22 de abr. de 2014

23 ABRIL, DÍA DO LIBRO




Como en anos anteriores, un autor galego, deixa para as Bibliotecas escolares, un marcapáxinas de agasallo.

 Este ano foi PACO MARTÍN de quen se cumplen 30 anos da publicación do seu libro "As cousas de Ramón Lamote" que foi 1º premio Barco de Vapor para un texto en galego e premio nacional de literatura infantil e xuvenil.

Dende a EEI  BARRIONOVO, fixeron esta recreación a partir do texto do autor.


Para celebrar este día, por 2º ano, o venres 25 reuniremos a padriños e madriñas(o alumnado maior) cos seus afillados e afilladas(os máis pequechospara que compartan unha lectura na hora de ler no patio, se o tempo o permite. Xa temos en marcha o proceso, xa se están producindo esas reunións previas para que se coñezan. As imaxes...xa nos tardan!!


Aquí deixamos tamén unha homenaxe ós libros e á lectura dende o programa de TVE "Días de cine"

Os nenos e nenas de , están estudando a JUAN RAMÓN JIMENEZ e, para celebrar o día do libro, fixeron este fantástico cómic que seguro que vos vai encantar:

E se vos pregunto SE FOSES UN LIBRO QUE FARÍAS???? Aquí quedan unhas cantas respostas:




Porque levamos anos reivindicando os beneficios da lectura.

Porque levamos anos vendo o placer que nos causa a lectura.

Porque nos gustan os libros, nos gusta ler, nos gusta a Biblio.


Por mil motivos máis, dende BIBLIOPEPIÑO queremos desexarvos un feliz día do libro!!!

17 de abr. de 2014

IMAXES DA III SEMANA DA POESÍA

Por 3º curso consecutivo, a maxía da poesía chegou á Sangriña. 
Aquí deixamos as imaxes, felicitamos a todos os nenos e nenas que con tanta ilusión subiron ó escenario para recitar poesía e de novo, damos as grazas ós mestres e mestras, sempre dispostos a colaborar.




3 de abr. de 2014

ABRIL, MES DO LIBRO



O 23 de abril, como cada ano, celébrase en todo o mundo o DÍA DO LIBRO.


Dende BIBLIOPEPIÑO, queremos adicar todo o mes de abril ós libros.

En primeiro lugar, deixamos imaxes de libros que poderedes ver en grande se clicades nas catro flechas:



Agora, deixamos este video que é unha adaptación do conto de José Jorge Letría "O livro que só quería ser lido" polo teatro de marionetas Valdevinos. 



Moi fermoso!!!!


Outra marabilla:"Todo individuo ten a capacidade de expresarse creativamente, tan s debe atopar a maneira de facelo libremente"

                       El punto. Peter H. Reynolds



Unha cidade de libros:

1 de abr. de 2014

III SEMANA DA POESIA NA SANGRIÑA



A poesía é, por 3º ano protagonista no noso centro. Aínda que con algo de retraso por problemas técnicos, a Biblio pon en marcha esta semana da poesía na que, nas Horas de Ler, cada curso leva a escena unha poesía e móstralla ós seus compis e profesorado.



Aquí queda o programa deste curso, como vedes, hai moita variedade.  Pronto poremos as imaxes:



28 de mar. de 2014

VISITA DE FINA CASALDERREY




Esta semana, o alumnado de 6º tivo unha visita moi especial, unha escritora, unha das grandes...





Fina Casalderrey.

Compartiu con eles e as súas mestras un tempo para todos moi agradable. Contoulles unha chea de cousas e proxectos que tiña.

Ó final da visita, firmoulles nos libros que estiveran lendo.

Para ver as imaxes, non tedes máis que clicar na súa páxina
                 Ó PÉ DO CASTRO


GRAZAS FINA, FOI UN AUTÉNTICO PRACER!!!


18 de mar. de 2014

A BIBLIOTECA ESCOLAR TAMÉN ESTÁ PRESENTE NOS PROXECTOS EUROPEOS


As mestras de 6º curso, Paula Vicente e Mari Álvarez, ambas pertencentes ó Equipo de Biblioteca, están inmersas nun proxecto chamado


       PROXECTO 

EUROPEO ITEC 

no que colabora a Universidade de Vigo por medio da escola de Telecomunicacións.

Aquí deixamos un video que reflexa o seu traballo:




A base do seu proxecto parte do PDI que este curso impulsa a Biblioteca Escolar sobre OS INVENTOS. Titulárono "A vida na miña casa a través dos inventos". Este sábado, día 22 de marzo, exporán o seu proxecto nas xornadas ESCOLATIC 2014 que se celebran en Santiago, acompañando ós profesores da Escola de Telecomunicacións de Vigo, Roberto Pérez e Sonia Valladares   que estiveron guiando os proxectos.

17 de mar. de 2014

PARA ELES NO SEU DÍA




Adicado a eles: papis, avós, coidadores... que día tras día se preocupan polos seus pequechos.



Purê de maçã: Preciosa animación que seguro lles encantará.