15 de xuño de 2022

AS CHAVES DOS SOÑOS

O pasado venres o alumnado de primeiro de primaria tivo un encontro do máis agardado. 

Os pequenos de primaria tiveron a sorte de poder gozar dunha xornada, on line, con Ana Meilán, autora do libro de: As chaves dos soños.


Ana contounos canto tardou en escribir este libro, explicounos como coñeceu á súa ilustradora Silvina Eduardo, descubriunos que Silvina non é ilustradora si non unha gran artista e invitounos a ver un video de como leva a cabo as imaxes dos seus contos.


Nos quixemos mostrarlle a Ana como afastamos os nosos pesadelos e cal é a nosa chave preferida para facer que un mal soño torne nun bo recordo.



Tamén tivemos tempo para falar de moitos dos seus libros e coñecer moitas das novidades que están por vir. Si, si, que nos contou que no mes de xullo teremos tres novidades nas librerías.

 Xa temos lecturas fresquiñas para este verán.


GRAZAS ANA POR TRANSMITIRNOS O TEU AMOR POLA LITERATURA E POR CREAR HISTORIAS TAN FERMOSAS


PRÉSTAMO DE VERÁN

 Hoxe retomamos unha actividade que nos fixo moita ilusión. 

Hoxe volveron a sair para as vosas casas os préstamos de verán. 

Unha actividade, suspendida pola pandemia, na que durante o verán ampliamos o préstamo a cinco exemplares que deberedes devolver entre os días 5, 6 e 7 de setembro.

Este ano participou preto do 50% do alumnado do centro e cuxa finalidade e que tod@s teñan acceso a múltiples lecturas fresquiñas para este verán.



FELICES LECTURAS RAPAZADA

7 de xuño de 2022

PRÉSTAMO DE VERÁN

 E colorín, colorado este curso está remantando... non, aínda non, aínda podedes partipar no préstamo de verán, este ano retomamos a actividade, en qué consistirá?


Para os que aínda non sabedes en que consiste o préstamo de verán, vouno explicar: O préstamo de verán danos a posibilidade de levar en préstamo ata cinco libros de todos os que dispoñemos na biblioteca. Como é moito tempo, precisamos que traiades asinado un consentimento das vosas familias, conforme ides ser responsables cos libros, e no caso de ter algún accidente, seredes responsables del e repoñeredes o pagaredes o libro estropeado/perdido.

Aquí tedes unha copia da folla de autorización:

Estes libros deberán ser devoltos á biblioteca os días 5, 6 e 7 de setembro.

Deste xeito todxs disporemos de superlecturas coas que gozara este verán. Porque....

O VERÁN CUN LIBRO É MAIS DIVERTIDO

5 de xuño de 2022

PECHE DA BIBLIO

 O próximo día 10 de xuño BiblioPepiño pecha as súas portas. 

Rematamos un curso cheo de cambios, de medos e de incertidumes, pero cargados de novas experiencias e ilusións.

Durante esta semana do 6 de xuño ata o 10 teredes que devolver todos os libros, películas... que teñades emprestados. Precisamos uns días para prepararnos para os préstamos de verán.