17 de xuño de 2018

Recomendacións de verán!

Rapaces, rapazas... que non vos decatastes???

O verán está á volta de esquina e... que non sabedes que ides facer???

LEMBRADE NA MALETA UN BO LIBRO METER!!!

Aquí vos deixamos algunhas suxerencias para estas vacacións!!!


A disfrutalas!!!

12 de xuño de 2018

Ledicia Costas


A derradeira visita de este curso á nosa biblioteca foi a da autora LEDICIA COSTAS.





Os alumnos de sexto leron e traballaron a fondo o seu libro A señorita Bubble,  e grazas á súa visita puideron descubrir as partes máis profundas del, anécdotas e dar resposta a todas as súas intrigas.

Para rematar a visita, asinou todos os seus libros, vaia sorte! 

Aquí vos deixamos unhas cantas imaxes da xornada.





8 de xuño de 2018

Recoñecemento para os axudantes

Ata aquí chegou o curso.

Este martes fixemos entrega dun diploma e uns agasallos aos nosos axudantes, en recoñecemento de todo o seu traballo levado a cabo durante este curso 2017-2018!!!

Foi fantástico contar convosco!!!



Moitísimas grazas e a disfrutar do verán!!!





Paula Carballeira




Case rematando o curso, pero non as sorpresas!
Imos con algo de atraso, xa que foi o pasado venres cando tivemos a sorte de ver a Paula Carballeira os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria.






Todas as visitas de autores son especiais, pero esta foi moi diferente.
Descubrimos que Bruxa e familia é un paralelismo coa vida de Paula, e todo iso vímolo grazas á súa capacidade interpretativa como boa actriz que é. 
Velaquí vos deixamos algunha foto para que vexades o pampos que estabamos!