Na seguinte sesión cada Club gravou o seu vídeo:
As nenas e nenos de 3º gravamos:
A noite dos animais de Agustín Fernández Paz.
Na seguinte sesión cada Club gravou o seu vídeo:
As nenas e nenos de 3º gravamos:
A noite dos animais de Agustín Fernández Paz.
Rematamos o curso cunha actividade centrada na conexión familiar.
O día 20 de xuño disfrutamos dunha sesión de Ioga en familia da man de Samantha.
GRACIÑAS SAMANTHA!
Os maiores do club de lectura rematamos as nosas xuntanzas cun broche de ouro.
Puxemos en común as nosas impresións sobre a vida deste home que se decidiu a percorrer un pouquiño mais de mundo cos seus 100 anos.
E a maiores e como colofón final xogamos a un Kahoot sobre os distinto libros lidos durante este curso 2022-2023:
Graciñas familias por toda a vosa colaboración e amabilidade!
Rematamos o curso cun obradoiro de conexión en familia.
Se estades interesados en participar anotádevos en este formulario:
Estimadas familias.
Como sabedes este venres BiblioPepiño pecha as súas portas, para prepararse para o préstamo de verán, recargar enerxías e poder iniciar un novo curso cheíño de novas aventuras.Pero antes de marchar queremos pedirvos un ratiño do voso tempo para facer unha breve valoración sobre as diferentes actividades desenvolvidas durante este ano e así poder mellorar en próximos cursos.
Rematamos o curso e é tempo de reflexionar sobre todo o traballo feito neste curso 2022-2023.
Agradecemos enormemente a vosa colaboración cubrindo esta breve enquisa para poder mellorar e seguir medrando o próximo curso.
E pasiño a pasiño, chegamos ao final... casi final de curso e si, final do noso Proxecto de Centro.
Aquí tedes o resultado do traballo de investigación de todo o curso, de todo o alumnado do centro.
Unha guía audiovisual da nosa vila: A GUARDA.
Agardamos que a disfrutedes e que a compartades con toda a xente que queira coñecer un pouco máis o noso pobo.
NOTA: Para acceder á información debedes premer nos diferentes + que aparecen na imaxe.
Os meses de abril, maio e xuño, estiveron de momentos en familia, nos que moitos vos quixéchedes compartir con nos as vosas historias.
Sen a vosa colaboración todas estas propostas non sería posibles.
GRACIÑAS