Esta semana temos en BiblioPepiño obradoiros de arte, nos que estamos creando adornos para a nosa árbore inspiradas en diversos artistas: Mondrian, Frida Kalho, Van Gogh...
22 de dec. de 2025
15 de dec. de 2025
Xogos en familia
Un ano máis a Xornada de Xogos en Familia, foi todo un éxito!
Deixámosvos unha pequena mostra de todo o que disfrutamos esta tarde, compartindo coas nosas familias xogos, risas e unha merendola rica.10 de dec. de 2025
XOGOS EN FAMILIA
Este sábado, achégate á Bibliopepiño e pasa unha tarde diferente gozando de xogos para todas as idades.
Un plan perfecto para compartir tempo de calidade, coñecer novos xogos e vivir a biblioteca dun xeito distinto.
Teremos xogos de mesa, risas, cooperación e moitos bos momentos
AGARDÁMOSVOS!
3 de dec. de 2025
SAÍDA MOCHILAS VIAXEIRAS
ATENCIÓN!!!!
Véñense novas!!!!
Este venres sairán cara as vosas casas as mochilas viaxeiras de BiblioPepiño.
Como xa é habitual poderán estar convosco durante unha semana, tempo no que rotarán por todo o alumnado que decidiu participar nesta actividade.
Dentro das mochilas atoparedes:- Unha película en DVD.
- Un xogo para desfrutar en familia.
- Libros de diferentes tipos de textos: banda deseñada, poesía, narrativa, información documental...
- Un libriño relacionado coa arte, proxecto anual do noso centro.
- Caderno de arte, buscando a vosa colaboración para poder abrir a nosa galería de arte.
- Caderno de valoracións, anónimo, xa que para nos é moi importante poder mellorar e coñecer as vosas impresións e suxestións para seguir adaptándonos aos vosos intereses.
AGARDAMOS QUE AS GOCEDES!




.png)

