18 de dec. de 2020

Recomendacións Nadal

Aquí vos deixamos algunhas recomendacións de contos para o Nadal.

Recordade que pedir e regalar un conto sempre é unha moi boa idea!








CONTA CONTOS: As tres irmáns e o oso.

Nestos días a profe Ana estívonos contando un conto mooooi chulo e divertido de tres irmáns e un oso. A historia ocorre nun planeta blanco dunha lonxana galaxia...

A profe estivo xenial, gustounos moitíííííísimo! 

Grazas profe!




Despois fixemos algunha actividade sobre o conto: pintamos, debuxamos, recordamos e inventamos un nome para ese planeta tan peculiar.








25 de nov. de 2020

RECUNCHO DE IGUALDADE

Hoxe é un día de especial importancia. Hoxe é 25 de novembro: 25N

Desde Bibliopepiño apoiamos fortemente as igualdades entre nenos e nenas e pensamos que estas bases se asentan na infancia. 

Por iso, este curso a BiblioPepiño está mudando e transformándose para que no vindeiro curso poidamos disfrutar dela moooooooito máis.

E unha das novidades é a creación dun RECUNCHO DE IGUALDADE no que podemos atopar unha chea de contos que tratan esta temática. 

Ao longo do curso iremos mercando máis libros para incluílos nesta zona. Algunhas das últimas novidades e libros premiados nesta categoría xa están á vosa disposición neste recunchiño.

Moitos deles van dentro das mochilas viaxeiras, por exemplo: 

¡Vivan las uñas de colores!

Cuando las niñas vuelan alto.

Cincenta e as zapatillas peludas.

El libro secreto de las princesas que se tiran pedos.

Érase dos veces la ratita presumida.

Érase dos veces los tres cerditos.

Érase dos veces la Cenicienta.



Recuncho de igualdade




Novos contos

24 de nov. de 2020

Lectura dos nenos e nenas de 1º EP

Os peques de primaria estiveron lendo e traballando co conto de Antonie de Saint-Exupéry "O Principiño"

Fixeron un montón de actividades e gustoulles tanto que vos animan a todos a que o leades, hai varios exemplares na biblio.

E ademais, esta historia está moi vencellada coa PDI deste ano, sabedes onde vive "O Principiño"? Pois nada máis e nada menos ca nun asteroide!

Aquí tedes a ligazón para ver a lectura dos compis, que ben o fixeron!


http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipasangrinha/node/1050 


E por aquí unhas fotos dos seus traballos, chulísimos!





17 de nov. de 2020

PASOU A LÚA

Os rapaces e rapazas de 5º de Educación Primaria estiveron traballando a poesía cun poema de Antonio García Teijeiro: Pasou a lúa. 

Moi relacionado co PDI deste curso, xenial!!!

E mirade que cousa máis fermosa fixeron. Aquí tedes o enlace ao blog de 5º para que poidades ver tooodo o que traballan á vez que disfrutan coa lectura e a lingua galega. 

Gran traballo rapaces!

http://opedocastro.blogspot.com/2020/11/pasou-lua.html




16 de nov. de 2020

Ozzy the Ostrich

Outro conto en inglés na sección de StoryTelling!

Desta volta, Ozzy é a protagonista desta historia. Unha historia un pouco disparatada!




Dear Zoo

Xa temos novos contos na sección de StoryTelling!

Coa axuda do Teacher Jesse gravamos este contiño pequeniño pero moi divertido cun montón de sorpresas, quen se agocha detrás das solapas? Anímate a descubrilo!!!






28 de out. de 2020

APADRIÑAMENTOS ESTELARES

 Xa temos padriños!

O pasado venres chegaron ás clases dos máis cativos (educación infantil, 1º e 2º) unha morea de contos para arrancar cos apadriñamentos lectores.

Este curso os padriños non poderán lerlle directamente aos seus apadriñados... mágoa! pero si que lles irán recomendando lecturas que de seguro van disfrutar!

E así comezamos, os maiores recomendaron o primeiro conto e tamén aproveitaron para presentarse nunha pequena carta de presentación e agasallar aos peques cun marcapáxinas.

Os vosos padriños estelares agardan que vos encanten todas as recomendacións!!!



22 de out. de 2020

MOCHILAS VIAXEIRAS!

E despegamos!!! 

Por fin comezaron a viaxar as "mochilas viaxeiras". Que ganas tiñamos!

Este curso van cheas de contos moi chulos e diferentes para que disfrutedes toda a familia. Como ides poder ver, varias cousiñas están relacionadas co PDI deste ano: RUMBO A UNHA ESTRELA.

Estaban todos súúúúúúper emocionados coas mochilas, mirade:



Pero ollo! Este curso hai cambios importantes nas datas de devolución das mochilas para poder cumplir co protocolo de desinfección COVID.

As mochilas despegan os MÉRCORES e aterrizan de voltan os LUNS (así quedan en cuarentena os martes).

Esperamos que vos gusten!!!

18 de out. de 2020

RUMBO A UNHA ESTRELA!

     Bos días rapacxs! Este curso comezaremos un novo proxecto chamado "RUMBO A UNHA ESTRELA" Agardamos que vos guste moito.
3...2...1... ¡Despegamos!









8 de xuño de 2020

INFO COVID-19

RAPACES!! Dende Bibliopepiño queremos agradecer e felicitarvos polo ben que estades a levar esta situación un chisquiño complicada!!
Esperamos que disfrutárades das novidades e das actividades que preparamos para vós este ano! 
Queremos agradecer tamén ás familias a súa colaboración e contribución ao bo funcionamento da nosa biblio!!

Apetécevos contarlle a PEPIÑO cousiñas da vosas experiencias durante esta cuarentena? Contádenos nesta publicación todo o que desexedes!!!! 

E.... PARA O ANO MÁIS E MELLOR!! :)


LEMBRADE QUE TENDES ATA O DÍA 12 DE XUÑO PARA REALIZAR AS DEVOLUCIÓNS DE PRÉSTAMO DE LIBROS!
POLA SEGURIDADE DE TODOS VÓS E A DO PERSOAL DO CENTRO, ESTE ANO CANCELAREMOS O PRÉSTAMO DE VERÁN.

***TODOS OS TÍQUETS ACADADOS ESTE ANO, QUEDAN VÁLIDOS PARA CANXEAR O VINDEIRO CURSO.

22 de xan. de 2020

ACTIVIDADES VOLUNTARIAS

RAPAZADA!! Voltan os tíquets a Bibliopepiño!!
 Non te perdas as actividades que iremos propoñendo para acadar os vosos! Ademáis este ano temos un SUPERTIQUET, co cal poderás levar un xogo de Biblipepiño para a casa durante unha fin de semana (lévase o venres e devólvese o luns). Para conseguilo terás que gañar dous tíquets normais e canxealos polo supertiquet.
ANÍMATE A PARTICIPAR NAS NOSAS ACTIVIDADES !!!!!

NOVIDADES XANEIRO

Xa están dispoñibles as novidades de xaneiro para préstamos. Que mellor plan para esta fin de semana de frío que un bo libro e unha mantiña? Non esperes moito que xa sabes que as novidades VOAAAAAN!!!!!!