23/12/2015

O NADAL NO MUNDO DOS CONTOS

O NADAL NO MUNDO DOS CONTOS

No mundo dos contos
xa chegou o Nadal,
todos xuntos, moi ledos,
foron ao Neno a visitar.

Purgararcito  leváballe
moitas miguiñas de pan.
Carapuchiña, unha cesta
con mel, galletas e flan.

Guillermo Tell, a súa mazá.
Brancaneves, outra igual,
a Ratiña presumida,
os seus lazos e as súas moedas.
O sastr Valente,
fíos de liño e seda.

Riciños de Ouro, un osiño
para que xogue con el.
Hansel e Gretel, turrón.
caramelos e un pastel.


Ningún comentario:

Publicar un comentario