31/12/2015

XA ESTÁ REMATANDO O 2015!

Este ano que está a piques de rematar, compartimos moitas experiencias: animacións á lectura, encontros con autores, promocións de libros, dramatización de contos...

Pero, o mellor de todo, foi compartir con todos... a máxia da lectura!

Vémonos no vindeiro ano! 


30/12/2015

TARTAS LIBRO

Nunha feira de tartas de Londres atopáronse estas relacionadas coa Literatura Infantil e Xuvenil.

A que son deliciosas?

Non o sabemos porque as veces o sabor non está relacionado co visual pero miralas apetece. A que si?

As fotos foron relizadas po Neil Hall

HARRY POTTER

CARAPUCHIÑA VERMELLA
A PRINCESA E O GUISANTE

CONTOS POPULARES

MATILDA


A FÁBRICA DE CHOCOLATE




23/12/2015

O NADAL NO MUNDO DOS CONTOS

O NADAL NO MUNDO DOS CONTOS

No mundo dos contos
xa chegou o Nadal,
todos xuntos, moi ledos,
foron ao Neno a visitar.

Purgararcito  leváballe
moitas miguiñas de pan.
Carapuchiña, unha cesta
con mel, galletas e flan.

Guillermo Tell, a súa mazá.
Brancaneves, outra igual,
a Ratiña presumida,
os seus lazos e as súas moedas.
O sastr Valente,
fíos de liño e seda.

Riciños de Ouro, un osiño
para que xogue con el.
Hansel e Gretel, turrón.
caramelos e un pastel.


22/12/2015

ALELUIAS

Nestes días de voráxine consumista parémonos un momento para escoitar o Mesías de Hëndel

Flashmob da Orquestra Sinfónica de Islandia nun centro comercial.

19/12/2015

GUÍA DE LIBROS NADAL 2015


AGASALLO DE NADAL

Neste tempo de lecer e descanso, dende a biblioteca querémosvos agasallar con pelis, xogos, música, actividades LIM...


iframe frameborder="0" height="350" scrolling="auto" src="http://econenos-tics.blogspot.com.es/2010/12/crebacabezas-con-panxolinas-galego.html" width="500">
Por que tomamos as doce uvas en fin de ano? Pincha na imaxe e descúbreo!








18/12/2015

O ÚLTIMO LIBRO DO CALENDARIO

Xa estamos de vacacións! 

Pero antes de marcharnos destapamos o último número do calendario!!!!

Queredes descubrilo? 

Acompañádenos!! 

De que libro se tratará?

Será de poesía, aventura, 

informativo, cómic, humor?




Mirade! É de humor!!!

Titúlase:  Bromas pesadas SA

Miles Murphy vivía cerca del mar y gozaba del título de mejor bromista de toda la ciudad. Por eso no salta de alegría ahora que debe mudarse a vivir a Valle Bostezo, una pequeña ciudad famosa solo por una cosa: las vacas. Pero, aunque lo parezca, eso no es lo peor: lo peor es que Valle Bostezo ya tiene a un bromista oficial, uno muy pero que muy bueno. Si Miles pretende usurparle el trono tendrá que poner todo el ingenio y una gran astucia para inventar las bromas más locas.

Esta é a súa presentación 



Apetécevos ler un poiquiño do libro?

Este é un capítulo


TARXETA DE NADAL

Porque o Nadal, son unhas festas familiares, cheas de ilusión, son dignas de  ser desfrutadas dun xeito especial vendo o que se reflexa nos ollos dos nenos...




E que o aninovo chegue cargado de saúde, de cariño e de moitas historias fermosas da man dunha voz e de palabras ilustradas sobre un libro.

Lembra que a biblioteca ofréceche para este tempo de lecer libros, tebeos, películas.....
Aproveita a ocasión!! Le, le e le tanto en galego coma en castelán.

17/12/2015

PENÚLTIMO DESTAPE!!!

Xa estamos chegando ao final do noso calendario de adviento!

 Hoxe, día 17 destapamos a penúltima 

recomendación?

Que  nos terá agochado o número 17?

Para que idade irá destinada esta recomendación?


Vamos a descubrilo!





Recomendámolo como libro co que 

gozar varias veces, sorprenderse, 

rir e soñar.



Trátase de Ola, adeus. 

Os contrarios nun álbum máxico, de Delphine Chedru, traducido por Xosé Ballesteros e editado por Kalandraka.


Nada do que contemos aquí lle fará xustiza a ter o libro entre as mans e experimentar as caras de abraio e risos que provoca.

É un libro para degustar coas persoas pequeniñas que nos rodean. As súas pupilas dilatan, corren a contarnos que hai máis vida que a que se ofrece ao levantar as tapas duras e eses tons pasteis en azul e vermello. E ao abrilo... atopamos un álbum diferente que vén con dous filtros, un vermello e outro azul.

Segundo miren cos seus olliños, atoparán en cada imaxe cousas miúdas e cousas grandes, a diferenza entre seco ou mollado, verán e inverno, lixeiro e pesado, moite ou día, ola e adeus....

Podemos falar dunha ferramenta básica para traballar contrarios dentro da aula, para que as nosas nenas entendan os significados, e ao mesmo tempo, ofrece unhas ilustracións ricas e gorentosas en detalles, cunhas liñas de trazado perfecto,  logrando un xogo máis que completo de interacción.



Ola, adeus, os contrarios nun álbum máxico fai honra ao seu nome, non engana, trátase dun álbum do que namorar pola súa edición coidada, polo valor que lle dá á imaxe, polo poder do sorriso que provoca.

16/12/2015

A ANTEPENÚLTIMA RECOMENDACIÓN PARA ESTE NADAL

Hoxe, día 16, destapamos a penúltima recomendación deste calendario!


Esta recomendación vai 

especialmente para os nenos 

maiores do cole!

Gustaralles?

A NENA E O MAR, premio Merlín da Literatura Infantil 2.015


Nena e o mar consegue crear unha atmosfera única que configura un relato único e valente, repleto de personaxes que permanecen no recordo e de imaxes que constrúen unha historia realista, mais con espazo para o fantástico e sen renunciar á evocación como arma. Atopar relatos tan ben construídos é o soño , e como ben se di no texto ‘non hai mentiras nos soños’.»

«Porto Balea é unha vila mariñeira na que todos os seus anciáns habitantes perderon a esperanza, tan só Otto, o último home novo da vila, segue a saír ao mar a diario mentres deixa a Nena, a súa filla e orfa de nai, ao coidado dos habitantes da vila acantilada. Mais un día Otto non regresa tras naufragar nos dominios das sereas. Nena loitará contra a desidia da súa veciñanza e con toda a forza de vontade, o empeño e a valentía que lle collen no seu corpo miúdo, emprenderá unha viaxe desesperada.

Nena e o mar  é un relato redondo, unha aventura de esperanza e valentía na que o ritmo pausado deixa saborear todos os ingredientes dunha vila mariñeira envellecida, ancorada e sen capacidade de loita contra o destino que o abandono deixa. 



O poder de evocación é un dos principais argumentos dun texto que logra recrear unha paisaxe singular na que se mestura a decadencia coa esperanza posta nos ollos dunha cativa que logrará mudalo todo. Nena é unha nena valente, obstinada e que fai da forza de vontade unha bandeira coa que emprender unha perigosa aventura propia de calquera heroína, mais sen deixar de ser unha nena.

A construción das personaxes casa tamén con ese ritmo pausado, como de marea, que respira todo o libro. As súas historias imos completándoas pouco a pouco, devagar, coma o mar que deita as crebas nunha praia. 

O vello rosmón Umu, o mellor mariñeiro da vila, que segue a coidar de Anina, a súa longa traiñeira, mais que nunca a bota xa ao devalo. 

A enfermeira Hannah, quen viviu o amor de forma pura e libre e renunciou a el por temor ao desprezo da súa familia. 

A vella mestra da vila, Aya, quen asume cunha mestura de cariño e frustración o coidado de Nena, cariño pola cativa, á que ama, e frustración porque o tempo que con ela comparte é un recordo do tempo no que a escola fervía de vida. 

Ao longo de toda a narración apreciamos valores positivos: a tenacidade, a esperanza, a solidariedade, a valentía, a comunicación, o respecto. Os valores están nas xentes da vila, nas súas decisións, sen deixarse levar pola simpleza  de bos e malos.



A LENDA DE PAPÁ NOEL

A lenda  que coñecemos hoxe, procede dunha persoa real chamada San Nicolás do cal sabemos que viviu no ano 300 A.C. Foi bispo de Myra. 
    Segundo conta a lenda era so un neno cando chegou a ser Bispo. Era moi bo e amable, con frecuencia saia polas noites a repartir agasallos ós máis desfavorecidos do pobo. 
Despois da súa morte a súa nai fama entendeuse por por todo o resto de Europa, e durante a Idade media, San Nicolás chegou a se-lo patrón dos estudiantes. Moitos estudiantes celebraban o seu santo o día 6 de decembro, día no que finou. Elixían un alumno, vestíano con roupas de Bispo e presidía o desfile por toda a cidade. Co paso do tempo o desfile deixouse de celebrar, pero San Nicolás quedou como favorito dos nenos. 
    A crenza de que entra pola cheminea ven dunha lenda escandinava que dicía que unha deusa aparecía na cheminea e traía boa sorte ós da casa.
     A Papá Noel represéntannolo nun trineo tirado por renos porque hai unha lenda que di: 

  • Nunha manada de renos naceu un cun fociño moi grande e vermello que non foi aceptado polos demais e tivo que marchar do bosque. Ó ver isto Papá Noel levouno para a súa terra e dende ese día axúdalle a leva-lo trineo e alumealle o camiño as noites de Nadal, pois o fociño ó pórselle vermello despide unha luminaria que alumea o camiño coma se fose de día.

15/12/2015

ENCÁNTANOS AS LECTURAS DE NADAL!

Estos días estamos metidos de cheo na celebración do Nadal!

Hoxe baixamos a biblio a ler eses libriños que falan dos Reis Magos, do Apalpador, poesías....

O profe Guillermo tamén nos leu!




UN DÍA MENOS PARA VACACIÓNS E UNHA RECOMENDACIÓN MÁIS!


Que pouquiños días nos quedan para as vacacións!

Para este tempo de descanso,un libro non pode faltar.

Hoxe RECOMENDAMOS...



LA VIDA SECRETA DE REBECA PARADISE

¿Por qué leer este libro?

Porque es una novela sobre la superación de los obstáculos que, en ocasiones, te presenta la vida y sobre cómo enfrentarte a ellos con valentía y sentido del humor. Porque sus personajes, llenos de matices, demuestran que las cosas no son blancas o negras, que existen las medias verdades y merece la pena buscar una segunda, una tercera y hasta una cuarta oportunidad.

Resumen del libro

Úrsula es una niña de once años con una vida un poco complicada. Su madre, es una fugitiva de la juticia, robó un cuadro del museo Metropolitano.
Acaba de llegar a un colegio nuevo donde conoce a Sofía, la niña más popular de clase, y a Álex, su único amigo. Pero Úrsula tiene la costumbre de mentir, y eso dificulta su integración.
Odia a los magos porque uno hizo desaparecer  a su madre, tiene cinco lombrices guardadas en una caja y un gato perdido en el espacio. También escribe un blog y firma como Rebecca Paradise, una espía secreta.
Al final, con la ayuda de un psicólogo, aprenderá a distinguir la verdad de la mentira y acabará por asumir la muerte de su madre.

¿ Qué temas trata?
   
        Superación personal
         Amistad
           Familia
              Muerte
                                                                   Imaginación y creatividad

¿ Para quién es este libro?

Para aquellos lectores a los que les gusta descubrir el lado bueno de las cosas y disfrutan de los pequeños detalles. También para aquellos a los que les divierten las historias de intriga y humor.

¿ Quieres conocer a Rebeca?

14/12/2015

UN DÍA MENOS E TRES NOVAS RECOMENDACIÓNS PARA ESTE NADAL!

Como cada luns, as recomendacións son triples.




A espectación dos nenos vai en aumento! 







Coma sempre, na hora do recreo, os colaboradores descubren as novas recomendacións para este Nadal








DÍA 12

O DETECTIVE DE NULLARBOR

O detective de Nullarbor é unha novela de aventuras e misterio, humor e sentido da amizade.

O detective Etelvino Chouteiro comprométese a investigar un problema que xurde na cidade australiana  de Brisbane e que ameaza con estenderse  a todo o planeta. Os contos que len os nenos están cambiando no seu argumento e non son como se escribiron, todo é un disparate e prodúcelles trastornos de sono polo enfado que lles produce.

Etelvino Chouteiro, xunto co seu inseparable axudante, son contratados polo goberno australiano e deberán tomar unha decisión arriscada: converterse nunha personaxe de conto e introducirse nese mundo máxico, que se volve real máis alá das palabras e das páxinas dun libro.

DÍA 13

PIPA PIPERTON Y LAS MASCOTAS

Un libro cheno de seis divertidas aventuras!

La protagonista, Pipa Piperton es  inventora, descubridora, doctora de perros salchicha, detective de caracoles... ¡Y la mejor amiga!

En su colegio se celebra la semana de las mascotas, y eso hace que Emi, Gloria y los demás amigos tengan que darse mucha prisa, porque
¿ Cómo vas a llevar una mascota a clase si no tienes ninguna?
¿Cómo puedes encontrar un canario que se ha perdido?
¿ Y un gato vampiro?
¿ Y un perro salchicha que pesa cinco kilos?

Las respuestas solo las tiene una persona: ¡PIPA!


DÍA 14

MONSTRUO ROSA

Antes de nacer Monstruo Rosa ya era diferente a todo lo que le rodeaba, pero su diferencia no le hace perder la sonrisa.

Con optimismo y valentía decide emprender un viaje en el que podemos descubrir a su lado nuevas gentes, lugares y valores como el de la diversidad.

Una historia muy sencilla con ilustraciones divertidas para trabajar la diversidad tanto en E. Infantil como en Primaria.


Unha ollada rápida do libro! 




Escoitade a canción!!!







13/12/2015

UNHA PANXOLIÑA ACATARRADA

Imos cantar unha panxoliña cos Bolechas


 

LENDA DO ABETO DE NADAL

LENDA DO ABAETO DE NADAL

Conta a lenda que dous amigos da Selva Negra, leñadores de profesión, decidiron pasar xuntos a Noite Boa.
  

Había o gran perigo de que o visitante non atopara a cabana do seu amigo, na noite pecha do mes de decembro e, para axudalo, advertilo e guialo ó lugar da cita, o amigo decidiu por unha serie de luciñas nun abeto que había ó pé da casa. Tamén conta a lenda que o leñador pensou que sería bo adorna-la árbore con tódolos recordos bonitos que tiña na cabana e pendurar dela os seus regalos para darlle a benvida e demostrarlle a súa ledicia por estar xuntos nesas Festa.

11/12/2015

HOXE UNHA RECOMENDACIÓN MOI TENRA!

Como todos os días, no recreo, os colaboradores da biblioteca son os encargados de destapar o número do noso calendario.

Hoxe tocaba o número 11. 

                        Que libro estará agochado?

                Gustaranos?

        Será divertido? 


A espectación era.... enorme!


Titúlase: A AVOA ADORMECIDA

Este libro presenta con sensibilidade, tenrura, a cercanía, e a estreita relación entre un neno e a súa avoa, que cae enferma. Narra o proceso da doenza: dende que os protagonistas compartían tempo, lecturas e agarimo cando a afección aínda non se manifestara, pasando polos primeiros síntomas e o letargo do sono irreversible que o neto compensa a base de compañía; ata un desenlace con forma de conto... 

Este relato transcorre nun espazo familiar, lonxe de hospitais e residencias. Transmite emoción, serenidade e amor. É unha sincera homenaxe a unha figura fundamental na infancia de todo ser humano: as avoas e os avós.

O  texto complétase cunhas sinxelas ilustracións de cores suaves feitas con lapis, acuarela e pastel por João Vaz de Carvalho recorre a fermosas metáforas visuais para representar o tránsito do tempo, a perda, a ausencia e o recordo. 

Botádelle un ollo!

10/12/2015

QUE NOS TERÁ AGOCHADO O NÚMERO 10?

A recomendación de hoxe está recen saidiña do forno, foi o pasado 3 

de novembro cando viu a luz por primeira vez.

Seguro que estades desexando saber de que libro se trata verdade?

Canta intriga! 

  Que libro será? 

    Para que idade estará 

      recomendado?




Aquí está!

Miña naiciña!

Non mo podo crer! 

Para nós, os maiores do cole!




 " EL DIARIO DE GREG 10 VIEJA ESCUELA"


En este libro se van a contrastar épocas anteriores con los tiempos modernos.

En esta ocasión volverá a sufrir la lucha personal de su madre, obsesionada con lograr un día de   desconexión de aparatos electrónicos, a lo largo del cual se ofrece, como alternativa, a los ciudadanos a cooperar en la limpieza colectiva del parque municipal con instrumentos caseros tradicionales.


Además, el abuelo que se ha ido a vivir con la familia, les cuenta historias de su juventud. Greg tendrá que compartir habitación con él, que organiza fiestas sin permiso, algo que desespera a su padre porque no tiene ni idea de cómo ponerlo en su sitio.

Al mismo tiempo, el colegio lleva  a sus alumnos  de colonias una antigua granja, la granja Austera, donde van a aprender cómo vivían los granjeros.

Greg lleva a cabo todos los esfuerzo posibles para evitar las incomodidades que se derivan de estos acontecimientos, aunque, sus intenciones acaban en fracasos.

Perplejo, malhumorado y resignado escribe en las páginas de su diario sus impresiones sobre este retorno al pasado y a la vieja escuela

Pero... la vida era mejor en los viejos tiempos. ¿ O no?  Eso se pregunta Greg. Pero la vida moderna tiene sus ventajas, y Greg no está hecho para los viejos tiempos. ¿Podrá soportarlo Greg? ¿ O la vieja escuela es demasiado dura para él?


Para descubrirlo sólo tienes que abrirlo y empezar a leer!!!