26 de mar. de 2023

ROTEIRO LITERARIO

 O pasado sábado 25 de marzo, o club de lectura de adultos saíu de ruta para descubrir a contorna na que se ambientou unha das súas lecturas, o libro: A praia dos afogados.


Coa colaboración do concello de Nigrán tiveron a sorte de revivir escenas e coñecer espazos da novela de Domingo Villar, Mincho para os seus amigxs.

VIsitaron: a praia da Madorra, o Porto de Panxón, o Templo votivo do mar, Monte Ferro... Todo esto acompañado dun tempo marabillosamente nubrado e ventoso...



Queremos agradecer ó Concello de Nigrán a súa colaboración, pero especialmente a Rosi, guía turística do concello, que nos acompañou durante dúas horas neste roteiro inesquecible.

GRACIÑAS






21 de mar. de 2023

II EDICIÓN XOGOS EN FAMILIA

Deixámosvos un video con algúns dos momentos vividos o pasado sábado na II xornada de xogos en familia, na que tivemos a ocasión de pasar unha tarde de sábado inesquecible.








Repetimos?


16 de mar. de 2023

XOGOS EN FAMILIA (II edición)

Rematamos a semana cun broche de ouro.

Este sábado 18 celebramos a segunda edición de...


Vémonos a partir das 17:00 na biblioteca da escola.

Que mellor plan que pasar a tarde do sábado en familia.


AGARDÁMOSVOS!


14 de mar. de 2023

CINE EN BIBLIOPEPIÑO

Ola rapazada!

Este trimestre tamén queremos celebrar a nosa semana de cine. 

Comezaremos mañá e estas serán as películas que proxectaremos.


Como vedes están divididas en franxas de idade.

Todas as películas serán proxectadas na nosa biblioteca ás 15:30, cunha duración aproximada de hora e media.

O mércores día 15 comezaremos cos pequechiñxs da escola. 

Poderedes ver a película de MASCOTAS 2. 

Para facelo teredes que traer a vosa entrada e vir acompañadxs dun adulto.


O xoves será a quenda do alumnado de primeiro, segundo e terceiro de primaria. Igual que os peques, teredes que estar na biblioteca coa vosa entrada ás 15:30.


E remataremos a semana do cine cos maiores da escola.

O alumnado de cuarto, quinto e sexto, poderedes disfrutar dunha marabillosa película de animación: SOUL.

Lembrade traer a vosa entrada.


A entrada levarase a cabo por orde de chegada e ata completar aforo.


Vémonos en BiblioPepiño!


1 de mar. de 2023

Experimentos con xeo seco

Rematamos o mes de febreiro, mes da nena e a muller na ciencia unha chea de experimentos de xeo seco. 

Esta vez da man de Rosa Lomba, científica e investigadora da universidade de Vigo.


Pero que non sabedes que é o xeo seco?

É dióxido de carbono en estado sólido.

Fixemos un monte de experimentos moi divertidos!

Gustounos moito hinchar un globo e facer pompas de xabrón sen soprar, só usando o xeo seco.



Tamén conxelamos unhas flores en menos dun minuto e logo para comprobalo rompémolas cun martelo pequeniño. E, por último, gustounos moito tamén poder facer unha nube con xeo seco e auga e unha escuma engadíndolle xabrón a esta mestura.


Pasamolo moi ben a aprendemos moito con esta experiencia!