7 de dec. de 2015

HOXE DESTAPAMOS...



As recomendacións de hoxe  van por partida triple!


EMOCIONARIO



Aínda que pode ser un libro para que lean 

os nenos soliños e lles serva   para por 

nome as súas emocións e aos seus 

sentimentos, resulta un moi boi libro 

para compartir  cos adultos, dialogar, 

explicar algunhas afirmacións. En fin, un 

libro informativo que nos vai deleitar 

mentres  ensinamos e aprendemos.


        Un libro para todos! Botádelle unha ollada!




EL TESORO DE BARRACUDA

Este libro vai de..


Un grumete de once anos, Chispas. 

Cóntanos as aventuras que vive a bordo do 

Cruz do Sur, o navío do capitán Barracuda, 

buscando o tesouro do lexendario  Phineas 

Johnson. Este pirata deixou enterrado un 

libro coas pistas para atopar as súas 

riquezas.

                   Darán co tesouro?  


     

 Para descubrilo, só tes que lelo!!!

             Recomendado para  4º, 5º e 6º

    28 HISTORIAS PARA RIR

Neste libro atoparedes unhas sinxelas historias baseadas no " Nonsense" que vos farán rir un pouquiño!


Ningún comentario:

Publicar un comentario