5 de out. de 2016

O noso Itinerario lector

Que é un itinerario lector?

É unha ferramenta didáctica pensada para que os  alumnos adquiran a competencia lectora.




 A ler, apréndese lendo!


O noso percorrido para todos os alumnos desde 1º  a 6º de primaria, va ter lecturas básicas seleccionadas polo equipo de docentes.


Trátase de lecturas que, cada rapaz, no seu nivel, ten que facer.

Todos e todas sabemos da importancia que damos no cole á lectura. Desde a biblioteca queremos animarvos a levar a cabo esta actividade tanto nas aulas coma na casa.

2 de out. de 2016

Formación de axudantes



Comezamos o curso con moita ilusión!!!



E, como non, con ganas de aprender e saber onde temos que colocar os nosos materiais para que estean a disposición de todos os membros da comunidade educativa!!!




Aquí vos deixamos o video da formación por si queredes darlle un repasiño na casa.




Entre todos conseguiremos ter unha biblioteca do máis accesible e ordenada!!!

28 de set. de 2016

Ambientamos a Clase

En cuarto están decorando a clase con motivos chinos. 



Están facendo cousiñas chulísimas.
Das súas casas están aportando diferentes materiais.
Canta ilusión!!!



No deixes de velo pinchando na imaxe.

21 de set. de 2016

Embarcamos rumbo China

Os alumnos de cuarto xa están preparando a súa viaxe a  China!
Que saben?
      Que queren descubrir?

            Lograranno?

Clica ma imaxe e descubriralo!!!

Resultado de imagen de muralla china de noche

20 de set. de 2016

Benvidos ao novo curso escolar!

Comezamos un novo curso escolar!
Unha nova oportunidade para construír, para crear, para aprender, para investigar, para medrar, para escribir... 

E como non para LER!





O novo curso é unha páxina en branco. Entre todos  tentaremos ir escribindo nela as nosas experiencias!
Cómo o faremos?
 Xuntando as nosas ilusións, inquedanzas, proxectos, ... seguro que o conseguimosssss




Mentras estamos preparando todo, deixámosvos esta pequena curta 


Un pequeno  marcapáxinas de papel que está esquecido dentro dun libro pechado. Pasa o tempo e non o abre ninguén. Pero unha forte ráfaga de aire fará que comece a súa aventura: impulsadas polo vento, as páxinas do libro convértense en ondas nas que o marcapáxinas  surfeará unha e outra vez, hasta que o vento, de novo peche o libro. Pero non pasa nada, aínda hai outros moitos libros cos que disfrutar.



14 de set. de 2016

Comezamos a P.D.I. Viaxamos polo mundo

Os alumnos de cuarto inician a súa viaxe polo mundo! 

O seu destino: China

Este é o seu punto de partida!

Como ben sabedes, o primeiro día de clase, as mestras recibímosvos con bandeiras de varios países. No corredor da entrada,  un enorme mural e moitas bandeiras, xa nos daban pistas do que ía acontecer!




Xa na aula, preguntámosvos que creíades que estaba pasando. As vosas respostas foron diversas, pero, moitos tíñades razón aínda que non o confirmamos.

Coloremos as bandeiras de China e Suecia. Era a primeira das actividades dun proxecto! 




Pero de que proxecto se trata?
Dun proxecto que nos propón o Equipo de Biblioteca:  "VIAXAMOS POLO MUNDO"
Os alumnos de 4º A imos a viaxar a China e os alumnos de 4º B a Suecia.


Estades preparados?  
                
             Pois... comezamos 

Que sabemos de China?  E de Suecia?      

              Que queremos saber?

                   Onde podemos buscar información?

Escribide   as respostas nun papel e logo faremos unha posta en común

   

                                     Pincha no enlace  China