser de maior .....? Atent@s!!!!
Aquí vos deixamos este video do noso castro, e diredes.. que ten de especial? porque xa coñecemos o castro!!! Pois, que foi gravado cun DRON (pequeno aparato voador non tripulado). Se queres saber máis cousas sobre drones, PINCHA AQUÍ
Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa. Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
VOZ e GUITARRA: Najla Shami
GUITARRA e ARRANXOS: Pedro Pascual
VIOLA e ARRANXOS PARA VIOLA DA GAMBA: Xurxo Varela
"Campanas de Bastabales"
Campanas de Bastabales, cando vos oio tocar, mórrome de soidades.
Cando vos oio tocar, campaniñas, campaniñas, sin querer torno a chorar.
Cando de lonxe vos oio, penso que por min chamades e das entrañas me doio.
Dóiome de dór ferida, que antes tiña vida enteira e hoxe teño media vida.
Só media me deixaron os que de aló me trouxeron, os que de aló me roubaron.
Non me roubaron, traidores, ¡ai!, uns amores toliños, ¡ai!, uns toliños amores.
Que os amores xa fuxiron, as soidades viñeron... De pena me consumiron.
Campanas de Bastabales, cando vos oio tocar, mórrome de soidades.
CORAL CASABLANCA -VIGO
"Airiños, airiños aires" Alumnado do IES de BARXAS
"Xan"
Quempallou
Xan vai coller leña ó monte
Xan vai a compoñer cestos
Xan vai a poda-las viñas
Xan vai apaña-lo esterco
E fai o leito i-o caldo...
Xan en fin é un Xan completo
Deses que a cada muller
Lle conviña un polo menos
Pero cando un busca un Xan
Case sempre atopa un Pedro...
Pepa, afortunada Pepa,
Muller do Xan que sabemos,
Mentres seu home traballa
Ela lava os pés no rego;
Cátalle as pulgas ó gato,
Peitea os longos cabelos,
Bótalles millo ás galiñas,
Marmura co irmán do crego
Pero cando un busca un Xan
Case sempre atopa un Pedro...
E cando Xan pola noite
Chega cansado e famento,
Ela xa o espera entre as mantas
e ó velo entrar dille quedo:
-Por Dios non barulles moito
que me estou mesmo morrendo
-Pois qué tes ña mulleriña?
-Que hei de ter? deita eses nenos,
Que esta madre roe en min
Cal roe un can nun codelo
I-ó cabo ha de dar comigo
Nos terrós do cimiterio
Pero cando un busca un Xan
Case sempre atopa un Pedro...
-Pois veña Pepa toma un trago
De resolio que aquí teño
E durme ña mulleriña
Mentres os meniños deito.
De bágoas se enchen os ollos
De Xan ó ver tale feitos
Mais non temás que, entre mil,
N’hai máis que un anxo entre os demos,
N’hai máis que un atormentado
Entre mil que dan tormentos!!
Porque cando un busca un Xan
Case sempre atopa un Pedro
Porque cando un busca un Xan
Case sempre atopa un Pedro.
"Rosalía pequeniña"
Uxía
"Vamos bebendo"
Teño tres pitas brancas e un galo negro, que han de poñer bos ovos, andando o tempo. I hei de vendelos caros polo Xaneiro, i hei de xunta-los cartos para un mantelo, i heino de levar posto no casamento, i hei...
Teño tres pitas brancas
e un galo negro, que han de poñer bos ovos, andando o tempo. I hei de vendelos caros polo Xaneiro, i hei de xunta-los cartos
para un mantelo, i heino de levar posto no casamento, i hei... Pois mira, Marica, vai por un neto, que antramentas non quitas eses cerellos, i as pitas van medrando co galo negro, para poñe-los ovos, e todo aquelo do Xaneiro, dos cartos, i o casamento, miña prenda da ialma, ¡vamos bebendo! Miña prenda da ialma, ¡vamos bebendo! Miña prenda da ialma, ¡vamos bebendo! "Un repoludo gaiteiro" Amancio Prada
"Alborada" Lucía Pérez&Rosa Cedrón
Vaite,noite va fuxindo vente aurora vente abrindo, co teu rostro que sonrindo ¡a sombra espanta!.
¡Canta paxariño,canta de polinya en ponla, que o sol se levanta polo monte verde,polo monte alegrando as herbas alegrando as fontes!
¡Canta paxariño alegre,canta! ¡Canta porque o millo medre canta! ¡Canta porque a luz te escoite canta!Canta que fuxéu anoite.
Noite escura logo ven e moito dura co seu manto de tristura, con meigallos e temores,agoreira de dolores, agarimo de pesares, cubridora en todo mal.¡Sal!
Que a auriña co ceu colora cuns arbores que namora, cun sembrante de ouro e prata teñidiño de escarlata.
Cuns vestidos de diamante que lle borda o sol amante entre as ondas de cristal.
¡Sal! señora en todo mal, que o sol xa brilla nas cunchiñas do areal que a luz do día viste a terra de alegría,que o sol, derrete con amor a escarcha fría. "Non che teño medo Moucho!" Alumnado do IES de BARXAS
Cada 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Non-Violencia e da Paz, día que foi instituído en 1964 polo Inspector de Ensino Lorenzo Vidal. É definida como "unha
xornada educativa de pacificación, co fin de levar aos educandos polo medio da
reflexión persoal ao descubrimento da mensaxe fundamental de que “o amor é
mellor que o odio, a Non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a
guerra” (Vidal, 1972).
Tamén neste día 30 de Xaneiro conmemórase a morte do líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi, asasinado a tiros por un fanático hinduista.
Gandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios. Ao volver á India organizou a resistencia non violenta contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa. Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns. Encarcerado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder dun movemento independentista capaz de mobilizar ou deter a millóns de indios.
Lede con atención o que se di nesta presentación sobre a Paz:
Dende o CEIP MARCOS DA PORTELA, chéganos o que eles chamaron un PAZCIONARIO. ATENT@S.... porque é fermosooooo
My rainbow race. Canción de Paz. Version en galego
O poeta galego CELSO EMILIO FERREIRO, deixounos hai xa moitos anos unha fermosa poesía:"Irmaus" que agora vos deixamos en imaxes para que reflexionedes!!
Máis moderna é esta canción da cantante galega SES para que pensen os maiores e non tan maiores!!
Le con moita atención a historia de SADAKO:
Agora en imaxes....SADAKO E AS MIL GRULLAS DE PAPEL