22 de feb. de 2012

24 DE FEBREIRO; ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro celebramos o nacemento da nosa poetisa máis universal: ROSALÍA DE CASTRO. Para coñecela un pouco, aquí vos deixo un video no que se resume a súa vida. Está musicado por LUZ CASAL.
Cando nos referimos a ela, sempre nos ven á memoria un nome AMANCIO PRADA, cantante que puxo a voz e musicou extraordinariamente moitos dos seus poemas. Aquí vos deixo un dos máis coñecidos ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES

Para investigar máis a fondo na súa vida e obra, aquí queda un enlace ó sitio web da fundación Rosalía de Castro. CLICA... WEB DA FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO

E... como nos gustan moito os LIM, aquí queda un moi ben feito...Vaiche encantar...Que esperas para CLICAR??????????       XOGANDO CON ROSALÍA




11 de feb. de 2012

IMAXES DO ESTRENO DA PANTALLA DA BIBLIO

Como contamos, estivemos estrenando a pantalla que se acaba de colocar na Biblioteca. Con sorpresa incluída (un vasiño de ...PALOMITAS!!) os nosos nenos e nenas visionaron os cortos que lles tiñamos preparados. Cremos que lles gustou moito (as palomitas tamén) so hai que ver as súas cariñas. AQUÍ QUEDAN AS IMAXES

8 de feb. de 2012

CHEGA O ENTROIDO

A Biblioteca escolar quere dar as grazas ás familias pola colaboración que SEMPRE nos prestan. Sentímonos moi orgullosos das nosas familias que tanto e tan ben colaboran cos traballos que lles solicitamos. Aquí está o último exemplo. Pedímoslles que disfrazaran ó noso Pepiño de... PERSONAXES DE CONTOS!!!!!!!!!!!! E, aquí está o resultado. A entrada do cole está chea de Carapuchiñas, Gatos con Botas, ananiños...en fin... MARABILLOSO!!!!!!!!!!!! Por si non podedes vir a velos, aquí quedan... MOITÍSIMAS GRAZAS A TOD@S!!!!!!!!!!!!!!!!

4 de feb. de 2012

NOVIDADES NA BIBLIOTECA!!!

Xa sabedes que levamos un tempo de obras na Biblio. O Plan de Mellora que nos concederon a finais do curso pasado, fixo posible que tivesemos algúns mobles novos, que se mercasen novos ordenadores, que se renovase o chan da zona de lectura, que teñamos novos libros... Pronto poremos unhas fotos para que estas novidades sexan visibles para as nosas familias que tanto e tan ben colaboran con nós.

Para "darlle a benvida a estes cambios", faremos a vindeira semana na HORA DE LER unha proxección dun contiño por ciclos. Cada día iremos colgando no blog a proxección que toque para que sexa unha sorpresa. 

A orden de cursos será a seguinte:

*MARTES 7: EDUCACIÓN INFANTIL: CLICAR:
OS BOLECHAS QUEREN SABER COMO É UNHA BIBLIOTECA

*MÉRCORES 8: 2º CICLO: CLICA: A POTA QUE TROTA

*XOVES 9:: 1º CICLO : A CEBRA CAMILA

*VENRES 10: 3º CICLO: A MAIOR FLOR DO MUNDO  de JOSÉ SARAMAGO 

ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN PORQUE ADEMÁIS, TEREDES UNHA RICA SORPRESA!!!!!!!!!!!!!!

30 de xan. de 2012


Chega FEBREIRO coa celebración de SAN VALENTÍN. No lugar habitual de exposicións, deixamos unha selección de títulos que nos axudarán a expresar AFECTOS: amor, amizade...
QUE OS DISFRUTEDES!!!!









Ah!! e aquí vos deixo unha fermosa poesía que seguro que vos gustará moito!!!
CLICA CON CARIÑO:

26 de xan. de 2012

NOVO ASPECTO DO RECUNCHO DA LECTURA



Dende hai xa varios anos, temos, ó lado da Biblio un recuncho que demos en chamar RECUNCHO DA LECTURA.


                                       Nel temos revistas, algúns contiños, material feito polo alumnado...  Para que fose máis cómodo e que tivese mellor aspecto, vimos de remozalo. Puxemos unha alfombriña e mobles máis baixos, adaptados os nen@s. Tamén decoramos os azulexos, magnífica idea da profe ROSA!!

ATA LLE GUSTOU A PEPIÑO! MIRADE QUE CONTENTO ESTÁ!!!!



Polo que puidemos saber, parece que foi do agrado dos cativos!!!!

10 de xan. de 2012

DÍA DA PAZ


O 30 de xaneiro é o DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E NON VIOLENCIA ESCOLAR. Dende a Biblioteca, pómonos en marcha para commemoralo. Así que o primeiro foi selecionar unha chea de libros que baixo o título de LIBROS PARA A PAZ, temos expostos ó ladiño do noso Pepiño e que seguro que vos farán reflexionar moito.
Tamén vos deixamos uns LIM, xa sabedes, eses libriños cheos de actividades cos que tanto se aprende!

ENTRE TODOS CONSTRUIMOS A PAZ feito magnificamente por ANA MARTINEZ REY a que recurrimos tantas veces e que agradecemos eniormemente que comparta o seu traballo.

LIBRO COLABORATIVO SOBRE A PAZ  no que colaborou BELÉN JUNQUERA á que tamén recurrimos a miúdo e a que tamén agradecemos o seu esforzo.

Por último, engadimos a canción de MAMÁ CABRA: "O mundo é grande" que tan ben maquetou a nosa compañeira BELÉN JUNQUERA  CASA DE TOL@S e que cantaremos tod@s xuntos o día da PAZ.