23 de abr. de 2017

Día do Libro

Hoxe, 23 de abril celebramos o día Internacional do libro

Pon un libro na túa vida

Se queres aprender
un libro tes que ler.
Se queres ter sabiduría
le un pouco cada día.
Busca o libro que che interese;
atoparás  algún sempre:
de aventuras, de ficción,
de medo ou de amor...
Os que menos me gusta ler
son os de inglés e francés,
porque son máis difíciles de entender.
Que non falten na túa estantería;
É un agasallo perfecto;nos aniversarios é un acerto.

Dende BiblioPepiño temos varias actividades preparadas para realizar durante esta semana.


1. Durante toda a 
semana levaranse a cabo, en diferentes aulas do cole, Lecturas en Familia, nas que colaborarán membros das familias dos alumnos/as do noso centro.

Aquí vos deixamos o calendario coa distribución de horarios e lugares de celebración.



2.O martes varios grupos de alumnos/as cos seus titores, realizarán lecturas e interpretacións e diferentes puntos da nosa vila. 
Aquí tedes a invitación! Non perdades esta oportunidade!


3. O mércores, padriños e afillados sairán ao patio e en diferentes recunchos disfrutarán unha hora de lectura en común.



Como vedes, esta semana está programada cunha serie de actividades encamiñadas a gozar da lectura xuntos!!!!

Abril mes dos libros

Estas son as novidades que temos preparadas este mes de abril.


Un mes cargadillo de actividades para pasalo moi moi ben entrelibros!!!



Aínda queda algún dispoñible para préstamo, pasate canto antes a por el!!!


19 de abr. de 2017

Coñecendo a Carlos Casares

Como cada ano, chéganos o mes de maio, mes de flores e letras.


Neste 2017, de letras que floreceron na escrita do noso
Carlos Casares, tan amigo das palabras que contan historias.







Achegámosvos algunha das actividades deseñadas polo Seminario Galán para mergullarnos un pouco nelas e coñecer  un chisco máis ao noso homenaxeado.


Actividades para E. Infantil





Actividades para 1º e 2º de primaria






Actividades para 3º e 4º de primaria






Actividades para 5º e 6º de primaria





18 de abr. de 2017

Unha viaxe en familia

O próximo día 23 de abril, celebrase o:


 Día do Libro

Este ano queremos CONTAR con vós para que nos CONTEDES unha historia, conto, viaxe... aínda estades a tempo de apuntarvos.

Aquí vos deixamos a notiña!!!

Carlos Casares xa ten un recuncho no cole!

Dentro duns días chega unha das celebracións  que máis nos 

gustan: O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo  da 

Biblioteca xa están preparando todo para celebralo por todo o alto.


Xa todos coñecedes o marabilloso recuncho que vai a estar 

adicado en exclusiva  a... 

CARLOS CASARES.







Pero que sabedes del?

Pouco a pouco iredes descubrindo 

quen é, as súas obras...


Estades preparados?











Aí vai a súa biografía!


11 de abr. de 2017

Homenaxeamos a Gloria Fuertes: Poemas que saben a Gloria

Os alumnos de 4º de primaria homenaxearon a Gloria Fuertes polo 100 aniversario do seu nacemento.

Así foi como o fixeron:

Para esa muller, esa poetisa que tan bos momentos nos fixo pasar  cos seus  poemas, este é o noso pequeno homenaxe!





Buscamos información sobre a súa biografía.



Lemos libros en busca de poemas que tiveran algo que os relacionara con China, xa que estamos inmersos na P.D.I "Viaxamos polo mundo", proposto pola biblioteca,e nós estamos coñecendo ese país, consultamos en páxinas Web




Analizamos  as poesías: versos, nº de estrofas, rima...














Traballamos  a entoación, a comprensión, a dramatización...




e... pasamos algunha 

pictogramas para 

compartilas con 

pequerrechos







Fixemos traballos plásticos: debuxos, mural e retratos.













Tamén  compartimos esta andaina, con nenos e nenas de Infantil.

En 5 anos:

Recitamos e dramatizamos: " Aleluyas del chinito Chin Chan Thé" " El Caimán avergonzado", " El gallo despertador" 







Pareceulles pouco e pediron máis! 
Decidimos recitarlles " Chino Capuchino Mandarín", despois invitámolos a recitalo non nós.  




Tamén os agasallamos coas poesías  en pictogramas.



 Menuda sorpresa nos levamos ao día seguinte! 

Achegáronse a nosa clase para ensinarnos como traballaron a poesía " El caimán avergonzado" 



En 4 anos, están  os nosos afillados lectores, e con eles tamén compartimos  as  poesías de Gloria.

 Mirade como participaron!


Eles tamén nos soprenderon cunha poesía dun galo!!!


Pero o mellor estaba por chegar! 
Un agasallo feito con moito cariño para eses afillados tan especiais: 



Uns debuxos do "Caimán avergonzado".







Foi unha experiencia genial  na que aprendemos e disfrutamos unha morea!!







Parabéns! Gloria, a túa poesía segue viva! A  por 

outros cen, mil...!!! 

Contos do mundo: Suecia

Esta última semana de clase tivemos doble visita do IES.






O xoves o profe Rafael Adalid do IES veu cautivar aos alumnos/as de 4ºB.


É todo un especialista dos países nórdicos. E os nosos rapaces demostráronlle todo o que aprenderon este ano de Suecia.

Creou cos nosos rapaces/as un par de historias fascinantes, con gnomos, elfos... como personaxes.

Aquí vos deixamos as imaxes para que vexades o ben que o pasamos.


Novos axudantes

Novo trimestre, novos axudantes...

Xa temos todo preparado para comezar a semana que ven con novos axudantes na biblioteca.

Deixámosvos as súas fotos para que lle vaides poñendo cara...


Algúns repiten...

Que  haberá na nosa biblio que tanto lles gusta...?

7 de abr. de 2017

Recoñecemento para os axudantes da nosa biblioteca

E ata aquí chegou o trimestre...

E con el rematan o seu traballo como colaboradores, dez dos alumnos/as de sexto de primaria.

Hoxe durante o recreo fixemos entrega de diplomas e agasallos de recoñecemento por ese traballo tan ben feito durante este trimestre.


Que hai aí dentro??? Abrimos???


Xa despois dos agasallos... non se traballa máis. 
                 
                 Sodes xeniaisss 

                  Da gusto traballar con vós!




1 de abr. de 2017

Poesías do mundo

Onte celebramos o Día da poesía, e fixémolo de xeito moi internacional...


con POESIAS DO MUNDO.



Aquí vos deixamos a recopilación de todas as poesías interpretadas polos nosos alumnos/as. 



E mirade algunha das fotiños que van quedar para o recordo!!


Proximamante publicaremos os vídeos das súas intepretacións...


Estade atentos/as

29 de mar. de 2017

Unha viaxe a Australia


Os rapaces e rapazas de Infantil de 5 anos levan todo o curso viaxando por Australia.


Percorreron unha morea de quilómetros nos que foron descubrindo lugares fascinantes, cheos de encanto, os  animais propios do país, os deportes que practican, curiosidades...

Agora queren compartilo con todos nós.


Non deixes de velo!!!

Contos do mundo: Senegal



Onte os alumnos/as do IES de 2º da ESO B-C bilíngüe viñeron ó noso cole a contarnos unhas historias de Senegal coa súa profe Isa de lingua castelá.

E acompañados con música... dirixidos pola súa profe Nuria.




Pero atención!!! Porque o protagonista das súas historias era un DRAGÓN!!!! 

Que medo!!!


Deixámosvos, como xa é costume, unha recopilación de imaxes, para que vexades o divertido que foi!!!


28 de mar. de 2017

Viaxamos a Italia

Os nenos e nenas de catro anos do noso cole, este ano viaxan a ITALIA, hai tempo que teñen as súas maletas preparadas para a súa viaxe.

Aquí vos mostramos os seus preparativos.



Van ter unha viaxe inolvidable!!!

25 de mar. de 2017

Rehabilitando libros

Hoxe, día de choiva na hora do patio, tivemos congregación de axudantes na biblioteca.

E que fixemos? 



Pois sacamos os libros que estaban maliños para restauralos e volver a polos en circulación.




Os axudantes traballaron arreo... Mirade!!!




 


Con outro día de traballo así o noso Hospital de libros quedará baleiro.

BRAVO RAPACES/ZAS!!!