11 de dec. de 2015

HOXE UNHA RECOMENDACIÓN MOI TENRA!

Como todos os días, no recreo, os colaboradores da biblioteca son os encargados de destapar o número do noso calendario.

Hoxe tocaba o número 11. 

                        Que libro estará agochado?

                Gustaranos?

        Será divertido? 


A espectación era.... enorme!


Titúlase: A AVOA ADORMECIDA

Este libro presenta con sensibilidade, tenrura, a cercanía, e a estreita relación entre un neno e a súa avoa, que cae enferma. Narra o proceso da doenza: dende que os protagonistas compartían tempo, lecturas e agarimo cando a afección aínda non se manifestara, pasando polos primeiros síntomas e o letargo do sono irreversible que o neto compensa a base de compañía; ata un desenlace con forma de conto... 

Este relato transcorre nun espazo familiar, lonxe de hospitais e residencias. Transmite emoción, serenidade e amor. É unha sincera homenaxe a unha figura fundamental na infancia de todo ser humano: as avoas e os avós.

O  texto complétase cunhas sinxelas ilustracións de cores suaves feitas con lapis, acuarela e pastel por João Vaz de Carvalho recorre a fermosas metáforas visuais para representar o tránsito do tempo, a perda, a ausencia e o recordo. 

Botádelle un ollo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario