Como
cada día, na hora do recreo, o colaboradores
xunto cos seus afillados descobren novas recomendacións para este Nadal.
Destapan o número 3 Mark e o seu afillado Arón , detrás da bandeira aparece o libro.... " Por cuatro esquinitas de nada"
Se queredes podedes velo en vídeo!
O número catro! Que intriga! Que libro estará agochado? Veña! Brais e a súa afillada Paula xa están preparados
Trátase dun libro moi especial: "Ollos: Animais extraordinarios"
Niste libro, Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández achégannos a distintas ópticas dos animais. Porque... Cres que os animais ven coma nós? O seu sentido da vista está igual de desenvolvido có noso? Ven máis ou menos?
Diferencian as mesmas cores ca nós?
Captan calquera movemento?
Estas preguntas e outras moitas teñen a súa resposta neste libro que nos convida a entrar nel.
Recursos para traballar o Nadal nas aulas. Clica na imaxe
Todos
e todas coñecemos as personaxes tradicionais do Nadal como son Papá Noel ou Os
Reis Magos, pero, sabedes cal é a personaxe galega do Nadal? O Apalpador. Seguramente moitos xa sabedes quen é, outros lembrades
algunha cousa e algún despistado ou despistada non saberá quen é, así que imos
ver unhas cantas cousiñas divertidas. Agardamos que disfrutedes moito. Adiante!
Nestas datas, coma sempre, temos o
nos calendario de advento. Cada día destaparemos un número que ten agochado un
libro dos que lle pedimos aos Reis Magos para a biblioteca.