21 de dec. de 2022

APRENDEMOS XOGANDO

Finalizamos o trimestre coas nosas xornadas de APRENDEMOS XOGANDO.

Un ano mais, baixamos á biblioteca para disfrutar en diferentes sesións, dunhas xornadas cargadas de xogos e de aprendizaxe.

É estupendo ver como toda a nosa rapazada disfruta de sesións de xogos compartidos, aprendendo a través do xogo.


18 de dec. de 2022

RECREOS EN BIBLIOPEPIÑO

 Así de concurridos están os recreos en BiblioPepiño.

Cada día sodes máis os que vos animades a pasar o voso tempo de lecer, creando, construíndo e imaxinando con nos.


GRAZAS A VOS TEMOS UNHA BIBLIOTECA CHEA DE VIDA!

CLUB DE LECTURA TERCEIRO E.P.

Para a segunda xuntanza do club de lectura do alumnado de terceiro de

primaria quedamos a comer na biblioteca.

ALGÚNS ATA NOS EMPACHAMOS!!



Ao rematar de comer e despois de xogar un pouco cos xogos da biblio, puxémonos cómodxs para conversar sobre o segundo e terceiro capítulo de ‘A noite dos animais’.


Fixemos un debuxo para que cobrase vida, coma se do caderno da protagonista se tratase, pintando animais fantásticos, persoaxes animados e moitas cousas máis…



14 de dec. de 2022

SEGUNDA REUNIÓN CLUB DE LECTURA familias

 O día 14 de decembro tivemos a segunda reunión do club de lectura.

Nesta sesións compartimos as nosas conclusións sobre o libro "Educar en el asombro" de Catherine L`Ecuyer. 


Vivimos nunha sociedade na que precisamos parar e reflexionar, que queremos para os nosxs fillxs? 

Un mundo acelerado cargado de sobreestimulación externa? 
Ou un mundo tranquilo no que ir aprendendo a través da observación e as necesidades de cada un?

Momentos de reflexión e intercambio de opinións moio fructíferos.

Aproveitamos a reunión para convocar a seguinte quedada para o mércores 25 de xaneiro.

A nosa nova lectura será: A praia dos afogados de Domingo Villar.

FELICES VACACIÓNS!
VÉMONOS EN XANEIRO


10 de dec. de 2022

CINE EN BIBLIOPEPIÑO

 Rematamos o trimestre cheo de actividades.

A semana pasada os alumnxs de primaria tiveron as primeiras sesións de Cine en BiblioPepiño.


Os alumnxs de primeiro a terceiro de primaria tiveron a sorte de ver a película Canta 2.


E os maiores do cole disfrutaron vendo a peli de Campeones.


Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasamos.



6 de dec. de 2022

CLUB DE LECTURA CUARTO E.P.

Para a segunda xuntanza do club de lectura do alumnado de 4ºB de primaria quedamos a comer na biblioteca.

Ao rematar de comer puxémonos cómodxs no noso recuncho de lectura para conversar sobre o segundo, terceiro, cuarto e quinto capítulo de ‘Vampira de biblioteca’.

Puxémonos na pel da nosa querida vampira e tivemos que elixir unha única  comida, unha única bebida e un único postre dos que comemos os humanos para alimentarnos o resto da nosa vida, ademáis de chuchar sangue claro está!

4 de dec. de 2022

XOGAMOS EN FAMILIA

 
Ainda con resaca emocional imos facer un pequeno resumo da tarde de onte. 

Abrimos as portas da nosa biblioteca para que puiderades disfrutar dun sábado de xogos en familia, e cremos que foi todo un éxito.

Un ambiente relaxado, distendido, de convivencia e intercambio de tempo de lecer.

Foi unha marabilla poder vervos xogando entre vos, despois de tres cursos de restriccións precisabamos volver á normalidade e poder ter a nosa biblioteca chea de vida.



REPETIRÉMOLO PRONTO!




2 de dec. de 2022

CLUB DE LECTURA TERCEIRO E.P.

A primeira xuntanza do club de lectura do alumnado de terceiro de primaria tamén se celebrou con moita emoción.

A lectura elexida foi "A NOITE DOS ANIMAIS " de Agustín Fernández Paz.

Ao chegar puxémonos cómodxs para conversar sobre o primeiro capítulo de esta historia tan apaixoante.


Escribimos unha carta secreta sobre o que nos gustaría facer a primeira vez que quedemos sos na casa igual que a protagonista da nosa historia.



Vémonos na próxima reunión para continuar coa aventura!

1 de dec. de 2022

BiblioPepiño no mes de decembro

 Decembro é un mes máxico, e dende BiblioPepiño queremos contribuir a que así sexa. 

Queremos convidarvos a diversas xornadas nas que poder intercambiar e vivir momentos especiais.

Deixámosvos o cartel con toda a información.


Se tedes algunha dúbida contactade con nos.