16 de xuño de 2015

DON QUIXOTE NO KAMISHIBAI!

Os alumn@os de Infantil de cinco anos e os de segundo de primaria seguen traballando no Proxecto "Don Quixote coas TIC". Clica na imaxe


15 de xuño de 2015

QUE O CONTE DULCINEA!

Os alumnos de Infantil e segundo de primaria,  desfrutaron con esta fantástica animación sobre Don Quixote, na que  participaron activamente despois de todo o que levan investigado e traballado sobre esta maxistral obra de Miguel de Cervantes , na súa P.D.I Don Quixote coas Tic . Clica na imaxe ou no enlace para saber máis.


14 de xuño de 2015

DON QUIXOTE: UN CAPÍTULO CADA DÍA!

Para coñecer a novela de Don Quixote, nada mellor que a súa lectura. Un capítulo cada díaParticiparon na mesma, nenos, nais e profes. Graciñas a todos pola vosa colaboración.


O profe Guillermo, o encargado da biblio, leunos este capítulo cheo de intriga. 

10 de xuño de 2015

VISITOUNOS ANXO MOURE

A piques de rematar o curso, recibimos unha visita moi especial: ANXO MOURE .Os nen@s de Infantil, foron os encargados de facer o cartel anunciador...que lles quedou ben fermoso!!






Chegou montado no seu NUBINETE.

Este autor e contacontos, percorre as escolas co obxectivo de sensibilizar e concienciar aos nenos e nenas sobre a necesidade dun compromiso solidario coa natureza, a xusticia e a liberdade, empregando como ferramentas a poesía, o conto, o humor, a mímica...para construír un mundo real de respecto e coidado medioambiental.


Fixo as delicias de tod@s....algo moi dificil, xa que estivo con todo o alumnado do Centro 
dende Infantil a 6º e, a todos cautivou. Miles de grazas!!!!!.

Invitounos tamén a coñecer a súa páxina  CONTOS SOLIDARIOS, un proxecto cultural e medioambiental.


Aquí deixamos as imaxes, rematando así...

"un curso de cine"




26 de maio de 2015

PALABRAS FERMOSAS!!!






Dende a Biblio,aproveitando a celebración das letras galegas, fixemos esta proposta ós nosos nenos e nenas.....





Aquí vos deixamos as fermosas palabras que aprenderon e que nos mostran....




Tamén destacamos este fermoso vídeo titulado: “Empápate co galego“.


EN GALEGO...POR QUE NON????

11 de maio de 2015

VIVE EN GALEGO!!!!VIVE GALICIA!!!!!

Invitámosvos a escoitar esta canción titulada"Meu o mundo é!". É unha das 12 cancións incluídas no libro-cd-dvd "Brinca Vai!", composto e interpretado por Paco Nogueiras


"Meu o mundo é!", gravado en distintos espazos da cidade de Pontevedra coa colaboración de amigos e amigas, conta que a nosa lingua non ten límites, que todo é posible en galego: arte, música, teatro, cine, deporte, ciencia... ata explorar o espazo! As nosas palabras son fermosas, poderosas e expresan o que sentimos. Vive en galego, constrúe o teu mundo en galego!

"En galego falo, en galego sinto,
en galego canto, sabes que non minto.
En galego todo podo facer,
en galego estou no mundo...
Meu o mundo é!
En galego leo, en galego escribo,
en galego bailo, sabes que non minto.
En galego todo podo facer,
en galego estou no mundo...
Meu o mundo é!"

E agora.... CINE! tamén en galego!!!!    ALISTÁN, O DEMO OVEIRO

Animación en plastilina baseada nun texto de Álvaro Cunqueiro. Alistán é un demo que sofre un grave desaxuste intestinal, o que lle produce o rexeitamento dos habitates do bosque. Para resolver o seu cheirento problema, Alistán vai ao médico que lle receita o consumo exclusivo de ovos de galliña, sempre que non o pille o sacristán de Seixido.





Na Biblio claro, non podían faltar....os contos. Sempre os lemos ou vemos as imaxes, hoxe imos ESCOITAR....

"A voda do galo Pinto"
(dalle ó PLAY)

E para rematar, imos pasear polos PARQUES NATURAIS de Galicia....seguro que vos dan gañas de ir pasear....de verdade porque .....cando rematedes de velo...opinade!!!. Disfrutarédelo máis en grande!!!


4 de maio de 2015

CHEGA MAIO CO AGASALLO ÁS NOSAS LETRAS


Chega o mes de maio e con el a data especial na que celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Comenzamos esta celebración, coñecendo a 
HISTORIA DA NOSA LINGUA, DO GALEGO

da man do escritor Pepe Carreiro que tamén fixo os debuxos

Xa estudamos que os SÍMBOLOS DE GALICIA son: a bandeira, o escudo e o himno. Pois ben, agora con este LIM imos aprender moitas cousiñas sobre este tema.
 Clica: 

              SÍMBOLOS DE GALICIA

Escoita o HIMNO GALEGO:




No vídeo fala de CASTROS e... aquí, na Guarda, temos un moi fermoso que non hai moito que visitastes. Aquí vos deixo este LIM para recordalo:


E agora invitámosvos a viaxar....virtualmente por Galicia clicando:

DESCUBRE GALICIA!!!                                            Encantaravos!!!!

Unha lingua, o galego tamén, está formada por....PALABRAS!!!! moitas palabras. Deixo aquí unha interesántísima páxina cheiña de contidos arredor do léxico. Tamén hai xogos, vídeos, un dicionario galego.... A que esperas para coñecela???

        PORTAL DAS PALABRAS