21 de feb. de 2023

APADRIÑAMENTOS LECTORES

O pasado martes 14 de febreiro celebramos o día da amizade retomando unha das actividades mais bonitas e entrañables que saen da nosa biblioteca os:



Despois de dous cursos con restriccións retomamos a actividade con moita ilusión e as diferentes presentacións entre padriñxs e afilladxs.

Aquí deixamos unha mostra de como foi esta marabillosa xornada de lectura compartidas.


FELICES DE COMPARTIR LECTURAS!

16 de feb. de 2023

CLUB DE LECTURA CUARTO B

 

Nesta xuntanza do club de lectura do alumnado de 4ºB de primaria sentámonos no noso recuncho de lectura para conversar sobre o décimo e o enésimo capítulo do libro de Ledicia Costas ‘Vampira de biblioteca’.

A continuación, por equipos xogamos co vocabulario do libro ao Pictionary, que se non o sabedes é un xogo no que, por parellas, temos que adiviñar a palabra que debuxa o outro.

Foi moooi divertido!!







12 de feb. de 2023

LECTURA E FAMILIAS

Este mes de febreiro acaba de publicarse a listaxe definitiva dos centros que pasamos a formar parte do programa de Lectura e familias.

Grazas a este programa poderemos gozar de múltiples actividades, en horario extraescolar, na que o papel das familias será fundamental para favorecer a súa implicación no guste e disfrute da lectura.

Estades preparadxs?



Pepiño xa ten a toda a súa familia preparada, para comezar a disfrutar de múltiples lecturas.


Graciñas Fernando Coello, por facer que vaia medrando a familia Pepiño.

9 de feb. de 2023

CLUB DE LECTURA TERCEIRO

 

A seguinte xuntanza do club de lectura do alumnado de 3º de primaria celebrouse con moita emoción, xa que logo de acomodarnos no noso recuncho de lectura e de comentar cos demáis os dous seguintes capítulos do libro, fixemos un xogo moi divertido sobre animais… Dividímonos en parellas e un de nós tiña que adivinar o animal que debuxaba o outro e así ata que participamos todas as parellas. Finalmente, intercambiamos os roles e todxs tivemos a oportunidade de debuxar e de adiviñar.

Que ben o pasamos!!