El rey Reinaldo quiere un caldo
Este libro é un pouco especial porque a súa lectura e
participativa e activa.
Nas súas páxinas nárranse as aventuras que o Rei
Reinaldo ten que pasar cando se lle antolla tomar un bo caldo de tomate. Coma
non ten tomates na súa despensa ten que saír a buscalos. Atópase cun león e un oso que lle pechan o
paso, sucédense caídas, golpes, sustos... na procura dos ansiados tomates.
Ao final, consegue os tomates e faise o caldo, e
xustiño cando o ía tomar... un esbirro!
Se queres saber como segue, terás que pasar páxinas ata
chegar a última na que atoparás a sorpresa final
Regálame un beso
Es quen de agasallar un bico?
Doce, salgado, agarimoso, de caramelo, de papel...?
Bicos envoltos en papel de agasallo, escondidos en botellas perdidas, esquecidas na dobreces dun vestido...
Bicos envoltos en papel de agasallo, escondidos en botellas perdidas, esquecidas na dobreces dun vestido...
Neste libro descubrirás novos bicos!
Agasállame cun bico para esta noite por se me custa
durmir. Que sexa doce, por se vai frío e non estás comigo.
Que sexa valente, por se acaso.
Envólvemo como queiras: con palabras ou aloumiños,
cunha mirada...
Agasállame cun bico que non se gaste, que poida
gardar no peto e tocalo cos dedos mentres paseo unha tarde de inverno.
Un bico que sexa de conto de princesas con final
aberto, que me rescate de desertos e naufraxios, que me leve lonxe e me chegue
ao corazón, que me de as boas noites e me esperte sen que se rompa o que soño.
Atrévete con
este libro e aprende a bicar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario