8 de mar. de 2014

CIDADE COLORIDA

Chega Marzo e con el a nova estación, a primavera, chea de cores e flores. Asómase as poesías que andamos a preparar para a xa...III SEMANA DA POESÍA NA SANGRIÑA!!

Para ir enchendo de cor todo, aquí vos deixo esta fermosa curta, en portugués! cun aviso que di así:


"Este filme mostra o poder da cor e a súa capacidade de transformar o mundo. Tente facer iso tamén na súa vida"

5 de mar. de 2014

8 MARZO, DÍA DA MULLER


Antes de nada, imos saber porque se celebra este día...ATENT@S!!!


E agora, non imos ir moi lonxe, quedamos no noso fermoso pobo coñecendo algunhas historias das nosas mulleres a través deste documental ó que pon a música o noso cantautor Tino Baz.

 A nosa pequena homenaxe a través de
"O MAR DAS MULLERES"


Clica:   VOUME DEITAR


Magnífica presentación que servirá para reflexionar!!






Coma sempre deixámosvos no lugar habitual de exposicións a nosa selección de "libros para a igualdade"

Aquí queda un deles en imaxes:

             O LIBRO DOS PORCOS




E non podía faltar, esta vez da man da nosa compi Ana Martinez, un estupendo LIM baseado nun poema de Carmen Gil
EL TRAJÍN DE LA BRUJA PANDORA

24 de feb. de 2014

ASÍ FOI A NOSA HOMENAXE A ROSALÍA

A homenaxeada foi ela, ROSALÍA, os protagonistas eles, os nosos nenos e nenas de 6º curso que sempre están dispostos a colaborar e, tratándose da nosa poeta, non ía ser menos.

Na" hora de ler", despois duns días de ensaios, foron a lerlles poesías de Rosalía ós seus compis que os escoitaron embobados e agradecidos. Aquí quedan as imaxes para que o comprobedes:(dalle a PLAY)






Tamén a Biblio tivo un agasallos para os mestr@s, porque sempre están dispostos para todo o que se organice dende a Biblio.

E no taboeiro, tamén locen espléndidos os traballos do alumnado de 6º curso que experimentaron nos seus ordenadores cunhas imaxes de Rosalía.




15 de feb. de 2014

COÑECENDO MÁIS A ROSALÍA

Cada 24 de febreiro, celebramos o día de
 xa que naceu neste día do ano 1837. E, aínda que só con dicir o nome, sabemos que se trata da nosa poetisa Rosalía de Castro, imos recordar a súa vida e obras nesta fermosa presentación:

Nos poemas da súa obra "Cantares Gallegos", aparecen con frecuencia a gaita e os gaiteiros. O poema  titulado Alborada, foi escrito por Rosalía para acompañar a melodía dunha antiga alborada tradicional (alborada é unha composición musical de orixe popular para os días de festa. Tócase  para comezar coas celebracións do día.Habitualmente é interpretada por gaiteiros, , que van desfilando polas rúas, camiños, corredoiras e lugares dos pobos).
Os Gaiteiros de Galicia  tocaron o día 24 de febreiro ALBORADAS PARA ROSALÍA.
 Aqui deixamos a letra:



E tamén a música na voz das cantantes galegas Rosa Cedrón e Lucía Pérez (probade a ler a letra mentres escoitades a voces xa veredes que ben!!)



Agora e con moita creatividade, o alumnado da aula de plástica do IES DE BARXAS fixo esta animación dunha poesía de Rosalía. Mirade que marabilla!!




Agora toca escoitar outra poesía :"Vamos bebendo" na voz do cantautor Amancio Prada e Martirio...Sublime!!!


  E non podían faltar uns LIM para que escoitedes e fagades!!












Un poema: "PARECE UNHA ROSA"





Foron moitos os músicos que escolleron as poesías da nosa Rosalía para porlles música e cantalos. Aquí vos deixamos uns cantos:
(pantalla grande no cadrado)

9 de feb. de 2014

E CHEGA O DÍA DO AMOR!!




Lucía, Eva e Nayara de 6º curso e ademáis axudantes da Biblioteca, fixeron este ano o carteliño para que disfrutedes das.....

E, para acompañar, tamén se achegaron alí a nosa familia de moniños....






Merece a pena que vos acheguedes a ler estes libriños con tantos sentimentos.

Ademáis aquí vos deixo estes vídeos cheos de sentimentos:




Este de animación que ademáis acadou un premio:



E por último, amor ....entre insectos!!


1 de feb. de 2014

REVOLUCIÓN: UN INCRIBLE LIBRO POP-UP

Aquí vos deixo esta marabilla de libro pop-up (tridimensional, móbil, cheo de pestanas) realizado pola ilustradora Helen Friel. Amosa o ciclo de vida dunha gota de auga, dende que sae da billa das nosas casas ata que se transforma en gota de choiva.

Incrible que algo así se poda facer so con papel....pero certo!!


27 de xan. de 2014

PALABRAS FERMOSAS, PALABRAS DE PAZ...

Porque estamos totalmente convencid@s da frase do debuxo...

Porque queremos que os nosos nen@s o sintan dende ben pequenos...


Por iso traballamos todo o curso e moi especialmente cando se acerca o 31 de Xaneiro no que celebramos o "día escolar da non violencia e a paz".


Aquí deixamos as nosas PALABRAS DE PAZ:



E chegando o día, aquí deixamos todas as cousas deste curso e dos anteriores  relacionadas coa PAZ (Clica)para que as vexades.