28 de xan. de 2016
25 de xan. de 2016
LEMOS POLA PAZ
Estamos na
semana por excelencia da Paz. Pero, non
esquezas" todos os días temos que tentar seguir súa procura.
Ao longo desta
semana, iremos traballando a Paz de diferentes xeitos e remataremos o venres Conmemorando
o Día da Paz todos xuntos.
E coma sempre,
un recuncho cheíño de libros que podedes levar para a aula, para ler no recreo,
na hora de ler.... Esta é unha mostra, pero, temos máis!
Non deixedes de pasar pola biblio!
Non deixedes de pasar pola biblio!
CEIP A Sangriña on PhotoPeach
E para comezar deixámosvos este vídeos. Reflexionade sobre eles!
E
18 de xan. de 2016
ASÍ QUEDOU O RECUNCHO DE GREG
A pasada semana descubrimos un novo recuncho na biblioteca.
Todos queriades coller os libros, eses que tanto esperabades,
os Diarios de Greg. Estabades impacientes por levalos en préstamo e pedímosvos
un pouquiño de paciencia, e unha semana para que todos puiderades velos.
Xa pasou a semana acordada e.... mirade o que pasou hoxe
nos cinco primeiros minutos do recreo!
Un auténtico éxito o recuncho de Greg!!! Seguide desfrutando e lendo!!!
17 de xan. de 2016
RECURSOS PARA TRABALLAR A PAZ
O vindeiro día 30, é o Día escolar da Paz e Non
Violencia.
Celébrase nesta data por coincidir co
asasinato do Lider Nacional e Espiritual da India, o Mahatma Gandhi no ano
1948.
Gandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en
dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a
discriminación de que eran obxecto os indios. Ao volver á India organizou a
resistencia non violenta contra o colonialismo e a non cooperación coa
administración inglesa. Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns.
Encarcerado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder dun movemento
independentista capaz de mobilizar ou deter a millóns de indios.
Por outra banda, tamén celebramos nesta xornada o Día Escolar da Non-Violencia e da Paz. Este foi fundado en 1964 polo
Inspector de Ensino Lorenzo Vidal. É definida como unha xornada educativa
de pacificación, co fin de levar aos educandos polo
medio da reflexión persoal ao descubrimento da mensaxe fundamental de que
"o amor é mellor que o odio, a Non-violencia mellor que a violencia e a
paz mellor que a guerra" (Vidal, 1972).
Se queres saber máis bótalle unha ollada a esta preentación
Aquí atoparedes algúns recursos rapaces!!!
E os profes tamén!
13 de xan. de 2016
PREPARANDO O DÍA iNTERNACIONAL DA PAZ
Pasado o Nadal, e a primeira semana despois das
vacacións, a seguinte data marcada no calendario escolar, é o Día da Paz, 30 de
xaneiro.
O Equipo de biblioteca dedicará esta e as próximas
entradas a recordar esta data tan sinalada.
Esta primeira entrada vai estar dedicada a poesía da autora Gloria Fuertes. Os seus versos
achégannos a un problema co que nos atopamos todos os días: a fame.
A fame é unha das formas máis crueis de violencia,
debemos reflexionar sobre ela e tentar unha solución .
" NIÑOS DE SOMALIA"
Yo como
Tú comes
Él come
Nosotros comemos
Vosotros coméis
Ellos no!
Gloria Fuertes
EL NIÑO SOMALÍ
pero no me
duele la espalda.
hoy sólo me
duele la mirada,
de ese niño
Somalí.
Es un niño
que no tiene nada.
Niño sin
juguetes, sin comida,
sin agua.
Estuve allí,
y le dije al
niño Somalí:
- Te traigo
unos cuentos.
Y el niño me
dijo con la mirada:
yo no estoy
para cuentos,
ni para
nada.
Hoy tampoco
estoy para versos
porque me
duele la mirada
de ese niño de Somalia.
Es un niño
que sólo tiene moscas
en los ojos
y en los labios secos.
Son de
esas moscas
que sólo
pican a los muertos.
Gloria Fuertes
12 de xan. de 2016
DESCUBRIMOS A SORPRESA!!!
Nada máis chegar das vacacións de Nadal, anunciamos unha sorpresa.
Hoxe, na hora do recreo, fuchedes moitos os que vos achegastéis a descubrila.
Sabiamos o moito que vos gustaban estes libros, por iso , decidimos mercar... dúas coleccións!!!
Agora xa sabedes , a sorpresa era..... Un novo recuncho:
O RECUNCHO DE GREG.
Esperamos que desfrutedes moito, moito coa lectura deste libros!!!
Estade atentos! En breve, teredes que facer algunha cousiña cos diarios de Greg
Hasta a próxima! Vémonos lendo!!!
Hoxe, na hora do recreo, fuchedes moitos os que vos achegastéis a descubrila.
Sabiamos o moito que vos gustaban estes libros, por iso , decidimos mercar... dúas coleccións!!!
Agora xa sabedes , a sorpresa era..... Un novo recuncho:
O RECUNCHO DE GREG.
Esperamos que desfrutedes moito, moito coa lectura deste libros!!!
Estade atentos! En breve, teredes que facer algunha cousiña cos diarios de Greg
Hasta a próxima! Vémonos lendo!!!
10 de xan. de 2016
NOVIDADES : ANINOVO, LIBROS NOVOS
Na entrada
anterior decíamos: XA ESTÁN AQUÍ!
Pero, pediámos un pouquiño de tempo para facer o noso traballo.
Agora si, xa temos estos preparados
Pero, pediámos un pouquiño de tempo para facer o noso traballo.
Agora si, xa temos estos preparados
Aquí os tedes!!!
Invitámosvos a botarlles unha ollada, a tocalos, a ver as ilustracións, a
ver cal vos gusta máis, a comentar cos compañeiros....
BIBLIOPEPINHO CEIP A SANGRIÑA on PhotoPeach
Pero aínda non os podedes levar a casa en préstamo. Estaredes preguntando por que?
Moi sinxelo, para que todos teñades tempo de descubrir as
novidades.
A partires do luns da vindeira semana... a por eles!!!
Non esquezades pasar o luns , na hora do recreo, pola biblio. Descubrimos a sorpresa!!!
7 de xan. de 2016
ANINOVO, LIBROS NOVOS!!
Xa estamos de volta e aninovo, libros novos!!!
Queremos informarvos que temos
unha morea de libros novos na biblioteca. Algúns deles son as recomendacións que fixemos no
calendario Advento.
Recordades cales eran?
Seguro que vos estades
preguntando cando os podedes levar en préstamo.
Contámosvos os pasos que
debemos dar antes de que os poidades levar a casa. Antes de polos a vosa
disposición temos que facer algunhas tarefas:
Ø REXISTRALOS, é dicir, asignarlles un número de entrada
para distinguilo.
Ø SELALOS, para identificalos como propiedade da
biblioteca.
Ø CATALOGALOS, para identificalos e acceder a eles
rapidamente.
Ø FORRALOS, para que non se estraguen.
Ø ETIQUETALOS, por etiquetas no lombo e na portada.
Como vedes temos un pouquiño de
traballo, pero non vos preocupedes o importante é que XA ESTÁN AQUÍ!
Próximamente poderedes desfrutar deles e con eles!!!
SORPRESA NA BIBLIO!
Ola rapaces!
Comezamos un novo trimestre preparando unha sorpresa na biblio!
Non deixedes de vir a descubrila a partires do luns!!!
Esperámosvos!!! Seguro que vos vai a encantar!!!
5 de xan. de 2016
FELIZ NOITE DE REIS
Hoxe, todos a durmir cediño que andan cerquiña....
E... por se non vos entra o soño, este libro para ler!
Escoitade esta cantiga de Mamacabra. Xa me tardan eses Magos
Feliz Noite de Reis!
E... por se non vos entra o soño, este libro para ler!
Escoitade esta cantiga de Mamacabra. Xa me tardan eses Magos
Feliz Noite de Reis!
3 de xan. de 2016
CERVANTES XA É UNHA ESTRELA
Os alumnos de terceiro de primaria, o curso pasado, estiveron participando no Proxecto Colaborativo" O Quixote coas Tic"
Durante o primeiro trimestre deste curso traballaron nun novo proxecto: Unha viaxe polo Universo.
Mentras estaban investigando, descubriron que se poñía en marcha unha campaña para porlle nome a un novo sistema solar. O nome proposto para a nova estrela era CERVANTES e aos planetas que a orbitan: QUIXOTE, DULCINEA, SANCHO E ROCINANTE.
Seguiron a campaña, votaron e agora queren compartir esta xenial nova.
Pinchade na imaxe para saber máis
Durante o primeiro trimestre deste curso traballaron nun novo proxecto: Unha viaxe polo Universo.
Mentras estaban investigando, descubriron que se poñía en marcha unha campaña para porlle nome a un novo sistema solar. O nome proposto para a nova estrela era CERVANTES e aos planetas que a orbitan: QUIXOTE, DULCINEA, SANCHO E ROCINANTE.
Seguiron a campaña, votaron e agora queren compartir esta xenial nova.
Pinchade na imaxe para saber máis
2 de xan. de 2016
SOÑANDO POLO NADAL
Neste Nadal queremos soñar un mundo sen guerras, sen loitas, sen violencia, sen fame. Queremos soñar un mundo onde os nenos vivan felices,e imos soñar.... que este soño se faga realidade!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)