21 de xan. de 2013

FINA CASALDERREY, NOVO MEMBRO DA REAL ACADEMIA GALEGA

Recibimos con ledicia a nova de que unha escritora de literatura infantil e xuvenil, que tod@s coñecemos e lemos,FINA CASALDERREY(Clica e accederás á súa páxina), é dende o venres 19 de xaneiro, membro numerario da Real Academia Galega. Dende esa institución din que "a súa incorporación supón un recoñecemento da importancia da produción destinada aos máis novos no desenvolvemento e normalización da nosa literatura".




No ano 2008 visitou o noso Centro e deixounos un agasallo en forma de texto que enmarcamos e, ocupa un lugar destacado na nosa Biblioteca. (Se pinchas encima lerás o texto mellor.) 


A súas obras...que dicir delas!, tod@s as coñecemos, as lemos, as recomendamos ó noso alumnado e... a eles tamén lles encantan e os enganchan.A que si? Pincha nas fotos para velas grandes:
EXPOMOS AS SÚAS OBRAS!







NORABOA FINA!!!!PERO...SEGUE ESCRIBINDO PARA NÓS!!!


16 de xan. de 2013

DIA DA PAZ

O vindeiro 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar pola Paz e Non Violencia.

Coma sempre, deixamos no lugar habitual de exposicións (recén renovado) a nosa selección de LIBROS PARA A PAZ.
  Pero, que é a paz? Escoitade, xa veredes que lindo...

Agora un contiño, O HOMIÑO DE PAPEL

Tamén música! aquí queda: CANTARELA DOS NENOS. CANCIÓN DE PAZ baseado nun poema de Neira Vilas. Imaxes e letra farannos reflexionar coa esperanza dun mundo mellor.




E... non podían faltar os LIM (libriños con actividades) CLICADE NOS TÍTULOS:

BELÉN JUNQUERA achéganos esta marabilla   O SOÑO DE LOLO. 

Outro :    PAZ: LIBRO COLABORATIVO.


Dende O RECANTO DE MIK, Julia Gónzález achéganos para os máis grandiños:
                       DIA DA PAZ.

"... hai que entrenar a mente e o espírito para saber vivir en paz no medio das tempestades do mundo". (Vicente Ferrer).

7 de xan. de 2013

ESTAMOS NO INVERNO

Dende o 21 do pasado decembro, estamos no inverno, chove e vai frío...

Para que entredes en calor, aquí vos deixo uns videos e uns LIM (libriños con actividades) cos que seguro aprenderedes moitas cousiñas sobre o inverno.

 Para os máis pequechos, Ana María Rey, fixo tan ben coma sempre:ABRIGÁMONOS EN INVERNO

¡¡¡¡¡¡¡¡¡ATCHÍSSSS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!   Divertido conto con actividades froito do intercambio creativo entre tres blogs amigos.

Dende o CEIP RÍA DE VIGO déixannos                                CHEGA O INVERNO

CONTO SOBRE O INVERNO




PAISAXES DE INVERNO COA MÚSICA DE VIVALDI

20 de dec. de 2012

PARA XOGAR EN NADAL

É tempo de desconectar, de descansar... aínda que tamén vos apetecerá usar estes xogos e ademáis seguro que lle sacaredes moito proveito.
BO NADAL NEN@S!!!!

(CLICADE NOS TÍTULOS)

XOGOS DE LÓXICA E MEMORIA

USA O COCO...

USA AS NEURONAS...

17 de dec. de 2012

FELICES FESTAS!!

Con estas imaxes e esta panxoliña, o Equipo da Biblioteca quere desexar a toda a comunidade educativa un Nadal moi feliz e un Ano Novo cargado de boas cousas.


14 de dec. de 2012

GUÍA DE NADAL

Aquí quedan as nosas recomendacións lectoras para que neste Nadal poidan ir nas cartas que lles mandedes ós Reis ou a Papá Noel.

Recordade: UN LIBRO É UN ESTUPENDO AGASALLO!

(PARA AGRANDAR PINCHAR NAS FLECHAS)

6 de dec. de 2012

NO NADAL...



 Achégase o nadal, xa falta moi pouquiño!. Nós, ademáis de adornar o recuncho das exposicións, incluíndo libros con temática de Nadal, tamén puxemos a Pepiño moi navideño.


Aquí deixamos varios enlaces e vídeos para que disfrutedes (e de paso, aprendades cousiñas...)

 Para velo, clica no título:    O NADAL DE BRUNELO

 PARA OS MÁIS PEQUECHOS: LIM: VIVA O NADAL!

 EN GALEGO/CASTELÁN/ENGLISH:  DEAR SANTA

A grande poetisa dos nenos Gloria Fuertes fixo este poema de nadal que ela mesma recitou con esa voz tan peculiar que tiña:
EL CAMELLO COJITO


O noso cantautor Tino Baz ofrécenos:
 BUSCANDO UNHA ESTRELA




Se queredes saber como celebran estas datas noutros sitios do mundo clicade neste  aquí: