2 de feb. de 2016

DÍA DO AMOR E AMIZADE

Coincidindo coa celebración de San Valentín, imos a adicar estas dúas semanas ao amor e amizade. 

o Noso lema: Quero ...  ler!



Para elo estamos organizando algunhas actividades:

  • Selección de lecturas con historias de amor, amizade, bicos, cariño, tenrura.
  • Busca  de palabras de amor e amizade na selección de libros que temos no recuncho do amor.         



Escríbeas nun corazón, entrégaas na biblio e con elas 

faremos un vermes moi amorosos que colgaremos polos 

corredores do centro.


  • Xogamos co verbo querer
        Invitámosvos a xogar co verbo querer en calquera  persoa  e tempo. 

        Buscade un  poema e adaptalo.

        Modelo: Poema de Antonio García Teijeiro

           Eu quero,
           muíños de vento ,
           que garden silencio.

                 Ti queres,
                 algunhas tormentas,
                 que saiban a menta.

                            El quere,
                            que soen pianolas
                            nas papoulas.

                   Quere ela,
                   cancións de lúa
                   que mezan o berce.

          Queremos,
          cabalos de mar
          que saiban trotar

                       Queredes,
                       cereixas e amoras
                       a todas horas.

                                       E queren
                                       que cheiren a caravel


                                       e a versos de mel.



Escribídeos no formato que máis vos guste e entregalos na biblio dentro do bote do amor!

Agardámosvos lendo!!!!

1 de feb. de 2016

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

Os vosos compañeiros de 5º e 6º, xuntos con rapaces e rapazas, de todos os coles do Concello gravaron este lidpub para celebrar o Día da Paz. Hoxe, puidemos velo todos xuntos. Quedou xenial. Verdade? 




Estas son as outras actividades que fixemos para conmemorar o día da Paz ! 




E como non, lemos pola Paz!













28 de xan. de 2016

UNHA ACTIVIDADE POLA PAZ

Hoxe, na hora do recreo, xuntámonos na biblioteca e coa axuda dos colaboradores e os mestres e mestras do Equipo da biblioteca fixemos uns marcapáxinas co símbolo da paz. Decorámolos, recortámolos e plastifícámolos.

 

Non vos esquezades! O  venres  pasade pola biblio a recollelos!


25 de xan. de 2016

LEMOS POLA PAZ

Estamos na semana por excelencia da Paz.  Pero, non esquezas" todos os días temos que tentar seguir  súa procura.

Ao longo desta semana, iremos traballando a Paz de diferentes xeitos e remataremos o venres Conmemorando o Día da Paz todos xuntos.

Estade atentos aos carteis que irán aparecendo nos corredores e na biblioteca.




E coma sempre, un recuncho cheíño de libros que podedes levar para a aula, para ler no recreo, na hora de ler.... Esta é unha mostra, pero, temos máis!

Non deixedes de pasar pola biblio!

CEIP A Sangriña on PhotoPeach


E para comezar deixámosvos este vídeos. Reflexionade sobre eles!

E


18 de xan. de 2016

ASÍ QUEDOU O RECUNCHO DE GREG

A pasada semana descubrimos un novo recuncho na biblioteca. 
Todos queriades coller os libros, eses que tanto esperabades, os Diarios de Greg. Estabades impacientes por levalos en préstamo e pedímosvos un pouquiño de paciencia, e unha semana para que todos puiderades velos.

Xa pasou a semana acordada e.... mirade o que pasou hoxe nos cinco primeiros minutos do recreo!
















O recuncho completamente baldeiro!!!


E inmediatamente.... nenos lendo, comentando, compartindo....















Estes outros son uns dos afortunados que puideron coller un dos libros. Escoitámolos!





Un auténtico éxito o recuncho de Greg!!! Seguide desfrutando e lendo!!!

17 de xan. de 2016

RECURSOS PARA TRABALLAR A PAZ

O vindeiro  día 30, é o Día escolar da Paz e Non Violencia.

Celébrase nesta data por coincidir co asasinato do Lider Nacional e Espiritual da India, o Mahatma Gandhi no ano 1948.


GANDHI
Gandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios. Ao volver á India organizou a resistencia non violenta contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa. Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns. Encarcerado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder dun movemento independentista capaz de mobilizar ou deter a millóns de indios.

Por outra banda, tamén celebramos nesta xornada o Día Escolar da Non-Violencia e da Paz. Este foi fundado en 1964 polo Inspector de Ensino Lorenzo Vidal. É definida como unha xornada educativa de pacificación, co fin de levar aos educandos polo medio da reflexión persoal ao descubrimento da mensaxe fundamental de que "o amor é mellor que o odio, a Non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra" (Vidal, 1972). 

Se queres saber máis bótalle unha ollada a esta preentación





Aquí atoparedes  algúns recursos  rapaces!!!



E os profes tamén!



13 de xan. de 2016

PREPARANDO O DÍA iNTERNACIONAL DA PAZ

Pasado o Nadal, e a primeira semana despois das vacacións, a seguinte data marcada no calendario escolar, é o Día da Paz, 30 de xaneiro.

O Equipo de biblioteca dedicará esta e as próximas entradas a recordar esta data tan sinalada.

Esta primeira entrada vai estar dedicada a poesía da  autora Gloria Fuertes. Os seus versos achégannos a un problema co que nos atopamos todos os días: a fame.
A fame é unha das formas máis crueis de violencia, debemos reflexionar sobre ela e tentar unha solución .

" NIÑOS DE SOMALIA"
Más de 13 millones de víctimas por hambruna en el Cuerno de África
         Yo como
         Tú comes
         Él come
         Nosotros comemos
         Vosotros coméis
         Ellos no!
                   Gloria Fuertes


EL NIÑO SOMALÍ

Hoy tengo la gripe,
pero no me duele la espalda.
hoy sólo me duele la mirada,
de ese niño Somalí.

Es un niño que no tiene nada.
Niño sin juguetes, sin comida,
sin agua.



Estuve allí,
y le dije al niño Somalí:
- Te traigo unos cuentos.
Y el niño me dijo con la mirada:
yo no estoy para cuentos,
ni para nada.

Hoy tampoco estoy para versos
porque me duele la mirada
de ese niño de Somalia.

Es un niño que sólo tiene moscas
en los ojos y en los labios secos.
Son de esas moscas
que sólo pican a los muertos.

         Gloria Fuertes