Esta semana temos en BiblioPepiño obradoiros de arte, nos que estamos creando adornos para a nosa árbore inspiradas en diversos artistas: Mondrian, Frida Kalho, Van Gogh...
22 de dec. de 2025
15 de dec. de 2025
Xogos en familia
Un ano máis a Xornada de Xogos en Familia, foi todo un éxito!
Deixámosvos unha pequena mostra de todo o que disfrutamos esta tarde, compartindo coas nosas familias xogos, risas e unha merendola rica.10 de dec. de 2025
XOGOS EN FAMILIA
Este sábado, achégate á Bibliopepiño e pasa unha tarde diferente gozando de xogos para todas as idades.
Un plan perfecto para compartir tempo de calidade, coñecer novos xogos e vivir a biblioteca dun xeito distinto.
Teremos xogos de mesa, risas, cooperación e moitos bos momentos
AGARDÁMOSVOS!
3 de dec. de 2025
SAÍDA MOCHILAS VIAXEIRAS
ATENCIÓN!!!!
Véñense novas!!!!
Este venres sairán cara as vosas casas as mochilas viaxeiras de BiblioPepiño.
Como xa é habitual poderán estar convosco durante unha semana, tempo no que rotarán por todo o alumnado que decidiu participar nesta actividade.
Dentro das mochilas atoparedes:- Unha película en DVD.
- Un xogo para desfrutar en familia.
- Libros de diferentes tipos de textos: banda deseñada, poesía, narrativa, información documental...
- Un libriño relacionado coa arte, proxecto anual do noso centro.
- Caderno de arte, buscando a vosa colaboración para poder abrir a nosa galería de arte.
- Caderno de valoracións, anónimo, xa que para nos é moi importante poder mellorar e coñecer as vosas impresións e suxestións para seguir adaptándonos aos vosos intereses.
AGARDAMOS QUE AS GOCEDES!
23 de nov. de 2025
FALARTE
APADRIÑAMENTOS LECTORES
O xoves conmemoramos o Días dos dereitos dos nenos, recollidos na Convención sobre os Dereitos da infancia, garanten que todas as nenas e nenos poidan medrar nun entorno seguro, respectuoso e cheo de oportunidades.
Entre estes dereitos, o dereito á educación ocupa un lugar fundamental, pois permite que cada menor desenvolva plenamente as súas capacidades, acceda ao coñecemento e participe de forma activa na sociedade.
Cos apadriñamentos lectores axudamos a favorecer o crecemento persoal e colectivo, asegurando que cada neno e nena se sinta valorado, acompañado e con dereito a aprender.
PASÁMOLO XENIAL!
14 de nov. de 2025
NOVEMBRO MES DA CIENCIA NAS BIBLIOTECAS
12 de nov. de 2025
PEPIÑO NAS ONDAS 25-26
Pepiño nas ondas, retomas as súas retransmisións, neste novo curso 2025-2026:
Xa tedes dispoñibles dous novos capítulos, lembrade que podedes entrar no Ivoox para escoitalos ou pinchando nos enlaces que compartimos a continuación:
Crónica deportiva:
5 de nov. de 2025
CINE EN BIBLIOPEPIÑO
Estimados/as espectadores/as:
Temos o placer de informarvos de que xa está publicada a cartelera para as proxeccións de inverno 2025.
A próxima semana poderemos desfrutar de cine en familia, para os mais pequenos e de dous pases de película para o alumnado de primaria.
O venres entregaremos as entradas, dispoñibilidade ata completar aforo.
Agardámosvos!
31 de out. de 2025
24 de out. de 2025
PEPILECTURAS ALUMNADO
O alumnado de cuarto, quinto e sexto de primaria, tivo esta semana a súa primeira reunión de Pepilecturas.
Nela coñeceron a Ana, a profe que se encargará de dinamizar e dirixir as sesións de lectura durante este curso. E tiveron o primeiro contacto coas lecturas propostas para comezar.
Ademais recibiron un pequeno agasallo, moi práctico no que poder facer todas as anotación pertinentes do club.
23 de out. de 2025
APÓCEMA MONSTRUOSA
Obradoiro de apócema monstruosa para o alumnado de terceiros e cuartos de primaria.
A nosa receita precisa moita precisión para obter resultados extraordinarios.
Medimos e trasvasamos líquidos, mexturamos... e tras facer un bo conxuro....14 de out. de 2025
FORMACIÓN PARA FAMILIAS
Esta tarde compartimos unha sesión de formación con diversas familias da nosa comunidade educativa.
Que é koha, onde escoitar os programas de Radio na biblio, como facer suxestións...
Deixamos a presentación por si queredes facer un repasiño dende as vosas casas.
9 de out. de 2025
APERTURA BIBLIOPEPIÑO
Temos o pracer de anunciar que o próximo día 13 BiblioPepiño abrirá as súas portas.
Os horarios son os habituais: luns e xoves de 8:20 a 8:35 para infantil e primeiro ciclo de primaria, acompañados de familias, e luns, mércores e xoves en horario de 15:30 a 17:30.
Como xa ven sendo habitual o martes 14 ás 16:30 teremos unha pequena charla para darvos a coñecer o funcionamento de BiblioPepiño.
7 de out. de 2025
MONSTRARTE
Este ano BiblioPepiño prepara unha exposición moi especial…
UNHA EXPOSICIÓN FANTASMAGÓRICA!
As paredes do noso centro están baleiras, os marcos agardan, e as pantasmas da arte rondan en busca de inspiración de cores, formas e sustos.
Onde están as meigas, os monstros e as cabazas?
Vós debedes representalos xa que sodes os verdadeiros artistas!
Creade as vosas obras, para encher a galería: debuxos, pinturas, colaxes ou creacións arrepiantes inspiradas no Samaín. Non hai límites para a imaxinación: poden ser escenas misteriosas, retratos de criaturas espeluznantes ou paisaxes encantados.
Cando todas as obras cheguen, tedes ata o martes 21 de outubro, as paredes cobrarán vida e abriremos as portas de
3 de out. de 2025
FORMACIÓN DE BIBLIOTECA PARA O VOLUNTARIADO
Un ano mais antes de que BiblioPepiño abra as súas portas precisamos que os nosos axudantes estén formados, coñezan a CDU e identifiquen como colocar, prestar e xestionar a biblioteca.
Esta mañá un grupo de 20 alumnos/as de quinto e sexto de primaria recibiron a súa formación.
Lembramos os seguintes aspectos, facendo fincapé nas diferentes funcións:30 de set. de 2025
FORMACIÓN DE BIBLIOTECA PARA CLAUSTRO
A organización de BiblioPepiño é fundamental para que todo comece a andar.
Os mestres do cole recibiron formación para coñecer como está organizada a biblio, como se fan préstamos e devolucións en koha...
Aquí queda a "chuleta" por si é necesaria.
Ademáis da xestión presentamos e coñecimos novos materiais que poderán usarse nas diferentes titorías.
9 de set. de 2025
PEPILECTURAS ALUMNADO
Hoxe o alumnado de cuarto de primaria, quinto e sexto, leva a autorización para participar no club de lectura.
As reunións serán celebradas en horarios de tarde, como xa é habitual, intentando contar coa maior disponibilidade do alumnado. Tedes ata o día 13 para devolver dito documento asinado.
En caso de pérdida podedes descargar a autorización premendo na seguinte imaxe:
Lembramos que o club de lectura é unha actividade que axuda a disfrutar da lectura compartida, intercambiando puntos de vista a dando a coñecer diversos tipos de textos. Esta actividade potencia o desenvolvemento crítico, a empatía e a creatividade do alumnado.3 de set. de 2025
PEPILECTURA DE ADULTOS
Boa tarde familias!
As PepiLecturas para adultos comezan as súas andanzas.
Para formar parte de esta marabillosa familia tedes que cubrir o seguinte formulario:Queremos lembrar que o Club de Lectura é unha iniciativa aberta a todas as familias da nosa comunidade educativa na que cada mes, aproximadamente, seleccionaremos un libro. Ao final do mes, reunirémonos para compartir as nosas opinións, recomendacións e reflexións sobre o libro elixido.
Este é un espazo para gozar dos libros sen presións, para intercambiar ideas e, sobre todo, para disfrutar do pracer de ler xuntos. É unha actividade que non só fomentará o amor pola lectura, senón tamén a comunicación e o sentido de comunidade entre as familias da nosa escola.
¡Agardamos que vos unades a esta marabillosa iniciativa! Non importa se es un lector habitual ou se estás a comezar a descubrir o mundo dos libros, o importante é compartir o pracer de ler e facer deste club unha experiencia enriquecedora para todos.
16 de xuño de 2025
SABOOORRRR!!!
PEPILECTURAS ALUMNADO
O pasado venres a rapazada de Pepilecturas desprazouse a Baiona para desfrutar dunha sesión de lecer!
Durante a mañá visitaron a réplica da carabela Pinta.8 de xuño de 2025
PEPILECTURAS familias
Pepilecturas de familias está a piques de pechar por este curso.
No seguinte video podemos demostrar que foi un ano cargado de grandes lecturas e o máis importante, cargado de grandes conversas e emocións compartidas.
Pero antes de rematar faremos unha nova quedada para recomendarnos lecturas frescas para este verán.
Queredes saber cales serán? Estade atentos/as!
VOLVEMOS EN SETEMBRO!
5 de xuño de 2025
PRÉSTAMO DE VERÁN 2025
Hoxe o noso alumnado leva a autorización para participar no préstamo de verán para este ano 2025.
O prazo para devolver a autorización asinada remata o martes 10 de xuño.
A devolución dos libros levados en préstamo realizarase no mes de setembro os días 3, 4ou 5, antes de comezar a actividade lectiva.
Desfrutade moito das lecturas!
4 de xuño de 2025
AS FAMILIAS CONTAN!
Un ano mais as familias entraron nas nosas aulas para compartir lecturas co alumnado do cole, dentro do noso programa: AS FAMILIAS CONTAN
É unha ledicia ver como a nosa rapazada se emociona cando o seu pai, a súa nai, avoa, curmá... ven ao cole a compartir con nos unha historia dos andeis das súas casa.
OBRADOIRO DE IMPRESIÓN 3D
Durante o mes de maio o alumnado de cuarto a sexto de educación primaria participou nun obradoiro de impresión 3D.
Cada alumno diseñou o seu chaveiro no programa Tinkercad e posteriormente imprimimos na nosa impresora Creality obtendo estes marabillosos resultados.2 de xuño de 2025
MIGUEL ALONSO EN PEPILECTURAS 4º de Primaria
O alumnado de Pepilecturas tivo a sorte de compartir con Miguel Alonso Diz unha xornada relacionada co seu club de lectura.
Miguel Anxo é o autor do libro:
E durante unha horiña explicoulle á nosa rapazada como xurdiu este libro.
A sesión rematou cunha entrevista en "Pepiño nas Ondas" que podedes escoitar no noso iVoox.
MIGUEL, GRAZAS POLA TÚA AMABILIDADE E SIMPATÍA!
VÉMONOS PRONTIÑO!




.png)









.png)









.png)













.jpg)
.png)
).png)

