16 de dec. de 2015

A LENDA DE PAPÁ NOEL

A lenda  que coñecemos hoxe, procede dunha persoa real chamada San Nicolás do cal sabemos que viviu no ano 300 A.C. Foi bispo de Myra. 
    Segundo conta a lenda era so un neno cando chegou a ser Bispo. Era moi bo e amable, con frecuencia saia polas noites a repartir agasallos ós máis desfavorecidos do pobo. 
Despois da súa morte a súa nai fama entendeuse por por todo o resto de Europa, e durante a Idade media, San Nicolás chegou a se-lo patrón dos estudiantes. Moitos estudiantes celebraban o seu santo o día 6 de decembro, día no que finou. Elixían un alumno, vestíano con roupas de Bispo e presidía o desfile por toda a cidade. Co paso do tempo o desfile deixouse de celebrar, pero San Nicolás quedou como favorito dos nenos. 
    A crenza de que entra pola cheminea ven dunha lenda escandinava que dicía que unha deusa aparecía na cheminea e traía boa sorte ós da casa.
     A Papá Noel represéntannolo nun trineo tirado por renos porque hai unha lenda que di: 

  • Nunha manada de renos naceu un cun fociño moi grande e vermello que non foi aceptado polos demais e tivo que marchar do bosque. Ó ver isto Papá Noel levouno para a súa terra e dende ese día axúdalle a leva-lo trineo e alumealle o camiño as noites de Nadal, pois o fociño ó pórselle vermello despide unha luminaria que alumea o camiño coma se fose de día.

Ningún comentario:

Publicar un comentario