30 de abr. de 2022

TROCA AVENTURAS

Remata a semana do libro, unha semana moi intensa en BiblioPepiño, na que festexamos a nosa primeira feira do libro: Troca Aventuras. 

Foi todo un éxito, cargadiña de moitas lecturas interesantes e unha gran participación por parte de toda a comunidade educativa.


Resultou moi emocionante volver a abrir as portas e poder gozar de momentos compartidos con todos vos.



VISITA RAMÓN D. VEIGA

 Onte o alumnado de segundo de primaria desfrutou dunha sesión co autor Ramón D. Veiga, autor do libro: Meigas fóra!

Xunto a el poidemos coñecer o motivo da historia, canto tardou en escribirla e quen foi a persoa encargada das súas ilustracións.


Pinchade no seguinte enlace si queredes ver un pequeno video sobre o seu paso por BiblioPepiño. 

Tivemos tamén un ratiño para que asinara e adicara os libros:


Grazas Ramón,pola túa amabilidade.



20 de abr. de 2022

PEPIÑO MUDA A PLUMAXE

Como tod@s sabedes Pepiño é a mascota da nosa biblioteca.

Pepiño é un moucho que se pasea pola escola cando marchamos, encárgase de vixiar as vosas lecturas e de curiosear en todos os vosos traballos, ás veces propón retos que debemos superar para axudalo, e outras veces recoméndanos novas lecturas.

Pepiño naceu no curso 2008-2009 creado por Alicia Pereira, gañadora dun concurso convocado para todo o alumnado, para a creación da mascota da biblioteca. Co paso dos anos foi modernizándose, pasou do papel a figura. Este ano mudou novamente a plumaxe, despois de case 10 anos dende a súa última remodelación.

O encargado de este cambio foi Fernando Coello, actual presidente da ANPA e pai dunha alumna do noso centro. É toda unha honra poder contar coa súa colaboración para a remuda da plumaxe da nosa mascota. Creemos que conseguiu darlle un toque actual e entrañable, e que perdurará durante moitos anos na nosa biblioteca. Graciñas Fernando!

Tras a votación realizada por tod@s vós, entre os catro mouchos participantes, a imaxe actual de Pepiño será...




19 de abr. de 2022

AS FAMILIAS CONTAN

 A situación socio sanitaria vai mellorando pouco a pouco e queremos contar con vos, ou mellor dito, que sexades vos os que nos contedes.


Contacta co teu titor/a para concretar un día e invitar á tua familia a contarnos un conto, unha historia, adiviñas, chistes... estaremos encantados de escoitarvos. Despois de dous anos moi duros, esperamos que esta iniciativa teña unha boa acollida.

CONTAMOS CON VÓS

TROCA AVENTURAS


* Que é TROCA AVENTURAS? É o noso concepto de Feira do Libro. O seu obxectivo e dar unha segunda vida a lecturas que temos esquecidas por algún recuncho da  casa e que seguramente sexan benvidas en outros fogares.

* Como podo participar? Podedes participar traendo libros que teñades na casa. A cambio entregarémosvos unha papeleta, con ela teredes que acudir á feira e poderedes cambiala por outro libro do voso interés, da mesma categoría.

* Ata cando podo levar o meu libro? O prazo para entregar os libros para o mercadillo é dende o día 20 ata o 25 de abril, entregaranse ao titor/a de cada alumno e a cambio recibirá unha papeleta coa que deberá acudir á Feira do libro, para facer o troco.

* Podo aportar calquera libro? Efectivamente, poden ser de calquera rango de idade, o que é importante é que os libros estean en bo estado. Este ano, como novidade, incorporaremos a sección de adultos.

* Onde terá lugar TROCA AVENTURAS? A Feira realizarase na Biblioteca do centro.

* Cando terá lugar? A feira celebrarase o martes 26 de abril en horario de tarde: 16:30 a 18:30, e o mércores de 12:00 a 13:45. 

Vide acompañados das vosas familias.

Animádevos a participar.

FELIZ FEIRA DO LIBRO

15 de abr. de 2022

DÍA DO LIBRO

O próximo día 23 de abril celebramos o Día do libro, para conmemorar o aniversario do pasamento de ilustres escritores como Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.


Para celebralo queremos propoñervos un reto:



No email poñede o título do libro, así como o nome, apelidos e curso do alumn@.

Aquí tedes un exemplo da actividade proposta.

Esperamos as vosas interpretacións das portadas.

Disfrutade das lecturas neste tempo de lecer.

Vémonos o martes.



12 de abr. de 2022

VISITA ANDRE MACEIRAS

 Durante o segundo trimestre os alumnos/as de sexto disfrutaron da lectura do libro: A folla azul de Andrea Maceiras.


E como broche final poideron compartir unha xornada coa súa autora en BiblioPepiño.

Recibírona cunha gran presentación agarimosa, pero a verdadeira sorpresa recibírona eles/as coas verbas que Andrea tivo con todos/as facédoos viaxar pola amazonia, e transmitirlles a verdadeira historia que está detrás deste libro.


GRAZAS ANDREA FOI UN PRACER!


3 de abr. de 2022

NOVIDADES

Durante este curso 2021-2022 incorporamos numerosos títulos de investigación aos nosos andeis.

Non deixedes de vir a buscar libros de información para continuar ampliando os vosos coñecementos.



ENCONTROS CON AUTORXS

 Pouco a pouco imos achegándonos á normalidade, e isto implica que neste curso imos recuperar as visitas de diversos autores e autoras de varios títulos que están nos nosos andeis. 

Con eles/elas teremos a oportunidade de compartir, descubrir aventuras e consultarlles todas as dúbidas que xurdiron durante as súas lecturas.

Estes serán os autorxs que nos visitarán esta primavera en BiblioPepiño.


Vémonos pronto!