29 de abr. de 2023

INICIACIÓN Á ARTE DE CONTAR CONTOS

 Este curso tivemos o privilexio de recibir un obradoiro de introdución á arte de contar contos impartido pola marabillosa Bea Campos.

Bea trasladouse á nosa biblioteca para presentarnos unha morea de libros...

Pero o mais importante, para darnos unha serie de pautas de como podemos mellorar as nosas habilidades para contar historias...


Disfrutamos coma pequenos das súas interpretacións e aprendimos como debemos facer, para conseguir aumentar a atención dos nosos pequenos ante unha historias...


Graciñas familias polas vosa presenza e un agarimo moi especial para a nosa querida Bea!

VOTACIÓN LENDO NA VILA

Deixamos a continuación o vídeo con todas as imaxes participantes no sorteo de Lendo na vila, así como a enquisa para que fagades as vosas votacións.



24 de abr. de 2023

LENDO NA VILA

Aproveitando a conmemoración do día do libro salimos a ler por diferentes espazos da nosa vila.

Aquí temos a recopilación das  fotografías participantes no concurso LENDO NA VILA.

Moi pronto o beredicto.


GRACIÑAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN

16 de abr. de 2023

LENDO NA VILA

Seguindo co noso proxecto de centro: A Guarda é vida, queremos facervos unha proposta.

Que vos parece un concurso para mostrarnos os vosos recunchos preferidos da vila?

Pos aquí vai:

Queremos propoñervos que nos enviedes unha foto a bibliopepinho@gmail.com na que estedes lendo nun recuncho da vila.

No email debe aparecer o voso nome e apelidos, así como o curso no que estades.


Haberá catro premiados:

    * Educación infantil

    * Primeiro ciclo de educación primaria

    * Segundo ciclo de educación primaria

    * Terceiro ciclo de educación primaria

Animádevos a participar!

14 de abr. de 2023

INICIACIÓN Á ARTE DE CONTAR CONTOS

Os próximos días 19 e 26 de abril teremos a sorte de contar, en BiblioPepiño, cun obradoiro de Iniciación á arte de Contar Contos, da man de Bea Campos.

A súa duración será de catro horas repartidas nos dous días, en horario de 15:30 a 17:30.

Bea Campos é actriz e narradora de historias coñecida por espectáculos como: Contos nas orellas, Os tres porquiños, Contos en cueiros...


Este obradoiro vai dirixido a familias do noso alumnado matriculado en educación infantil e primeiro ciclo de educación primaria.

As prazas serán limitadas e serán asignadas en orde de inscripción, no seguinte formulario.


Este obradoiro será subvencionado dende Bibliotecas Escolares de Galicia, dentro do proxecto de Lectura e Familias  ao que nos incorporamos neste curso 2022-2023.



Animádevos a participar.