6 de nov. de 2012

NOVEMBRO





Onte cando chegamos ó colexio...menuda sorpresa!. No recuncho da Biblio, estaba PEPIÑO coma sempre, bueno coma sempre non !!, estaba tapado cun paraugas e abrigado cunha bufanda!. Ahh, que susto!...








Seguimos mirando e...do teito colgaban uns paraugas de moitas cores!!





Non entendíamos nada ata que vimos o cartel do sitio onde se expoñen os libros:

So quedou unha cousiña sen resolver:: no paraugas de Pepiño estaba pegado un carteliño que dicía: CHUVIA DE PALABRAS, ¿Que palabras? Pronto resolveremos o misterio...mentras esperamos aquí quedan as imaxes.

LIBROS PARA O INVERNO



O RECUNCHO QUEDOU MOI VISTOSO, ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!  

4 de nov. de 2012

ACHÉGASE O MAGOSTO






O vindeiro venres día 9 celebraremos no colexio o magosto. Para ir preparándonos, seguro que queredes saber máis cousas sobre

 O CASTIÑEIRO e AS CASTAÑAS (clica no título)

QUE RICAS!!!!!!
Seguro que despois de todo o que lestes gustaravos xogar un pouquiño. Así que aquí queda este LIM  feito no CEIP JUAN FERNÁNDEZ LA TORRE ó que agradecemos moito que o compartan porque seguro que vos gustará, hai para tod@s pequechos e grandes. A que esperas, CLICA e empeza!
       
O MAGOSTO


E...so para os máis pequechos dende o CRA RAIÑA ARAGONTA aquí vos deixo este LIM


31 de out. de 2012

SEMANA DOS CONTACONTOS 2012

Xa pasou. Foi unha semana cargada de ilusión, dos máis pequenos porque escoitaban con moita atención ós seus compis máis maiores e, dos máis maiores porque deixaron atrás a vergoña e fixeron disfrutar moito ós seus compis.
Para comprobalo, aquí quedan as imaxes. (Disfrutádeas en grande, merece a pena)
 MARABILLOSAS!!

29 de out. de 2012

CONTO VIAXEIRO

Aquí queda, por 3º ano o conto viaxeiro do curso pasado que, como ben di a palabra viaxou de aula en aula para que fose escrito e debuxado polos nenos e nenas, esta vez en forma de poesía.

Damos as grazas á profe LUCÍA que, coma sempre, se encargou de pasalo a vídeo, anque este ano...superouse, quedou moi fermoso, ata ten música!!! ESTA PROFE É UNHA ARTISTA!!!!!!!!!!!!!Tamén agradecemos á profe M.JOSÉ os arreglos finais.


(CLICAR NAS FLECHAS PARA VELO GRANDE)
DISFRUTÁDEO MOITO!!

28 de out. de 2012

CHEGA O SAMAÍN!

A calor vaise, chega o frío. Aparecen as castañas e...as cabazas! Chega o Samaín.

O mércores, despois do recreo, celebraremos no cole unha gran festa de Samaín. Ata entón aquí vos deixo este video cunha canción de MAMÁ CABRA o que lle puxeron imaxes no CEIP MESTRES GOLDAR


TERRORÍFICO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Deixamos tamén uns LIM que con tanta xenerosidade comparten as súas autoras:

ANA MARTINEZ REY fai esta marabilla para os máis pequechos:

Dende o CEIP A PEDRA de BUEU e, para os máis grandiños achégamos estoutra marabilla:


(CLICADE NOS TÍTULOS)

Ademáis dentro da BIBLIO xa hai días que levades disfrutando unha caixiña que so abren os máis valentes porque ten...LECTURAS PARA TREMER,,que tamén temos expostas no lugar habitual de exposicións.



FELIZ SAMAÍN!!!!!!!!!!!!!!!!

25 de out. de 2012

A VIAXE DAS MOCHILAS VIAXEIRAS


Mañá venres, día 26 de outubro, tal como estaba programado, as MOCHILAS VIAXEIRAS inician a súa andaina e chegarán ás casas do alumnado para enchelas de boas lecturas, música, pelis...



Non vos esquezades antes de devolvelas de escribir no CADERNO VIAXEIRO as vosas opinións e suxestións.



Esperamos que todas as familias as disfruten, foron preparadas polo profesorado con moita ilusión.

21 de out. de 2012


Seguimos en outubro que coma xa vos adiantamos, foi declarado MES INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
Continuando coas actividades propostas,esta semana reunimos unhas cantas que seguro que vos encantarán.

AQUÍ AS TEDES:


QUE AS DISFRUTEDES!!!!!!!!!!!