27 de feb. de 2013

EN MARZO: VIVA A POESÍA!!!!


"DESPOIS DE HOMENAXEAR A ROSALÍA
CHEGA MARZO, CARGADIÑO DE POESÍA"

Así di a mensaxe que nos quixo deixar a profe MARTA para que lucise na corcheira. Pronto estará rodeada de moitas poesías que lles pedimos ás familias e será...un mes de marzo moi especial.
 Xa na primeira semana, nas horas de ler,escenificaremos a II SEMANA DE POESÍA NA SANGRIÑA, na que nos oiremos uns a outros RECITAR!!!!.




Mentras agardamos por todo isto, aquí vos deixamos moitos enlaces ós que accederedes con so clicar nos títulos:


1) PARA LER OU ESCOITAR



POESÍA GALEGA MUSICADA



POEMAS PARA PEQUES


POESÍAS INFANTILES //  PARA OS MÁIS PEQUECHOS


POEMITAS.....


2) LIM ...NON PODIAN FALTAR!!

O AÑO PITAÑO

PARECE UNHA ROSA

POEMITAS DIVERTIDOS



3) PARA VER: videos musicados:

*POEMAS CON PIRULETA


*ANA MARÍA FERNÁNDEZ: Poemas


*OS SOÑOS NA GAIOLA(o RÍO) DE MANUEL MARÍA musicado por SUSO VAHAMONDE



*ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO: Unha man bica a arpa

*ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO: Cabalo branco
*XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLAZQUEZ: O merlo poeta




VIVA A POESÍA!!!!!

22 de feb. de 2013

A NOSA HOMENAXE A ROSALÍA

Aquí deixamos en imaxes a nosa pequena homenaxe á nosa poetisa máis internacional.

 Agradecemos enormemente ás profes ALICIA e MARTA que cos traballos dos seus alumn@s contibuiron a dar cor e vida á corcheira da Biblioteca, que quedou, como vedes nas imaxes, chea de fotos de Rosalía feitas con distintas técnicas e tamén de poesías dela.

A Biblioteca uniuse á celebración  agasallando ó profesorado cun libriño e unha flor...de papel...

Felicitamos tanto ó alumnado como ó profesorado pola ilusión posta na lectura e audición das poesías,contribuíndo así a que os nosos nen@s coñezan cada día máis e mellor a dona Rosalía de Castro.

SEMPRE ROSALÍA - diapositivas

PARABÉNS A TOD@S!!!!!

19 de feb. de 2013

24 FEBREIRO: SEMPRE ROSALÍA!

O 24 de febreiro está oficialmente recollido como o DÍA DE ROSALIA. Ademáis, este ano cúmprese o 150 aniversario da publicación da súa obra Cantares Gallegos, 1º libro escrito integramente na nosa lingua.
Por estes motivos, a Biblioteca propón a lectura e recitado das súas poesías nas aulas na hora de ler e tamén o visionado destes vídeos.Se pinchades no título, teredes a letra.







Achegamos  uns enlaces para coñecer máis de cerca á nosa poetisa máis universal.


PARA SABER COUSAS DE ROSALÍA

Dende SOÑOS DE ANDEL, achégannos esta fermosa presentacion coa que seguro que vades aprender unha chea de cousas dela.. CLICA: 
       ROSALÍA: VIDA E OBRA




E, coma sempre, non podía faltar uns LIM:






XOGANDO CON ROSALÍA








Ademáis, no lugar habitual de exposicións, hai coma sempre moitos libriños desta xenial poetisa.


SEMPRE ROSALÍA!!!!

11 de feb. de 2013





Queremos celebrar a data do día dos namorados agasallándovos cunha exposición de libros (no lugar habitual) que falan de amor, de amizade, de tenrura, de bicos, de... A LER!!!!!




Tamén vos agasallamos con estes dous vídeos que falan de amor:
 
PAPERMAN:Romántica curta de Disney nominada ós Óscar deste ano.

Love recipe



QUE O DISFRUTEDES!!!!!

2 de feb. de 2013

XA ESTAMOS NO ENTROIDO!!!

Esta semana celebraremos o Entroido na escola. Todos os días seguiremos as ordes do meco e iremos á escola vestidos como nos mande.

Primeiro un pouco de información que vos será moi útil:

RECEITAS: QUE RICAS!


No Entroido....que non falte a música!!!!: O ANTRIODEIRO

Tampouco poderían faltar... os LIM





O ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO: información, máscaras, receitas, poesía...


21 de xan. de 2013

FINA CASALDERREY, NOVO MEMBRO DA REAL ACADEMIA GALEGA

Recibimos con ledicia a nova de que unha escritora de literatura infantil e xuvenil, que tod@s coñecemos e lemos,FINA CASALDERREY(Clica e accederás á súa páxina), é dende o venres 19 de xaneiro, membro numerario da Real Academia Galega. Dende esa institución din que "a súa incorporación supón un recoñecemento da importancia da produción destinada aos máis novos no desenvolvemento e normalización da nosa literatura".




No ano 2008 visitou o noso Centro e deixounos un agasallo en forma de texto que enmarcamos e, ocupa un lugar destacado na nosa Biblioteca. (Se pinchas encima lerás o texto mellor.) 


A súas obras...que dicir delas!, tod@s as coñecemos, as lemos, as recomendamos ó noso alumnado e... a eles tamén lles encantan e os enganchan.A que si? Pincha nas fotos para velas grandes:
EXPOMOS AS SÚAS OBRAS!







NORABOA FINA!!!!PERO...SEGUE ESCRIBINDO PARA NÓS!!!


16 de xan. de 2013

DIA DA PAZ

O vindeiro 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar pola Paz e Non Violencia.

Coma sempre, deixamos no lugar habitual de exposicións (recén renovado) a nosa selección de LIBROS PARA A PAZ.
  Pero, que é a paz? Escoitade, xa veredes que lindo...

Agora un contiño, O HOMIÑO DE PAPEL

Tamén música! aquí queda: CANTARELA DOS NENOS. CANCIÓN DE PAZ baseado nun poema de Neira Vilas. Imaxes e letra farannos reflexionar coa esperanza dun mundo mellor.




E... non podían faltar os LIM (libriños con actividades) CLICADE NOS TÍTULOS:

BELÉN JUNQUERA achéganos esta marabilla   O SOÑO DE LOLO. 

Outro :    PAZ: LIBRO COLABORATIVO.


Dende O RECANTO DE MIK, Julia Gónzález achéganos para os máis grandiños:
                       DIA DA PAZ.

"... hai que entrenar a mente e o espírito para saber vivir en paz no medio das tempestades do mundo". (Vicente Ferrer).