17 de mar. de 2013

AGASALLOS PARA ELES!

Adicado a todos os pais, titores, coidadores, avós...que día a día se esforzan polos seus pequech@s!!

UN PAPÁ A LA MEDIDA


PAPÁ POR FAVOR, CONSÍGUEME LA LUNA



E agora un pouco de música: EL TOPO GIGIO- YO QUIERO SER COMO MI PAPÁ


12 de mar. de 2013

IMAXES DA II SEMANA DA POESÍA NA SANGRIÑA

Baixouse o telón!! Foi un verdadeiro éxito. Tod@s, mestr@s e alumnado quedamos moi satisfeitos e, aínda que o traballo foi moito, todo saiu...excelente!! e se non o credes aquí deixamos as imaxes que o demostran.



NORABOA A TOD@S!!


11 de mar. de 2013

VISITOUNOS UN ESCRITOR!!

Os nenos e nenas de INFANTIL recibiron o outro día unha visita moi especial: PEPE MAESTRO, autor duns libros que levaban tempo traballando nas aulas. Recibírono como se merece, cun cartel xigante que os nen@s de 3 anos se encargaron de pintar.

Foi para todos, profes e alumnos unha xornada moi especial.Aquí quedan as imaxes que o demostran.

GRAZAS PEPE....POR ESCRIBIR E POLA VISITA!




6 de mar. de 2013

8 MARZO: DÍA DA MULLER

ADICADO A TODAS VÓS!!!

Antes de nada, un pouco de historia: POR QUE CELEBRAMOS ESTE DÍA?
Agora que xa o sabemos, vemos esta  magnífica PRESENTACIÓN  sobre MULLERES GALEGAS que nos chega dende o IES FREI MARTÍN SARMIENTO



E agora, dous videos que nos farán reflexionar:

EL SUEÑO IMPOSIBLE



O PAÍS DOS MANDÓNS






E non podía faltar un LIM: ONCE DAMAS ATREVIDAS



QUE TODOS OS DÍAS SEXAN 8 DE MARZO!!

2 de mar. de 2013

COMENZA A FUNCIÓN



Xa chegou o momento, esta semana, nas Horas de Ler, reunirémonos todo o cole no salón de actos para recitar poesía no que será a II Semana de Poesía na Sangriña.

 Este é o PROGRAMA:

Ademáis, deixamos as imaxes do lugar habitual de exposicións onde temos unha morea de libros de poesía para que os disfrutedes.

Aquí queda támén o carteliño que loce na corcheira para que non vos esquezades de rodealo das poesías que faredes ou copiaredes en familia.








27 de feb. de 2013

EN MARZO: VIVA A POESÍA!!!!


"DESPOIS DE HOMENAXEAR A ROSALÍA
CHEGA MARZO, CARGADIÑO DE POESÍA"

Así di a mensaxe que nos quixo deixar a profe MARTA para que lucise na corcheira. Pronto estará rodeada de moitas poesías que lles pedimos ás familias e será...un mes de marzo moi especial.
 Xa na primeira semana, nas horas de ler,escenificaremos a II SEMANA DE POESÍA NA SANGRIÑA, na que nos oiremos uns a outros RECITAR!!!!.




Mentras agardamos por todo isto, aquí vos deixamos moitos enlaces ós que accederedes con so clicar nos títulos:


1) PARA LER OU ESCOITAR



POESÍA GALEGA MUSICADA



POEMAS PARA PEQUES


POESÍAS INFANTILES //  PARA OS MÁIS PEQUECHOS


POEMITAS.....


2) LIM ...NON PODIAN FALTAR!!

O AÑO PITAÑO

PARECE UNHA ROSA

POEMITAS DIVERTIDOS



3) PARA VER: videos musicados:

*POEMAS CON PIRULETA


*ANA MARÍA FERNÁNDEZ: Poemas


*OS SOÑOS NA GAIOLA(o RÍO) DE MANUEL MARÍA musicado por SUSO VAHAMONDE



*ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO: Unha man bica a arpa

*ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO: Cabalo branco
*XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLAZQUEZ: O merlo poeta




VIVA A POESÍA!!!!!

22 de feb. de 2013

A NOSA HOMENAXE A ROSALÍA

Aquí deixamos en imaxes a nosa pequena homenaxe á nosa poetisa máis internacional.

 Agradecemos enormemente ás profes ALICIA e MARTA que cos traballos dos seus alumn@s contibuiron a dar cor e vida á corcheira da Biblioteca, que quedou, como vedes nas imaxes, chea de fotos de Rosalía feitas con distintas técnicas e tamén de poesías dela.

A Biblioteca uniuse á celebración  agasallando ó profesorado cun libriño e unha flor...de papel...

Felicitamos tanto ó alumnado como ó profesorado pola ilusión posta na lectura e audición das poesías,contribuíndo así a que os nosos nen@s coñezan cada día máis e mellor a dona Rosalía de Castro.

SEMPRE ROSALÍA - diapositivas

PARABÉNS A TOD@S!!!!!