25 de feb. de 2024

III EDICIÓN DE XOGOS EN FAMILIA - GRAZAS!

 Queremos facer un agradecemento a todas as familias que onte pasáchedes por BiblioPepiño para compartir un anaquiño do voso tempo cos mais pequenos e xogar. 

Xogar cos vosos fillos e fillas é compartir tempo de calidade con eles, e ademais os xogos de mesa activan e potencian diversas habilidades e destrezas que van a influir positivamente no proceso de ensinanza-aprendizaxe,

Aquí queda un mostra do ambiente que tivemos en BiblioPepiño e das caras de felicidade de todos os asistentes.


ATA A PRÓXIMA!

23 de feb. de 2024

INAUGURACIÓN RECUNCHO CREATIVO

Este mes a nosa biblioteca amplía horizontes e inaugura un novo espazo onde, ademais de ler e descubrir historias, tamén se pode imaxinar, construír e crear sen límites

Nace así o Recuncho Creativo, un lugar pensado para que o alumnado desenvolva habilidades de construción, experimentación e pensamento artístico a través do xogo.

Aquí atoparedes materiais tan estimulantes como LEGO, Kapla, Imanix ou Duplo para os máis pequenos, que invitan a investigar formas, volumes e estruturas mentres favorecen a colaboración, a resolución de problemas e a creatividade en estado puro.

Este recuncho está deseñado para que cada neno e nena poida explorar ao seu ritmo, deixar voar a súa imaxinación e transformar pequenas pezas en grandes ideas. 

A biblioteca convértese así nun espazo máis vivo, máis aberto e máis creativo, onde aprender é unha aventura que medra entre as mans.

Agardámosvos para construír, crear e soñar xuntos!

22 de feb. de 2024

OBRADOIRO DE LETTERING

 O grupo de terceiro A xa pudo disfrutar do obradoiro de Lettering da man da mestra Angie.

Foi todo un éxito!



SEGUINTE GRUPO PREPARADO!!!!


OBRADOIROS DE LETTERING

Este ano temos unha gran novidade! 

Aínda non te enteraches?

Temos obradoiros de Lettering no recreo, estarán impartidos pola mestra Angie e poremos á vosa disposición todo o material necesario para poder disfrutar ó máximo da vosa creatividade.

Aquí vos deixamos os horarios dos diferentes grupos para este trimestre.
Xa temos todo preparado para a primeira sesión... alguén nos dixo que os rapaces e rapazas de terceiro están desexando que chegue a hora do recreo...

Vémonos no recreo!
Se queredes seguir practicando para mellorar as vosas artes aquí podedes descargar o caderno de BiblioPepiño.


20 de feb. de 2024

III EDICIÓN XOGOS EN FAMILIA

Este sábado celebraremos en BiblioPepiño a terceira edición de xogos en familia.


Vémonos a partir das 17:00 en BiblioPepiño, estaremos ata as 19:00 disfrutando dunha marabillosa tarde de xogos en familia.

Tes mellor plan para unha tarde de chuvia?

AGARDÁMOSVOS!