24 de set. de 2015

BENVIDO OUTONO !

Xa chegou o Outono, unha estación ideal para ler.



Comezan a caír as primeiras follas das árbores e un libro é a mellor compañia para os paseos, tardes de ocio....

     Ven a buscar un a biblioteca. Esperásmoste!!!

         


11 de set. de 2015

LIBROS AO PATIO!!!

Ola  rapaces e rapazas!

Un novo curso acaba de comezar e con el, a biblioteca inicia as actividades de animación á lectura.

Primeiro día,
          
       primeira actividade: 

     LIBROS AO PATIO!!!


Grazas as vosas titoras e titores, que sempre están aí, colaborando codo con codo  co Equipo da Biblioteca, poidemos realizar esta actividade na hora de ler.



Mirade , mirade, que gusto da vervos  tan entusiasmados coa lectura !!!



Como nos gustou este xeito de comezar o curso! 

Esperámosvos pronto, na Biblioteca.

9 de set. de 2015

BENVIDA Á BIBLIOTECA

OLA  A TODOS E TODAS!
Benvidos a un novo curso na Biblioteca.


Cal vai a ser o obxectivo deste ano?
Coma sempre,
     ler , ler,
        moito ler,
            moitísimo ler,
                 ler tanto, como poidamos.

Así que imos a buscar o xeito de que leas e que che guste ler.
 
Xa sabes, 

" SE QUERES AVENTURA,

   LÁNZATE Á LECTURA"

E como o  imos facer?


ANIMÁNDOTE A LER...... ANIMASTE?




CON:
LIBROS AO PATIO!!!

                          
CONTAMOS COA VOSA  PARTICIPACIÓN!                          

19 de xuño de 2015

FELIZ DESCANSO!!!




A Biblioteca quere desexar a toda a comunidade educativa un feliz e proveitoso descanso que nos sirva para recargar enerxías de cara ó vindeiro curso.

              Lémonos á volta!!!


Sen esquecer isto....





QUE PASEDES UN VERÁN RODEADO DE LIBROS!!!

18 de xuño de 2015

SEMPRE BEN ACOMPAÑADOS...UN LIBRO PARA EMPEZAR

Achégase o verán, e, dende a Biblio, invitámosvos a descansar na boa compaña destes libros que deixamos na guía e doutros que poderedes consultar na BIBLIOTECA MUNICIPAL.

(EN GRANDE NAS 2 FRECHAS)




BOAS LECTURAS!!!

17 de xuño de 2015

DESPEDIDA DOS AXUDANTES

Un curso que remata, comenzan as despedidas.....Aquí temos ós nosos axudantes deste curso. Coma sempre, fixeron un estupendo traballo, coma sempre, a Biblio failles un pequeno recoñecemento: un diploma e....un libro claro!!!




MOITAS GRAZAS RAPACES!!!!!

UN AGASALLO PARA OS NENOS DE 2º DE PRIMARIA

Os nen@s de segundo agasallaron aos seus compañeiros  coa lectura da súa  adaptación da obra de Miguel de Cervantes, Don Quixote  da Mancha. Pincha na imaxe