22 de xan. de 2020

ACTIVIDADES VOLUNTARIAS

RAPAZADA!! Voltan os tíquets a Bibliopepiño!!
 Non te perdas as actividades que iremos propoñendo para acadar os vosos! Ademáis este ano temos un SUPERTIQUET, co cal poderás levar un xogo de Biblipepiño para a casa durante unha fin de semana (lévase o venres e devólvese o luns). Para conseguilo terás que gañar dous tíquets normais e canxealos polo supertiquet.
ANÍMATE A PARTICIPAR NAS NOSAS ACTIVIDADES !!!!!

NOVIDADES XANEIRO

Xa están dispoñibles as novidades de xaneiro para préstamos. Que mellor plan para esta fin de semana de frío que un bo libro e unha mantiña? Non esperes moito que xa sabes que as novidades VOAAAAAN!!!!!!