16 de mar. de 2026

12 de mar. de 2026

retARTE reto 4

 Resolvemos o reto número 3.

E plantexamos un novo reto para esta próxima semana:


Como sempre, lembrade que o reto estará dispoñible aquí no blog e na pantalla da entrada do cole.

Animádevos a participar deixando a vosa resposta no buzón de retARTE na Biblioteca!


9 de mar. de 2026

NORMAS DE USO DE BIBLIOPEPIÑO EN HORARIOS DE TARDE

 Dende o equipo de biblioteca queremos facer un pequeno recordatorio de cales son as normas básicas de funcionamento da nosa Biblioteca durante as tardes. 

É moi importante que estas regras se cumplan para garantizar o bo uso do noso espazo así como de todos os recursos.

8 de mar. de 2026

8M

En BiblioPepiño conmemoramos o Día Internacional da Muller cunha pequena exposición de libros relacionados coa igualdade, o feminismo e as historias de mulleres que cambiaron o mundo. 

Un espazo para descubrir lecturas que inspiran, reivindican e dan voz.

Ademais, publicamos un novo capítulo de “Music of the World”, nesta ocasión dedicado ás mulleres cantantes que deixaron pegada na música en diferentes culturas e países.

5 de mar. de 2026

retARTE reto 3

Resolvemos o reto da semana pasada:


Adiviñáchedes?

Cada vez son mais as participacións na caixa de retARTE, pero aínda non son suficientes. 

Animádevos a participar no reto desta semana:



 

4 de mar. de 2026

PepiLecturas

 Deixámosvos as próximas reunións de PepiLecturas para este mes de marzo:


Nesta sesión compartiremos a final da historia de Rebecca/ Úrsula. Non a perdades!!!
Porque ademais presentaremos a nosa nova lectura: "Unha nova dimensión"
O grupo de maiores xuntarémonos para seguir a nosa constelación literaria, esta vez da man de Emily Brontë. Un clásico que non podía faltar nas nosas lecturas.





26 de feb. de 2026

retARTE reto 2

 Xa temos preparado o segundo reto de retARTE pero... antes de descubrilo, temos que ver a solución do reto número 1.


Sabíadelo?

Pois agora imos co segundo reto:


Lembrade


25 de feb. de 2026

DÍA DE ROSALÍA

 Cada 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía, unha data moi especial para a nosa cultura xa que rememoramos a figura e o legado de Rosalía de Castro, unha das voces máis importantes da nosa literatura e símbolo da identidade de Galicia.

En BiblioPepiño, esta conmemoración convertiuse nunha oportunidade para achegar o alumnado á súa obra e á súa figura desde unha mirada creativa e artística. 

Este ano fixémolo a través do proxecto de centro "Pinceladas na Sangriña", no que interpretamos o seu retrato en segundo diferentes artistas, relacionando a arte coa literatura e coa expresión emocional.


Ademáis o equipo de Dinamización de Lingua Galega grabou con varios alumnos/as do noso centro un poema de Rosalía de Castro en múltiples idiomas: francés, ruso, italiano, inglés...
 QUÉ MARABILLA!

14 de feb. de 2026

CAIXA DO AMOR

 Xa podedes escoitar todas as mensaxes bonitas que chegaron á: Caixa do amor durante este mes de febreiro.

Dúas voces misteriosas fixeron unha gravación especial para poder publicar esta tarde as vosas notas. 

Premede no botón a ver se algunhas destas mensaxes é para vos.

13 de feb. de 2026

DÍA DA RADIO

 Hoxe celebramos o Día da Radio, un medio que informa, acompaña, educa e crea comunidade. En Pepiño nas Ondas queremos poñer en valor a maxia das ondas, a forza da palabra e o compromiso de todas as persoas que fan posible que a radio siga viva cada día.

A radio é proximidade, é emoción, é participación. É unha xanela aberta ao mundo e, ao mesmo tempo, un espello da nosa comunidade.

Por iso, a vindeira semana faremos unha pequena homenaxe moi especial: entregaremos un agasallo aos nosos voluntarios e voluntarias de radio, de sexto de primaria, como mostra do noso agradecemento polo seu tempo, a súa ilusión e o seu traballo desinteresado. 

Sen eles e elas, Pepiño nas Ondas non sería posible.

Grazas por poñer voz aos nosos proxectos, por compartir historias e por manter viva a esencia da radio cada día. 

Editamos a entrada para ensinarvos as caras de emoción dos nosos/as colaboradores/as de sexto:


GRAZAS POLO VOSO TRABALLO!

12 de feb. de 2026

ENTROIDO CON MOITO ARTE

Hoxe vivimos momentos moi especiais vividos arredor do noso PDI: Pinceladas na Sangriña.

Entre as actividades desenvolvidas, a proposta de disfraces inspirados en obras de arte —incluída dentro dos Mandados do Meco— destacou pola súa orixinalidade e pola implicación de todas as familias.

 Cada creación amosa talento, esforzo e unha maneira única de interpretar a arte, transformando corredores e aulas nun verdadeiro museo cheo de vida.

Estas fotos son, sen dúbida, pinceladas da nosa historia recente: pequenas grandes obras de arte que reflicten o traballo, a colaboración e o entusiasmo que fan do noso centro un espazo onde aprender, crear e sentir.

11 DE FEBREIRO DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 O 11 de febreiro celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, unha data moi especial que nos invita a reflexionar sobre a importancia de promover a igualdade de oportunidades no ámbito científico desde as primeiras idades.

Dende o centro queremos contribuír a espertar vocacións, romper estereotipos e dar visibilidade ao papel fundamental das mulleres na ciencia ao longo da historia e na actualidade.

Para conmemorar este día, as rapazas axudantes de BiblioPepiño converteron a entrada do noso centro nun pequeno laboratorio cheo de curiosidade e ilusión. Durante a hora do recreo realizaron diferentes experimentos, compartindo co resto do alumnado descubrimentos sorprendentes e demostrando que a ciencia pode ser divertida, creativa e apaixonante.


Con iniciativas coma esta, fomentamos o interese pola investigación, o pensamento crítico e a participación activa das nenas e nenos no mundo científico, construíndo entre todas e todos unha escola máis igualitaria e chea de oportunidades.

11 de feb. de 2026

PepiLecturas

 As nosas Pepilecturas andan a tope!

Temos á vista numerosas xuntanzas para compartir impresións sobre as nosas lecturas.

O grupo de adultos reunirase o martes 24 de febreiro para falar de El misterio de la cripta embrujada.


Nos grupos de alumnado teremos dúas xuntanzas:


Animádevos a participar e compartir momentos de diversión entre letras!

6 de feb. de 2026

retARTE

 Á volta do entroido comezamos unha nova aventura:

Cada semana presentaremos un reto, que poderedes ver aquí no noso blog ou na pantalla da entrada do noso centro.

Os retos presentaránse os xoves e podedes resolvelos durante unha semana, é dicir, ata o xoves seguinte na hora do recreo.

Tras facer a vosas pesquisas cubride o papeliño e deixádeo na caixa correspondente!

Seredes uns auténticos especialistas en ARTE!

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

HABERÁ SORPRESAS!



4 de feb. de 2026

CAIXA DO AMOR

 No primeiro andar hai unha caixa moi especial…

Nela podes deixar:

🌈 unha mensaxe bonita
😊 algo que che gusta doutra persoa
💌 unha confesión amable
🤗 unhas palabras para facer sorrir

Ás veces, un pequeno papel pode facer un día moito mellor.
Anímate a escribir desde o corazón 💗

As palabras bonitas tamén son un agasallo.

31 de xan. de 2026

DÍA DA PAZ

 Onte, día 30 de xaneiro, conmemoramos o Día da Paz e a non violencia. Fixémolo todos/as xuntos/as e tivemos como como ingrediente principal a presentación do Guernica de Picasso.

Esta obra de arte foi elaborada polo alumnado de Cuarto de Primaria, os cales nos explicaron os motivos das súas liñas e esas cores tan escuras e tenebrosas.


Recibimos unha gran sorpresa a coñecer como sería o cadro de Picasso se no caso de ser unha reflexión sobre a Guerra fose unha reflexión sobre a paz e ledicia.


Parabéns polo voso traballo rapazas e rapaces, sodes uns grandes artistas!


Podedes ver o fin de festa  e a presentación das PAZTRULLAS clicando aquí para acceder á web do noso centro.