23 de abr. de 2021

OS MESTRES TAMÉN LEMOS!

 MOI FELIZ DÍA DO LIBRO!

Para divertirnos cos contos e tamén rirnos un pouco cos/dos nosos mestres (shhhh non llo digades a eles☺) estivemos xogando a un xogo de adiviñas: De quen é este conto?


Así que os rapaces e rapazas do cole teñen que intentar adiviñar a que mestre pertence cada libro. 

E aquí están as respostas. Cantos acertos tedes?




Que teñades un DÍA DO LIBRO cheo de lecturas que vos leven a sitos máxicos, a vivir mil aventuras e descubrir feitos únicos e extraordinarios.

Porque ler regálanos alegría, sabiduría, diversión e aprendizaxe.


22 de abr. de 2021

XOVES, REMATE FINAL!

 E con moita mágoa a semana de contacontos rematou!

Hoxe foron os cursos de 5º e 6º de Primaria e os peques de 4 e 5 anos os que remataron esta semana de contacontos.

A profe María foi a encargada de  motivar e animar ás rapazas e rapaces de 5º a ler. Trouxo unha gran mostra de literatura para adolescentes que lles encantou e xa están devecendo por que a biblio do cole dispoña deles. Oído cociña!




Os maiores do colexio (6º de EP) escoitaron ben atentos aos contos  da recompilación "17 cuentos. Este loco mundo." que a mestra Diana lles narrou.


 

O profe Sergio, regaloulles unha sesión beeeeen chula os maiores de infantil (5 anos). Estiveron disfrutando do conto "Sopa verde" de Ángela Madeira . Encantoulles! Non sacaron ollo!






E por último, os cativos de 4 anos chegaron a tocar a Lúa da man da teacher Lorena e a través do conto "A que sabe a lúa?" de Michael Grejniec. Foi todo un éxito!!! E hai que dicir, que a lúa en boca das nosas pequenas e pequenos está boíííííísima: desde chocolate, a fresas con nata, queixo e ata patacas fritidas! Uuummmm...




Moitas grazas aos profes, sen vós estas marabillas non serían posibles.

E COLORÍN COLORADO, ESTE CONTO ESTÁ REMATADO!


21 de abr. de 2021

MÉRCORES DE CANTACONTOS

 QUE SIIIIII!

Hoxe non foron contacontos, hoxe fomos moito máis aló e os peques do cole tiveron a graaaan sorte de que a profe Isa lles cantara os contos da colección "Do berce á lúa" de Antonio Rubio: violín, piñeiro, crocodilo, a paxariña de papel, zapato...

Mirade, mirade a sesión de cantacontos tan divertida que tivo a cativada de 3 aniños de Ed. Infantil. 

Disfrutaron un montón!





MOITÍÍÍÍÍÍÍSIMAS GRAZAS PROFE ISA!

QUEDAMOS CON GANAS DE MÁIS ☺


20 de abr. de 2021

MARTES DE CONTACONTOS

OUTRA DE CONTOS, POR FAVOR!


Hoxe tiveron o placer de gozar dunhas lecturas súper divertidas e diferentes os rapaces e rapazas de 4º e 2º de Primaria.

A profe Paula foi a encargada de ler unha versión moi actualizada e moito máis en prol da igualdade do tradicional conto de Blancanieves ás rapazas e rapaces de 4º de Primaria. Un libro da serie "Érase dos veces... Blancanieves" de Belén Gaudes e Pablo Macías que ela mesma se encargou de ir narrando en galego, mellor aínda!



Os cativos de 2ºA tiveron unha sesión chea de adiviñas e risas da man do profe Eduardo, que ben o pasaron dándolle voltas aos miolos!



E as nenas e nenos de 2ºB tiveron unha lectura a cargo da teacher Linda, vestida a xogo co conto, que marabilla! O conto titúlase "A miña profe é un monstro!" de Peter Brown. Pero eeeeeeh! Que a nosa teacher non é ningún monstro, nin moito menos!




MOITAS GRAZAS POLAS SESIÓNS DE HOXE MESTRES!








19 de abr. de 2021

LUNS DE CONTACONTOS

 Arrancamos semana de contacontos!

Os nenos e nenas de 3º A tiveron unha lectura de adiviñas a cargo do mestre Gil, co libro: "Adiviñas de animais" de Gloria Sánchez.

Que ben o pasaron!




As nenas e nenos de 3º B pasárono en grande coa profe Ana e o conto "Rapunzel con piollos" de El Hematocrítico. A profe Ana é toda unha artista da interpretación, canto rimos!






E por último, pero non por iso menos importante e divertido, os cativos e cativas de 1º de Primaria tiveron a gran sorte de escoitar un conto tradicional da man da gran mestra Mari, "A ratiña presumida" de José Antonio López Parreño. 




MOITÍSIMAS GRAZAS PROFES!

CANTO CONTO E CANTA DIVERSIÓN!

15 de abr. de 2021

ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO LIBRO

A vindeira semana conmemoramos a Semana do Libro, e por iso desde BiblioPepiño queremos que nos ensinedes o orgullosos que estades dos vosos libros e contos e o importantes que son para vós.

Así que aquí van dúas propostas:

1-O MEU LIBRO FAVORITO


2-CONCURSO CARTEIS DÍA DO LIBRO


    Agardamos que vos gusten as propostas e vos animedes a participar!