26 de abr. de 2024

KOHA

Actualmente a biblioteca está realizando un cambio moi importante. Toda a nosa base de datos está mudando de sistema e estamos catalogando, de novo, todos os rexistros ao sistema Koha.


Por este motivo, diversos libros non poderán ser levados en préstamo, pero si poderán ser consultados na biblioteca, xa que suporía un gran problema loxístico mesturar libros de ambos sistemas. Estes libros podedes recoñecelos porque o seu número de rexistro aparece en verde e ademáis porque na súa contraportada teñen pegado un código de barras. 

O pasado martes 23 de abril todos os mestres/as e alumnos/as do noso centro recibiron un carné de BiblioPepiño que será o voso identificador neste novo sistema.

Agradecemos a vosa comprensión.

Un saúdo



25 de abr. de 2024

APADRIÑAMENTOS LECTORES

 O pasado martes, conmemoramos o día do libro e aproveitando o tempo solleiro saímos a ler ós nosos afillados/as un conto ao aire libre.

Deste xeito conseguiremos que os pequenos/as do cole aprecien e valoren a lectura tanto como o fan os nosos maiores.

Mirade que atentos e entretidos estiveron:




TROCA AVENTURAS

 Un ano mais a nosa feira do libro foi todo un éxito.

Aquí tedes a mostra de como transcurriu a tarde:


Grazas a todas as familias que facedes posible que estas actividades se leven a cabo. Sen a vosa participación e colaboración non sería posible.

17 de abr. de 2024

AS FAMILIAS CONTAN

Seguimos presentado actividades para o día do libro, esta vez tócalle o turno ás familias. Como xa é tradición queremos contar con vos para que veñades ao cole a contar contos nas aulas dos vosos fillos/as.


Para facelo contactade co voso titor/a para distribuir o horario en función das vosas necesidades.

ESTAREMOS ENCANTADOS/AS DE RECIBIRVOS!

16 de abr. de 2024

TROCAAVENTURAS (Terceira edición)

 Como xa é tradición en BiblioPepiño o día do libro ven asociado á Feira do libro TROCA AVENTURAS.

Tedes toda a información nas seguintes imaxes.


É moi importante que os libros sexan actuais e que estean en bo estado.




UNHA IMAXE DE CONTO

 O día do libro está ás portas e queremos convertir o noso cole nun cole cheo de contos.

Temos unha proposta dende biblioteca creativa.

Para concursar tedes que enviar a foto da vosa recreación de conto que elixades ao email de bibliopepiño xunto co curso e nome do alumno/a.

O día 23 estará lista a exposición e a resolución dos gañadores/as.

Haberá un premio por ciclo!

Animádevos a participar!


14 de abr. de 2024

DÍA DO LIBRO

 O día do libro está á volta da esquina e en BiblioPepiño temos un montón de actividades para conmemoralo:





E algunha sorpresa mais, estade atentos/as!!!

4 de abr. de 2024

HORARIOS MEDRANDO COA MÚSICA

O alumnado anotado no obradoiro de "Medrando coa música" estará dividido en dous grupos: por unha banda cuarto e quinto de infantil, e pola outra sexto de infantil e primeiro de educación primaria.

Os horarios serán os seguintes:
Lembrade que cada neno/a debe estar acompañado/a dun adulto.



26 de mar. de 2024

MEDRANDO COA MÚSICA

O próximo sábado, 6 de abril, en horario de mañá,  terá lugar en BiblioPepiño o obradoiro "Medrando coa música".

Este obradoiro está dirixido ás familias e alumnado de educación infantil e primeiro de educación primaria, tendo que estar acompañados dun adulto durante todo o obradoiro (neno/a - adulto). 

O horario, aínda por definir, establecerase en función dos diferentes grupos creados, e será comunicado unha vez se pechen as inscripcións.

Neste obradoiro haberá un achegamento a diversos aspectos fundamentais da música: audición, ritmo, improvisación, creatividade, movemento...  e tamén algún contiño. Todo da man da academia Lili, con Laura e Antonio.

Para poder participar debedes facer a inscrición no seguinte enlace.


A inscrición será pechada o martes día 2 de abril.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

20 de mar. de 2024

PEPILECTURAS ALUMNADO (ABRIL)

 Xa temos todo disposto para as lecturas do mes de abril.

Xa tedes os vosos libros listos?

Lembramos cales son as lecturas para cada nivel.




Vémonos a semana do libro!


3 de mar. de 2024

CINE EN BIBLIOPEPIÑO

 Estades preparados/as para unha nova sesión de cine?

Xa temos todo preparado! Aquí está a cartelera de esta semana:

Para os pequeniños de Educación Infantil:


Lembrade que os alumnos/as de educación infantil deben estar acompañados dun adulto.

Para o alumnado de primeiro a terceiro de educación primaria:


E para os maiores do cole, de cuarto, quinto e sexto de educación primaria:


Lembrade que podedes traer a vosa botella de auga, darémosvos un pequeno aperitivo!

AGARDÁMOSVOS!

25 de feb. de 2024

III EDICIÓN DE XOGOS EN FAMILIA - GRAZAS!

 Queremos facer un agradecemento a todas as familias que onte pasáchedes por BiblioPepiño para compartir un anaquiño do voso tempo cos mais pequenos e xogar. 

Xogar cos vosos fillos e fillas é compartir tempo de calidade con eles, e ademais os xogos de mesa activan e potencian diversas habilidades e destrezas que van a influir positivamente no proceso de ensinanza-aprendizaxe,

Aquí queda un mostra do ambiente que tivemos en BiblioPepiño e das caras de felicidade de todos os asistentes.


ATA A PRÓXIMA!

22 de feb. de 2024

OBRADOIRO DE LETTERING

 O grupo de terceiro A xa pudo disfrutar do obradoiro de Lettering da man da mestra Angie.

Foi todo un éxito!



SEGUINTE GRUPO PREPARADO!!!!


OBRADOIROS DE LETTERING

Este ano temos unha gran novidade! 

Aínda non te enteraches?

Temos obradoiros de Lettering no recreo, estarán impartidos pola mestra Angie e poremos á vosa disposición todo o material necesario para poder disfrutar ó máximo da vosa creatividade.

Aquí vos deixamos os horarios dos diferentes grupos para este trimestre.
Xa temos todo preparado para a primeira sesión... alguén nos dixo que os rapaces e rapazas de terceiro están desexando que chegue a hora do recreo...

Vémonos no recreo!

20 de feb. de 2024

III EDICIÓN XOGOS EN FAMILIA

Este sábado celebraremos en BiblioPepiño a terceira edición de xogos en familia.


Vémonos a partir das 17:00 en BiblioPepiño, estaremos ata as 19:00 disfrutando dunha marabillosa tarde de xogos en familia.

Tes mellor plan para unha tarde de chuvia?

AGARDÁMOSVOS!

31 de xan. de 2024

XUNTAZA CLUB DE LECTURA 3º PRIMARIA "Pepilecturas"

A primeira xuntanza do Club de lectura do alumnado de 3º de primaria tamén

se celebrou con moita emoción.

Ao chegar á biblio puxémonos cómodxs para facer algúns xogos e falar sobre

esta historia tan chula. Comezamos cun xogo para formar os equipos no que

tiñamos que intentar adiviñar que persoaxe do libro tiña cada membro do club.

De seguido, por equipos, tivemos que resolver un memory de tortas… A

COMIDA FAVORITA DE DRACULIÑO!! (ou polo menos mentres non probou o

sangue…)


Para rematar a xuntanza resolvemos un Kahoot sobre a lectura e… FIXÉMOLO

MOI MOI BEN!! Nótase que papamos o libro igual que Draculiño papaba nas

tortas!



XUNTAZA DO CLUB DE LECTURA 4º PRIMARIA "Pepilecturas"

 A primeira xuntanza do Club de lectura do alumnado de 4º de primaria

celebrouse con moita emoción.

Ao chegar puxémonos cómodxs na biblioteca para poder falar sobre esta

historia tan apaixoante e facer algúns xogos relacionados con ela. Comezamos

co xogo da galiña cega para formar os equipos cos que, a continuación,

teriamos que resolver un código secreto escrito en Braille, xa que un dos

protagonistas da nosa historia é cego.

O código dicíanos que tiñamos que resolver un Kahoot sobre a lectura e…


FIXÉMOLO XENIAL!! Nótase que limos o libro!



8 de xan. de 2024

DATAS REUNIÓNS PEPILECTURAS

 Ola pequenos Pepilectores!!!

Que tal marcharon as vacacións? 

Moitas lecturas?

Xa temos as datas para as reunións do club de lectura, anotade:




Vémonos ás 15:00 en BIBLIOPEPIÑO!