Amosando publicacións coa etiqueta Escritores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Escritores. Amosar todas as publicacións

3 de xuño de 2021

ESCRITORES CREATIVOS

Na aula de 2º B de Educación Primaria estívose facendo "maxia" e os nenos e nenas crearon varios contos chulíííííísimos!

A súa mestra Rosa Isabel propúxolles un binomio de palabras e con elas os cativos tiveron que invetar un pequeno conto.

Sairon historias preciosas e moi divertidas!







Agora estas súper creacións pasarán a formar parte da colección da nosa biblioteca do cole para que todos poidamos gozar léndoas!

Grazas rapazada, sodes uns artistas das letras!

3 de maio de 2021

Ledicia Costas!

 Atención, atención!

Os rapaces e rapazas de 5º curso de Ed. Primaria tiveron a grandísima boa de contactar con Ledicia Costas!

A proposta xorde a través da lectura do conto "A señorita Bubble, baixo cero" coa que estiveron traballando. A súa mestra Mari organizou unha actividade en torno a este conto no que os nenos e nenas tiñan que seguir a historia que acababan de ler.

Despois de ver os bos traballos que fixeron todos, non quedaba máis remedio que invitar á escritora do conto a ler estes pequenos relatos inventados polos nosos alumnos e alumnas. 

E cal foi a sorpresa? Que a propia escritora do conto, Lecidia Costas, quedou impresionada e mooooi agradecida polo interese e a boa acollida da rapazada de 5º.

Aquí tedes o link ao blog "Ó pé do castro" no que podedes disfrutar das historias dos nenos e nenas e ver a mensaxe que Ledicia lles escribiu.

http://opedocastro.blogspot.com/2021/05/escribiunos-ledicia-costas.html

Noraboa!

24 de mar. de 2019

VISITA PACO NOGUEIRAS

A semana pasada, os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Educación Primaria tivemos a sorte de poder estar con Paco Nogueiras. Foi unha visita chea de sorpresas. 
Cantamos cancións que Paco acompañaba con instrumentos musicais;  a nosa parte favorita da actividade. 
Os seus contos son moi divertidos. Sen dúbida un dos nosos autores favoritos. Aquí vos deixamos unha mostra dos bos momentos que pasamos con Paco! Grazas pola visita!!











8 de feb. de 2019

VISITA PABLO NOGUEIRA

O venres pasado tivemos a sorte de que Pablo Nogueira, o autor de "Nube Branca quere ser astronauta", visitou o noso centro e os alumnos/as de 1º e 2º de Educación Primaria pasámolo moi ben con él. Disfrutamos moito e fixemos uns agasallos con moita ilusión e cariño para Pablo. 




















28 de mar. de 2014

VISITA DE FINA CASALDERREY




Esta semana, o alumnado de 6º tivo unha visita moi especial, unha escritora, unha das grandes...





Fina Casalderrey.

Compartiu con eles e as súas mestras un tempo para todos moi agradable. Contoulles unha chea de cousas e proxectos que tiña.

Ó final da visita, firmoulles nos libros que estiveran lendo.

Para ver as imaxes, non tedes máis que clicar na súa páxina
                 Ó PÉ DO CASTRO


GRAZAS FINA, FOI UN AUTÉNTICO PRACER!!!


1 de feb. de 2014

REVOLUCIÓN: UN INCRIBLE LIBRO POP-UP

Aquí vos deixo esta marabilla de libro pop-up (tridimensional, móbil, cheo de pestanas) realizado pola ilustradora Helen Friel. Amosa o ciclo de vida dunha gota de auga, dende que sae da billa das nosas casas ata que se transforma en gota de choiva.

Incrible que algo así se poda facer so con papel....pero certo!!


17 de nov. de 2013

BAD PAT VISITOU Ó ALUMNADO DO 2º CICLO


Por cortesía da Librería LER da Guarda, o alumnado do 2º ciclo tivo a oportunidade de coñecer a BAD PAT(clica e accederás á súa páxina) xa que o curso pasado estiveron lendo os seus libros.

Se clicades na súa páxina O BAÚL DE 4º, teredes acceso a todas as imaxes.

CANTO DISFRUTARON!!

6 de maio de 2013

PEPE CARREIRO E OS BOLECHAS

E como festexamos as nosas letras, hoxe falamos de Pepe Carreiro. Se mirades as paredes da Biblio veredes os debuxos que nos fixo cando nos visitou. É o autor dos BOLECHAS. Agora ademáis de libros, tamén se pode ver na tele.

 Os Bolechas son seis irmáns e un can:
Se clicades  aquí levaravos a unha chea de vídeos. Escollede o que queirades pinchando enriba e...

SEGURO QUE VOS GUSTARÁ!!

11 de mar. de 2013

VISITOUNOS UN ESCRITOR!!

Os nenos e nenas de INFANTIL recibiron o outro día unha visita moi especial: PEPE MAESTRO, autor duns libros que levaban tempo traballando nas aulas. Recibírono como se merece, cun cartel xigante que os nen@s de 3 anos se encargaron de pintar.

Foi para todos, profes e alumnos unha xornada moi especial.Aquí quedan as imaxes que o demostran.

GRAZAS PEPE....POR ESCRIBIR E POLA VISITA!




28 de nov. de 2012

VISITOUNOS UN ESCRITOR

O alumnado de 6º curso leva todo o trimestre lendo un libriño que lles encantou.  O outro día achegáronse á Biblio porque recibiron a visita do seu autor.


Compartiu con eles as súas experiencias e firmoulles nos seus libros. Remataron facéndose unha foto todos xuntos demostrando que foi unha experiencia moi agradable.





GRAZAS POR VIR!   GRAZAS POR ESCRIBIR!

16 de xuño de 2012

E SUSA VOLVEU...

Nova visita de SUSA HERRERA! Outro día para disfrutar da presenza desta fantástica autora e mestra.
Ós  máis pequenos de 1º, 2º e 3º fíxoos disfrutar coas cancións do seu libro "Animais EnCantadores".
Cos máis maiores de 4º,5º e 6º fixo a ESTREA do seu novo libro que sairá ó mercado no mes de outubro "En Cabárceno se oye cantar".
Os profes...tamén disfrutamos moito, tanto como o alumnado!

GRAZAS SUSA FOI UN AUTÉNTICO LUXO TERTE CON NÓS!!!!!!


6 de xuño de 2012

ESTIVO CON NÓS ABRAHAM CARREIRO

Estupendo ilustrador de contos e cómics, acompañounos ABRAHAM CARREIRO. Ensinoulle ós nosos nen@s diversas formas de debuxar personaxes con caras alegres, tristes, enfadados, despistados... Logo, colleron os seus folios e...a practicar!.
Como veredes nas fotos fixérono estupendamente. Ó rematar, deixounos un magnífico agasallo, un debuxo que enmarcaremos e poremos nas paredes da nosa Biblio para aumentar a nosa colección.
FOI UNHA BOA EXPERIENCIA!! GRAZAS ABRAHAM CARREIRO!!!!


23 de maio de 2012

VISITOUNOS SUSA HERRERA!!!!


O día 23 de maio os nosos pequechos de infantil recibiron unha visita moi especial :SUSA HERRERA  (profesora das universidades de Vigo e Santiago de Compostela, donde dirixe a sua labor docente á Area Didáctica de Expresión Musical.) Ademáis é autora duns libriños preciosos que temos na nosa biblio e que podedes ler e escoitar porque todos traen un C.D

Nesta visita presentounos o libro "Animais EnCantadores" e todos os nenos e nenas cantaron e bailaron con ela. Ademáis tivo dous axudantes moi especiais que tamén bailaron e cantaron: O PROFE JOSE e A PROFE MARÍA.


Foi unha sesión moi especial.Todos disfrutaron moitísimo, so tedes que ver as fotos!!



Para que disfrutedes aquí vos deixo unha das súas 

cancións máis antigas: O POLO PEPE




PARABÉN PARA SUSA E MILES DE GRAZAS POR TODO O QUE FIXO DISFRUTAR ,OS NOSOS PEQUECHOS!!

27 de maio de 2011

VISITA DE AN ALFAYA

 


Hoxe o alumnado de 6º tivo unha visita moi especial: a autora viguesa AN ALFAYA


 Os nen@s tiveron a oportunidade de achegarse un pouco á súa vida e obras, en especial ó libro que colectivamente leron: "ZOA E AZOR"
 Despois de contestar ás moitas preguntas que lle fixeron, firmoulles os seus libros e deixounos un fermoso agasallo para a Biblioteca en forma de palabras que colocaremos entre os libros.
GRAZAS AN POR COMPARTIR O TEU TEMPO CONNOSCO!!!!!!