17 de dec. de 2015

PENÚLTIMO DESTAPE!!!

Xa estamos chegando ao final do noso calendario de adviento!

 Hoxe, día 17 destapamos a penúltima 

recomendación?

Que  nos terá agochado o número 17?

Para que idade irá destinada esta recomendación?


Vamos a descubrilo!





Recomendámolo como libro co que 

gozar varias veces, sorprenderse, 

rir e soñar.



Trátase de Ola, adeus. 

Os contrarios nun álbum máxico, de Delphine Chedru, traducido por Xosé Ballesteros e editado por Kalandraka.


Nada do que contemos aquí lle fará xustiza a ter o libro entre as mans e experimentar as caras de abraio e risos que provoca.

É un libro para degustar coas persoas pequeniñas que nos rodean. As súas pupilas dilatan, corren a contarnos que hai máis vida que a que se ofrece ao levantar as tapas duras e eses tons pasteis en azul e vermello. E ao abrilo... atopamos un álbum diferente que vén con dous filtros, un vermello e outro azul.

Segundo miren cos seus olliños, atoparán en cada imaxe cousas miúdas e cousas grandes, a diferenza entre seco ou mollado, verán e inverno, lixeiro e pesado, moite ou día, ola e adeus....

Podemos falar dunha ferramenta básica para traballar contrarios dentro da aula, para que as nosas nenas entendan os significados, e ao mesmo tempo, ofrece unhas ilustracións ricas e gorentosas en detalles, cunhas liñas de trazado perfecto,  logrando un xogo máis que completo de interacción.



Ola, adeus, os contrarios nun álbum máxico fai honra ao seu nome, non engana, trátase dun álbum do que namorar pola súa edición coidada, polo valor que lle dá á imaxe, polo poder do sorriso que provoca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario