19 de xuño de 2024

UN COLE DE CONTO

Dende BiblioPepiño queremos dar lugar á presentación do producto final do noso proxecto anual de centro: Un cole de conto, a través da seguinte presentación interactiva podedes desfrutar de lugares máxicos e descubrir o rico e valorosos que poden ser os contos, as fábulas, os comics...

Agardamos que disfrutedes do noso traballo.

Dende o equipo de BiblioPepiño queremos agradecer a todo o alumnado e á integridade do claustro a súa implicación na realización deste proxecto. Sen vos non sería posible.

PEPILECTURAS: PECHADO POR VACACIÓNS

 O día 17 de xuño as alumnas e alumnos do Club de lectura de 3º, 4º e 5º de Primaria fixemos a nosa última reunión. Pero esta vez non había ningún libro de por medio, só comida e boa compañía.

Ao chegar á biblio tiñamos a comida esperando por nós, ademáis dun detalliño que nos prepararon as profes do club de lectura con moito agarimo.


Pasámolo xenial! 
Ogallá volver o próximo curso!!


4 de xuño de 2024

OBRADOIRO ILUSTRACIÓN

 A semana pasada disfrutamos dun obradoiro de ilustración da man de Xosé Tomás, escritor e ilustrador de numerosos libros que seguramente, pasaron polas vosas mans.

Coñecimos diferentes tipos de libros, así como o nome de todas as súas partes.

E descubrimos como nace unha idea sobre un libro que pasos dan os autores ata que o libro chega ás nosas mans.

Creamos historias fabulosas, sendo nos os autores.

Unha dela foi dun lobo, tímido, namorado dunha ovella, que viaxaba en autobús de tres pisos.


Aquí deixamos unha mostra xeral do ben que o pasamos aprendendo a crear e ilustrar en familia.


GRACIÑAS TOMÁS POR COMPARTIR O TEU COÑECEMENTO COA FAMILIA DE BIBLIOPEPIÑO!


VALORACIÓN DE BIBLIOPEPIÑO

Un ano mais precisamos da vosa axuda para seguir mellorando en BiblioPepiño.

Precisamos que nos adiquedes un par de minutiños para cubrir esta enquisa,  valorar e facer as vosas aportacións sobre todo o traballo desenvolvido ao longo de este curso 2023-2024.



3 de xuño de 2024

Pepilecturas: O detective de Nullarbor

As alumnas e alumnos do Club de lectura de 4º tiñan moitísimas ganas da terceira xuntanza do seu club.
A lectura elexida nesta ocasión foi "O DETECTIVE DE NULLARBOR " de Antonio Yáñez.

Ao chegar puxémonos cómodxs na biblioteca para poder falar sobre esta historia tan intrigante e facer algúns xogos relacionados con ela.
Desta vez o que máis divertido nos pareceu foi elaborar un guión para gravar un programa de Podcast sobre o libro.



Queredes escoitar o resultado? 
Ahí vai dende a nosa canle de Ivoox.

1 de xuño de 2024

AS FAMILIAS CONTAN

 O mes de abril e de maio estivo repleto de lecturas compartidas, foi realmente un "Cole de conto" no que as familias foron partícipes do achegamento de contos e aventuras a todos os nosos pequenos.

GRACIÑAS a todas e cada unha de vos!