A terceira vai a vencida!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
As mestras e mestres que formamos o Equipo da Biblioteca Escolar estamos orgullosos de comunicarvos que coa mesma ilusión de todos os anos (pero cun presuposto un pouco máis alto, que axuda moito!) imos levar a cabo o noso proxecto para a Biblioteca Escolar.
Queridos nenas e nenos: PECHAMOS POR VACACIÓNS. Imos disfrutar tod@s dun merecido descanso. Iso si! Non vos esquezades de LER MOITO E TODOS OS DÍAS. Aquí vos deixo un par de direccións para que disfrutedes un pouco: 1) Esta é a proposta que fan dende a Junta de Castilla y León para este verán. (CLICAR ENCIMA E ACCEDEREDES Á PÁXINA) ABIERTO POR VACACIONES
2)Estes son uns libriños interactivos cheiños de actividades (CLICAR ENCIMA) http://www.educalim.com/biblioteca/
AQUÍ VOS DEIXAMOS AS NOSAS RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN.
"NOSAS":TODO O PROFESORADO DO CENTRO COLABOROU PARA ACHEGARVOS ESAS LECTURAS DAS QUE ESTAMOS SEGUROS QUE DISFRUTAREDES.
Con moita satisfación, queremos publicar que, durante os meses de verán, estará exposto no MUSEO DE SANTA TREGA sito no MONTE TREGA unha pequena mostra do traballo no que boa parte do alumnado e profesorado do Centro, estivemos mergullados este último trimestre: OCASTRO DE SANTA TREGA.
Damos as grazas ó Concello da Guarda e moi especialmente, ó persoal do Museo pola axuda e colaboración prestada para facer realidade esta exposición.
INVITAMOS ÁS FAMILIAS A ACHEGARSE ATA ALÍ E DISFRUTAR DESTES TRABALLOS.!!!!
Aquí deixamos en imaxes o resultado das nosas investigacións. A principios do 2º trimestre unimos esforzos e con distintas formas de traballar, xurdiu este proxecto.
Nós estamos moi orgullosos e esperamos que a vós vos guste moito.
Dentro do proxecto do CASTRO DE SANTA TREGA que impulsa a Biblio, achegamos esta investigación sobre as vivendas castrexas feita polo alumnado de 6º A. Eles disfrutaron e aprenderon moito.