28 de set. de 2013

E NO OUTONO....CHEGA A VENDIMA!!!!

*Para comenzar un pouco de información (en grande nas catro flechas):



*Pómoslle música da man do grupo TREIXADURA:




*En forma de poesía que fixo a profe BERTA CASTRO

Canto para a vendima do Rosal


Este cantar da vendima
Este cantar vendimeiro,
Este cantar da vendima
É un cantar rosaleiro.


Vendima vendimadora
Na vendima do Rosal,
Vendimade e comer uvas
Que outra cousa non vos hai.


Bota viño taberneiro
Bota viño do Rosal,
Bota viño taberneiro
Que é do mellor que hai.


Treixadura, albariño
Caíño e tamén loureiro
Fan que O Rosal teña un viño
Famoso no mundo enteiro.


Vendima vendimadora
Vendima uvas pra cesta,
Que ó acabar a vendima
Faremos una gran festa.



* En imaxes,inicio da vendima no veciño concello do Rosal

26 de set. de 2013

MÁIS COUSIÑAS DE OUTONO


A profe Dolores do CRA de Bergondo, compate con nós estes POEMAS DE OUTONO (en grande nas catro flechas)



Outro precioso Lim de Ana Martinez  OUTONO




POEMAS DE OUTONO recollidos no cole anos atrás para que os recordedes.

24 de set. de 2013

O OUTONO CHAMA Á PORTA


E o outono chamou á nosa porta...os días son máis curtos, vai máis frío, sopra o vento...
Chega o tempo das castañas, as noces e a vendima. As follas das árbores mudan a súa cor e pasan a ser douradas, vermellas...e comenzan a caer...


Empezamos visionando unhas fermosas imaxes de paisaxes de outono, Vivaldi acompáñanos na visita coa súa música.



Agora un libriño que descubrín grazas á profe ANA MARTINEZ REY




E como non, uns LIM (Libriños interactivos):

PARA OS MÁIS PEQUECHOS  feito estupendamente como nos ten acostumados pola profe ANA MARTINEZ REY
PARA OS MAIORES porque os informa de moitas cousas que lles apetecerá coñecer

E agora uns....XOGOS DE OUTONO Para que os máis pequechos aprendan vocabulario relacionado co outono.


19 de set. de 2013

ONDE ESTÁ O NOSO MOUCHO?

Cando entrastes no cole, despois das vacacións, non botastes a alguén en falta na entrada?...Claro!! falta Pepiño!!!     ONDE ESTARÁ???


El tamén tiña necesidade de descansar, así que fixo unha viaxe para buscar novas cousas para a Biblio. Como vedes nas fotos, estivo camuflado mirando atentamente cos seus ollazos e buscando....


Tanto buscou que chegou algo estropeado e tivo que pasar polo taller que para o seu arranxo montaron as profes ANA e CARMEN que como vedes na foto, empregáronse a fondo na tarefa...pero merecería a pena?... 


PRONTO O VEREDES!!!!, TEDE UN POUCO DE PACIENCIA!!!               

17 de set. de 2013

"OINK", A NOVA REVISTA

Dende este mes de setembro, os nosos pequechos van disfrutar dunha nova revista "Oink" do Xabarín Club, destinada a rapaces de entre 6 e 15 anos. Inicia a súa cita mensual chea de historias, actividades e banda deseñada. Como vedes na foto, e o propio Xabarín o que a presenta na súa portada dende....o espazo!!


PODEDES DISFRUTALA NA BIBLIOTECA!!

11 de set. de 2013

VISITA VIRTUAL Ó CASTRO DE SANTA TREGA

E como vivimos na Guarda, non podemos deixar de mostrar esta marabilla que aparece no MUSEO VIRTUAL DA CULTURA CASTREXA. Invitámosvos a visitar aínda que sexa virtualmente o noso CASTRO DE SANTA TREGA.



QUE O DISFRUTEDES!!!

7 de set. de 2013

FELIZ VOLTA ÁS AULAS!!

Acabáronse as vacacións, voltamos con moita ilusión para emprender novos proxectos e con moitas novidades que iredes vendo pouco a pouco...

Aquí vos deixamos este video para comenzar

A nosa compañeira ANA MARTINEZ déixanos na SÚA PÁXINA o calendario escolar deste curso que vai comenzar: